Skip to Content

Letras galegas

ROTEIRO POLAS NOSAS LETRAS

Estes días podemos gozar da exposición feita polo alumnado desde 1º ESO ata 4º ESO con motivo da conmeración do 60º aniversario do Día das Letras Galegas. A rapaza creou os paneis no que figuran imaxes e textos dos persoeiros homenaxeados e logo foron pendurados na entrada e nos corrredores do 1º andar, para quen queira poida ir facendo un roteiro polas nosas letras

Máis info

ROTEIRO POLAS NOSAS LETRASROTEIRO POLAS NOSAS LETRAS

Día das letras galegas 2016


Manuel María será homenaxeado o día das letras galegas do ano 2016

Manuel María - Wikipedia 
Día das letras galegas (Manuel María)

Día das Letras Galegas 2014


Xosé María Díaz Castro será homenaxeado o día das letras galegas do ano 2014

Páxina web monográfica da vida e obra do poeta Díaz Castro 
Día das letras galegas (Xosé María Díaz Castro)
Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL)
Audiovisual dirixido por Xulio Xiz, Nimbos de poesía [Ver ampliado]
Trátase dunha viaxe pola vida e obra de Xosé María Díaz Castro, da man do propio poeta.

Día das Letras Galegas 2013


Roberto Vidal Bolaño será homenaxeado o día das letras galegas do ano 2013

Día das letras galegas (Roberto Vidal Bolaño)

Día das Letras Galegas 2012


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012
VALENTÍN PAZ-ANDRADE (1898-1987)

"A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás, non se debera interpor na comprensión do seu destiño"
Valentín Paz-Andrade, O porvir da lingua


Web: Valentín Paz-Andrade

 

Día das letras galegas 2011


Lois Pereiro será homenaxeado o día das letras galegas do ano 2011
Día das letras galegas (Lois Pereiro)
Web oficial de Lois Pereiro

Día das letras galegas 2010

UXÍO NOVONEYRA SERÁ HOMENAXEADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DO ANO 2010

Uxío Novoneyra naceu o día 19 de xaneiro de 1930 en Parada do Courel no seo dunha familia labrega.
Sendo estudante de bacharelato en Lugo coñeceu a Manuel María e ambos frecuentaron o trato de intelectuais da xeración anterior, como Luís Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro.
Con 19 anos Uxío trasladouse a Madrid onde se matriculou na Facultade de Filosofía e Letras e regresou en 1951 para facer o servizo militar.
Entre 1953 e 1962 volve vivir no Courel obrigado por unha pleuresía que o tivo á morte. Nesta prolongada reclusión coñecerá a María Mariño e o seu marido Roberto Pose. Este encontro entre o mozo poeta e María Mariño dará lugar a unha das máis frutíferas relacións literarias de Galicia.
En 1962 Uxío traballou en Madrid facendo programas de radio e televisión e participando nalgunha das actividades do grupo Brais Pinto ata o seu regreso a Parada en 1966 reclamado polos seus pais, xa vellos e enfermos.
En 1973 casou con Elba Rei, coa que tivo tres fillos, residían entre o Courel e Lugo para instalárense definitivamente en Santiago en 1983.
En 1982 Novoneyra fora elixido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que ocupou ata a súa morte, ocorrida o 30 de outubro de 1999.
Novoneyra foi un poeta de entrega total, cunha obra en constante refacción, en continua forxa. Mais non por isto foi un poeta de minorías xa que sempre tivo unha gran preocupación pola comunicación co pobo. Algúns dos seus poemas extensos, como Vietnam Canto ou Letanía de Galicia estiveron presentes en cancións e recitacións desde a súa creación en 1968.
Entre os seus libros destacan Os Eidos (Galaxia, Vigo, 1955), con prólogo de Ramón Piñeiro, Os Eidos-2 (Galaxia, Vigo, 1974), ilustrado por Laxeiro, ao que lle dedica un extenso poema, Poemas caligráficos (Brais Pinto, Madrid, 1979), que recolle poemas publicados con anterioridade pero artisticamente mostrados a través da caligrafía do autor. En Muller para lonxe (Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo) reúne algúns poemas de amor xa publicados e outros inéditos, ilustrados con debuxos de Carlos Pardo Teixeiro e un epílogo de Claudio R. Fer. O poemario Tempo de elexía (Vía Láctea, Oleiros, 1991) recolle esencialmente Elexías do Courel (Rialp, Madrid, 1966) pero sen a tradución ao castelán que incluía a edición castelá. Os dous últimos poemarios de Uxío Novoneyra serán Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (Espiral Maior, A Coruña, 1994) e Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (Hércules de Ediciones, A Coruña, 1998).
Alén da súa incursión na narrativa para nenos, temos que sinalar a oralidade da súa poesía, que adquiría matices especiais cando o mesmo poeta recitaba os seus propios versos. Unha proba máis do seu enraizamento co pobo e coa poesía popular.

Distribuir contido


by Dr. Radut