Proxectos de formación Modalidades de formación que se desenvolven nos propios centros educativos para fomentar a súa autonomía organizativa e pedagóxica, e para favorecer e estimular o traballo en equipo do profesorado.
Resolución do 13 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2018/19.
Modalidade de formación do profesorado que se desenvolve nos centros de traballo de distintas empresas para potenciar o coñecemento directo dos procesos produtivos que se desenvolven nelas.
Decreto polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na Lei Orgánica de Educación (LOE) en centros sostidos con fondos públicos, da Comunidade Autónoma de Galicia.