Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Charla informativa sobre os estudos de Relacións Laborais e Recursos Humanos

12/03/2015 10:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla informativa sobre o GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS
 Web da Escola Universitaria

Día:         12 de marzo
Hora:       10:30
Lugar:      Aula 208
Para:        C.S. Secretariado e 2º CS Administración e Finanzas

 

Relatora: Dª Mercedes Montes Rodríguez (Directora da E.U. de Relacións Laborais de Lugo)

Nesta charla os/as alumnos/as poderán obter información dos aspectos máis destacados relativos á carreira que se imparte nesta escola, o seu funcionamento, saídas profesionais, etc.

Máis información Web

 

Concurso literario - LATRICADAS 20


BASES:

1º Poderán participar todos os alumnos /as do IES Muralla Romana que o desexen, sendo condición indispensable que os traballos sexan orixinais e non se tivesen presentado noutros concursos.

2º Terán como motivo ou motivos os contidos destas datas de celebración.

3º Os traballos entregaranse na Conserxería (ou enviados ao correo-e : edl.muralla.romana@gmail.com a partir da data de convocatoria ata o 21 de maio de 2015.

4º O xurado decidirá a selección dos traballos presentados para a súa inclusión na revista Latricadas.

5º A presentación dos traballos supón que os autores coñecen estas Bases e amosan absoluta conformidade con elas e coas decisións do xurado. 6º Establécense tres premios: Primeiro, Segundo e Terceiro. Dotados cun obsequio e diploma acreditativo.

Cartel anunciador

Cartel alternativo

Equipo de Dinamización Lingüística
IES Muralla Romana


 

Charla temática da USC - Campus Lugo: Estética facial no Século XXI

04/03/2015 12:40
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - Estética facial no século XXI
 Profesor D. José Mª Suárez Quintanilla

Día:       4 de marzo
Hora:    12:40 ás 13:20
Para:     C.S. Estética Integral e Benestar
Lugar:    Salón de Actos

Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. José Mª Suárez Quintanilla (Profesor de Cirurxía Bucal da Facultade de Medicina e Odontoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, Director do Curso de Implantoloxía Oral da USC, Presidente do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, Membro do Comité Executivo do Consello Xeral de Dentistas e Membro do Consello de Administración de Previsión Sanitaria Nacional).

Na actualidade a empatía e a intelixencia emocional considéranse fundamentais no que denominamos xestión social. Gran parte destes procesos realízanse a través da expresión da cara e por iso as microexpresións e as modificacións estéticas do rostro van ter un papel decisivo no éxito persoal, laboral e social dos seres humandos. Describiranse os distintos tipos de estrutura facial e o significado simbólico que lles acompaña, así como as distintas profesións implicadas na súa modificación e mantemento ao longo dos anos.

Charla temática da USC - Campus Lugo: Aforro e eficiencia enerxética no día a día

04/03/2015 10:30
04/03/2015 11:20
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - Aforro e eficiencia enerxética no día a día
 

Día:        4 de marzo
Hora:    10:30 ás 11:20
Para:      1º e 2º BAC
Lugar:    Salón de Actos

Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. Manuel Ramiro Rodríguez Rodríguez (profesor na Escola Politécnica da USC).

A charla trata de dar unha pincelada das distintas actividades que teñen lugar no noso día a día na casa, no centro de traballo ou de estudo, etc. e de como podemos facer estas actividades máis eficientes desde o punto de vista enerxético, tanto no consumo eléctrico como de outros combustibles e fontes de enerxía.

Enquisa sobre TÉCNICAS DE ESTUDO da UDC

02/03/2015 13:30
02/03/2015 13:50

 

O día 2 de marzo ás 13:30 h os alumnos e as alumnas de 3º ESO B relizarán unha enquisa sobre "Técnicas de estudo", da Universidade de A Coruña. A enquisa durará 20 minutos aproximadamente. Organiza a actividade o departamento de orientación.

