Grazas ao departamento de música, hoxe visitou o centro Abraham Cupeiro para impartir un concerto e achegarnos á maxia que encerra a música. Aproveitando a súa presenza, o equipo da radio escolar, Radio Llama, entrevistouno para coñecelo un pouquiño máis. Dani, Naiara, Pablo, Silvia e Uxía (representantes do club de lectura e responsables de Radio Llama) foron os encargados de compartir momentos inesquecibles con Abraham.
Os alumnos de 3º e 4º da ESO gozaron este luns da obra de teatro "Move on" sendo unha das actividades que Afundación ofrece aos centros educativos galegos. Sen dúbida unha experiencia enriquecedora para todos eles.
O pasado 14 de decembro os alumnos de 3º da ESO realizaron unha visita ao Parlamento de Galicia para coñecer as súas instalacións e o seu funcionamento.
Os irmáns Erik e Sergi Quintela, representan o soño de calquera rapaz ou rapaza lucense afeccionado ó baloncesto: chegar a xogar co C.B. Breogán na máxima categoría do baloncesto español.
Na charla contáronlles aos alumnos tódolos sacrificios que tiveron que facer ata transformar o seu soño en realidade. Detrás de todos eses éxitos, hai unha palabra coa que se identifican ao cen por cen, TRABALLO.
Compoñentes do club de lectura, “Lecturas e andanzas”, realizaron a ruta “Arte literaria pola cidade de Lugo” acompañados/as do guía local, Guido. Achegáronse á literatura e á arte dun xeito lúdico para recompilar a información que precisa a súa nova andanza. Máis información
Os alumnos de 2º ADMFIN E 2º ASUADIR acudiron a unha visita guiada ó Centro de Empresas e Innovación CEI-NODUS do Concello de Lugo co fin de coñecer a actividade co centro leva a cabo no campo do emprendemento e da promoción económica da cidade.