Día: 12 de febreiro Organiza: Dpto. Administración Hora: 09:00-11:30 Lugar: CEI Nodus Lugo Para: 2º CS ADMFIN (ord.)
* A forma de chegar ás instalacións será empregando cadaquén os seus propios medios.
Descrición da actividade:
coñecer da man de técnicos especialistas a actividade de promoción económica e empresarial que se desenvolve no Centro de Empresas e Innovación (CEI).
O CEI é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
Con esta visita o alumnado coñecerá as posibilidades que ofrecen, tanto en infraestructuras coma en asesoría técnica, para a creación de empresas e poder levar a cabo novas iniciativas.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
Día: 10 de febreiro Hora: 11:50 a 13:30 Para: 1ºESO A e B Lugar: IES Muralla Romana
É unha modalidade do programa "Aliméntate ben" (Plan Proxecta), creado pola consellería do Medio Rural e do Mar, que se centra en transmitir ao alumando a importancia dos produtos do mar na dieta, en relación coas achegas nutritivas, e fomentar o seu consumo. Ademais, afondarán no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar e na posta das profesións do mar.
Os contidos desta Campaña xiran en torno a catro bloques: - Medio mariño e especies. - Conservación. - Gastronomía. - Nutrición.
O obradoiro a realizar no instituto, consta das seguintes actividades: - 20 primeiros minutos: representación dunha pequena obra de teatro na que os educadores e educadoras, nos papeis do pescador Luís e a cociñeira Dona Mariña se preguntan se o alumnado coñece a importancia de comer peixe. - 30 minutos seguintes: realización de actividades lúdicas adaptadas á idade do grupo. - 10 últimos minutos: procédese á conclusión do obradoiro, onde se presenta ao alumando unha breve carta de compromiso, para a cuadrilla de "Os Arroases", na que firmarán que van comer máis produtos do mar e ademais van difundir a mensaxe entre todos os seus amigos e amigas e a súa familia.
Día: 13 de febreiro, ás 11:45 h no salón de actos.
Os concursantes (alumnado do IES Muralla Romana), que se poderán presentar de forma individual ou en grupo, desfilarán para valorar a orixinalidade temática, a confección do traxe e a interacción co público.
Establécense tres premios, un por cada unha das categorías seguintes:
- disfrace libre
- disfrace de material reciclado (bolsas, papeis, plásticos, xornais,...)
- disfrace relacionado coa cultura galega (tradicións, literatura, gastronomía, costumes,...)
O premio por cada categoría será un vale de 30€a trocar por material escolar.
A decisión do xurado será inapelable.
Inscricións en vicedirección, ata o día do concurso ás 11:20 h.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - Bosques galegos e árbores senlleiras
Día: 29 de xaneiro Horas: 11:50 ás 12:40 Para: 1º e 2º BAC Lugar: Salón de Actos
Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. Antonio Rigueiro Rodríguez (Catedrático de Universidade, membro do Departamento de Produción Vexetal, profesor na Escola Politécnica da USC - Campus Lugo e tamén director da Estación Científica do Courel).
Na charla describirá, apoiándose en fotografías, os principais bosques naturais (carballeiras, bidueirais, faiais, abraedos, cerqueirais, aciñeirais, sobreirais, louredos, acebedas, herbedais, ameneirais...) e artificiais (soutos de castiñeiros, piñeirais, eucaliptais) de Galicia. En canto ás árbores senlleiras explicaranse os criterios de catalogación, a normativa galega ao respecto, a distribución en Galicia dos monumentos vexetais máis importantes, as especies que aportan máis árbores senlleiras...todo iso acompañado de material gráfico. Fará especial referencia aos bosques e ás árbores monumentais do entorno do noso instituto.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Asistencia ao teatro "Luces de Bohemia"
Día: 23 de xaneiro Organiza: Dpto. Lengua Castellana Hora: 11:00-14:20 Lugar: Auditorio Gustavo Freire Para: 1º e 2º de Bacharelato
O alumnado de Bacharelato asistirá á adaptación da obra Luces de Bohemia, de Valle-Inclán. É a obra máis representativa dun dos nosos mellores dramaturgos, e tamén un referente do noso teatro contemporáneo. Mediante este espectáculo o alumnado terá a oportunidade de poder apreciar as características escénicas do esperpento, á vez que se lles descobre esta xoia do noso patrimonio literario.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Prevención de condutas violentas - "Bullying"
Días: 14, 21 de xaneiro 04, 11, 25 de febr. 04 de marzo Hora: 10:30 a 11:20 Lugar: Aula Para: 4º ESO
Desde fai xa algúns anos Cruz Vermella Xuventude leva desenvolvendo un Programa de Prevención de Condutas Violentas nos institutos.