 

Xornadas L'OREAL

25/02/2015 00:00
26/02/2015 23:59
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Xornadas L'Oréal.
 Día:         25 e 26 de febreiro
Lugar:      Madrid
Para:       2º PECOCA
Organiza: Dpto. Imaxe Persoal

Alumnas de segundo do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar desprazaranse a Madrid coa profesora Mª Luz, para disfrutar destas xornadas; inclúen cursos de peiteado, talleres con coaches de beleza, clases temáticas, looks innovadores... da man de profesionais de primeira categoría. Unha moi boa oportunidade de completar a súa formación académica.

VI Olimpíada de Xeoloxía

11/02/2015 10:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: VI Olimpíada de Xeoloxía

Día:         11 de febreiro
Organiza:  Dpto. Ciencias Naturais
Hora:       10:30-18:00
Lugar:      EPS da USC (Lugo)
Para:        1º BAC (Xeoloxía)

* A forma de chegar ata a EPS será empregando o bus urbano.

9 alumnos/as de 1º BAC asistirán á VI Olimpíada de Xeoloxía, unha actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.

Nesta edición da Fase Galega patrocinan e colaboran a Facultade de Bioloxía de Santiago, Escola Politécnica Superior de Lugo, E.T.S.E de Minas de Vigo e Facultade de Ciencias de Ourense e as probas realizaranse simultaneamente nestas catro sedes.

Dende aquí queremos facer chegar o noso apoio a est@s alumn@s que van representar ao centro, xa só polo feito de participar e desexarvos os nosos mellores desexos para a proba. MOITO ÁNIMO!

Máis información 

Charla FEUGA

05/03/2015 17:30

Viveiro de empresas - CEI NODUS de Lugo

12/02/2015 09:00
12/02/2015 11:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Visita ao CEI NODUS

Día:         12 de febreiro
Organiza:  Dpto. Administración
Hora:       09:00-11:30
Lugar:      CEI Nodus Lugo
Para:        2º CS ADMFIN  (ord.)

* A forma de chegar ás instalacións será empregando cadaquén os seus propios medios.

Descrición da actividade:

coñecer da man de técnicos especialistas a actividade de promoción económica e empresarial que se desenvolve no Centro de Empresas e Innovación (CEI).

O CEI é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Con esta visita o alumnado coñecerá as posibilidades que ofrecen, tanto en infraestructuras coma en asesoría técnica, para a creación de empresas e poder levar a cabo novas iniciativas.

O sabor da aventura está no mar

10/02/2015 11:50
10/02/2015 13:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
 Cartel: Proximamente neste centro...


Día:       10 de febreiro
Hora:     11:50 a 13:30
Para:      1ºESO A e B
Lugar:    IES Muralla Romana

É unha modalidade do programa "Aliméntate ben" (Plan Proxecta), creado pola consellería do Medio Rural e do Mar, que se centra en transmitir ao alumando a importancia dos produtos do mar na dieta, en relación coas achegas nutritivas, e fomentar o seu consumo. Ademais, afondarán no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar e na posta das profesións do mar.

Os contidos desta Campaña xiran en torno a catro bloques:
- Medio mariño e especies.
- Conservación.
- Gastronomía.
- Nutrición.

O obradoiro a realizar no instituto, consta das seguintes actividades:
- 20 primeiros minutos: representación dunha pequena obra de teatro na que os educadores e educadoras, nos papeis do pescador Luís e a cociñeira Dona Mariña se preguntan se o alumnado coñece a importancia de comer peixe.
- 30 minutos seguintes: realización de actividades lúdicas adaptadas á idade do grupo.
- 10 últimos minutos: procédese á conclusión do obradoiro, onde se presenta ao alumando unha breve carta de compromiso, para a cuadrilla de "Os Arroases", na que firmarán que van comer máis produtos do mar e ademais van difundir a mensaxe entre todos os seus amigos e amigas e a súa familia.

Ligazón aos contidos do obradoiro: www.osabordaaventruaestanomar.com

Distribuir contido


by Dr. Radut