O proxecto OpenLibra naceu co obxectivo de recompilar bibliografía de licenza libre nun único portal. Neste momento conta con recursos de temática técnico-informática e científica, pero irase completando con outras materias. Para lograr esa meta, dende a súa páxina web invítase aos usuarios a achegar novos documentos.