A metodoloxía que utiliza é activa e participativa, reforzando os estímulos e a motivación individual e grupal, integrando a experiencia práctica como punto de partida para a reflexión. Os métodos e técnicas adáptanos a cada situación fomentando a cohesión grupal, o traballo cooperativo, o diálogo e o respecto aos diferentes puntos de vista.
Cruz Vermella conta ademais cun portal específico, PRE20 sobre non violencia. Debido a que en moitos casos a violencia preséntase como unha forma de resolver conflitos; faise necesario reflexionar sobre ela e a súa consecuencia, co obxectivo de cambiar esas actitudes e comportamentos.
Os alumnos e as alumnas de 1ºESO e FP Básica (INFOFI e PEIEST) participarán nuns talleres de prevención de condutas violentas e resolución de conflitos; ofertados pola Concellería de Xuventude.
Este tipo de obradoiros mediante unha metodoloxía dinámica e participativa trata de realizar un labor, que consideramos de grande importancia, para a promoción de actitudes positivas.
Destinado a previr situacións de violencia e sensibilizar aos adolescentes sobre coeducación e igualdade de xéneros, fomentando o respecto e a tolerancia. Desenvolvendo actitudes de cooperación, intercambio, diálogo e comunicación.
Finalidade: impulsar actitudes positivas ante os problemas das relacións humanas, favorecer o desenvolvemento de habilidades sociais e a responsabilidade na resolución dos problemas e conflitos colectivos.
Día: 28 de xaneiro Organiza: Dpto. de Lingua Galega e Dinamización Lingüística Hora: 10:00 h. Lugar: Museo de Lugo Para: 4º ESO e 4º PDC
Actividade didáctica incluída no programa ofertado polo Museo Provincial de Lugo.
Hai catro rutas: a do botón, a do gato, a do anel e a do pozo. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro Contos de medo no museo, que os estudantes deberán levar xa lido. Ditos relatos son: O botón encarnado, Sangue de gato negro, O anel dos destinos cruzados e O pozo dos desexos.
Xa no museo o alumnado deberá completar unha folla de ruta. Logo comprobaranse os resultados de cada unha das catro expedicións e repartiranse os agasallos correspondentes.
Recursos a empregar: materiais (libro, follas de ruta, bolígrafos, marcadores, exlibris e bloc) e didácticos (caderno do alumnado).
As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles ao alumnado a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan aos estudantes nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co/a profesor/a e outros compañeiros/as, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita á Aula da natureza de Chelo
Día: 18 de decembro Hora: 08:50 ás 14:20 Lugar: Río Mandeo - Coirós Para: 3º ESO Organiza: Dpto. CCNN
Alumnado de 3º da ESO do IES Muralla Romana realizará unha visita guiada pola Aula da natureza de Chelo, no río Mandeo en Coirós. Aula equipada cunha interesante exposición permanente sobre o río e a auga. Nela poderán aprender todo sobre as especies de flora e fauna da conca, o funcionamento dun muíño ou os diferentes usos da auga.
Contarán cun guía, educador ambiental, para informar ao alumnado sobre calquera dúbida relacionada cos contidos que na aula se tratan.
Para chegar ata alí farán senderismo a carón do río Mandeo, polo que deberán levar calzado cómodo e indumentaria de abrigo apropiada.