Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

PRESENTACIÓN DO LIBRO, PISADAS LITERARIAS, club de lectura

Cartel da presentación do libro Pisadas Literarias

O alumnado do club de lectura, "Lecturas e andanzas I, II", presentará o seu libro, Pisadas literarias.

LUGAR: Auditorio do Vello Cárcere de Lugo.
DÍA: Luns, 19 de xuño
HORA: 18:30H 

Dende aquí convidámosvos a asistir a esta presentación. 

Club de lectura

ACTIVIDADE PARA AS FAMILIAS CON YOLANDA FERNÁNDEZ

Na tarde deste xoves 27 de abril estivo con nosoutros Yolanda Fernández (experta en educación emocional), para achegar ás familias a importancia das emocións dos fillos e fillas no día a día, e cales poden ser os recursos para levar a cabo ese acompañamento emocional na adolescencia.
 
MOITAS GRAZAS POR ASISTIR
YOLANDA FERNÁNDEZEDUCACIÓN EMOCIONAL

VIAXE DIDÁCTICA A CELANOVA

Da man do Departamento de Lingua Galega, de Música e do EDLG, o martes 18 de abril a rapazada de 3ºESO e algún alumno de 1º BAC realizou unha viaxe a Celanova cunha apretada axenda: visitaron en primeiro lugar Vilanova dos Infantes, para logo adentrarse na casa dos poetas na vila de Celanova e coñecer máis de preto a vida e obra de Curros Enríquez. Logo desprazáronse ata o mosteiro de San Rosendo onde puideron asistir a unha breve audición de órgano. 

Despois de xantar e repousar un anaco, achegáronse ata as Termas de Outariz para rematar a tarde cun relaxante baño antes de volver para a casa. 

CelanovaCelanova

Escola Superior de Arte e Deseño

08/02/2023 09:54

O alumnado de 1º ESBE e ASIMPE acudirán á Escola Superior de Arte e Deseño

No seguinte enlace tedes dispoñibles as fotografías realizadas.

https://www.flickr.com/photos/197991271@N07/albums

 

RUTA POLA CIDADE

O departamento de inglés realizou o pasado luns día 27 de marzo unha actividade co alumnado de 1º XEAD e 1º ADMFIN.

Foi unha ruta guiada pola cidade co guía oficial de Lugo, Guido, e parta das explicacións foron en inglés.

Percorreron parte do Barrio do Carmen e tamén poideron contemplar algúns graffitis e arte urbán que se atopa en diferentes zonas de Lugo.

 

RutaRuta

 

Viaxe fin de estudos a Roma

O alumnado de 4º da ESO e 1º de BAC realizou a viaxe fin de estudos a Roma. Gozaron da cidade, da cultura e, sobre todo, de poder facelo todos xuntos. 

Roma

ABRAHAM CUPEIRO VISITA O CENTRO

Grazas ao departamento de música, hoxe visitou o centro Abraham  Cupeiro para impartir un concerto e achegarnos á maxia que encerra a música. Aproveitando a súa presenza, o equipo da radio escolar, Radio Llama, entrevistouno para coñecelo un pouquiño máis. 
Dani, Naiara, Pablo, Silvia e Uxía (representantes do club de lectura e responsables de Radio Llama) foron os encargados de compartir momentos inesquecibles con Abraham. 

Acceso á entrevista e a máis información.

Entrevista a Abraham CupeiroEntrevista a Abraham Cupeiro 2

Visita a Gadisa

O alumnado de 2º ADMINFIN realizaron unha visita ás instalacións centrais de "Gallega de Distribuidores de Alimentación, S.A" (GADISA), en Betanzos.

Visita a GADISA

MOVE ON

Os alumnos de 3º e 4º da ESO gozaron este luns da obra de teatro "Move on" sendo unha das actividades que Afundación ofrece aos centros educativos galegos. Sen dúbida unha experiencia enriquecedora para todos eles.

Move onMove on

 

 

 

Parlamento de Galicia

O pasado 14 de decembro os alumnos de 3º da ESO realizaron unha visita ao Parlamento de Galicia para coñecer as súas instalacións e o seu funcionamento.

ParlamentoParlamento
Distribuir contido


by Dr. Radut