Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Viaxe a Cataluña

08/04/2015 22:45
11/04/2015 22:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA A CATALUÑA
 

Días:        9, 10 e 11 de abril
Para:         4ºESO E 1ºBAC 
               Alumnado de Relixión

Organiza: Dpto. de Relixión

 

Esta actividade realízase conxuntamente con outros institutos da cidade e da provincia. O obxectivo é coñecer e apreciar a arte relixiosa, fomentando as relacións con alumnado doutros centros.

ITINERARIO:

08/04 GALICIA-BARCELONA Saída de 1 autobús de Melide ás 21.30 hrs, recollida ao grupo de Monterroso. Saída doutro autobús de Rábade ás 22.30 hrs, recollida resto do grupo en Lugo. Saída de ambos os autocares de Lugo sobre as 23.00 hrs. Noite en ruta.  

09/04 BARCELONA Chegada a Barcelona a media mañá. Comida libre por conta do grupo. Pola tarde visita panorámica de Barcelona acompañados por un guía local. Entrada á Sagrada Familia incluída. Cea libre por conta do grupo e tempo libre. Á hora prevista (23.00 hrs) traslado ao hotel de Calafell (Apartahotel Solimar 3*). Aloxamento.  

10/04 PORT-AVENTURA Almorzo no hotel. Traslado ao Port Aventura (entrada incluída ). Comida incluída no recinto. Ao peche do parque traslado ao hotel. Cea e aloxamento.  

11/04 BARCELONA-GALICIA Almorzo no hotel. Traslado a Barcelona. Visita guiada do Parque Güell. Despois da visita regreso cara a Galicia. Cada grupo regresará ao seu lugar de partida.

En lugar do Parque Güell, pararase en Zaragoza para visitar a Catedral-Basílica da Nosa Señora do Pilar.

 

Charla da Alta Escola Superior de Hostalería de Galicia

10/04/2015 11:20
10/04/2015 11:50
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla da Alta Escola Superior de Hostalería de Galicia
 

Día:         10 de abril
Organiza:  Dpto. Orientación
Hora:       11:20-11:50
Lugar:      Salón de Actos
Para:        Calquera interesado

 

Nesta charla os/as alumnos/as poderán obter información dos aspectos máis destacados relativos aos estudos que se imparten nesta escola, o seu funcionamento, saídas profesionais, etc.

O CSHG (Centro Superior de Hostalería de Galicia) é un centro de ensino universitario en Santiago de Compostela que forma directivos hostaleiros e xestores en cociña.

Máis información Web concurso

Exposición proxectos 2º ADSIINRE-2ºDAM

24/03/2015 08:50
PRESENTACIÓN DE PROXECTOS
CICLOS DE INFORMÁTICA. RÉXIME ORDINARIO
24 de marzo. Aula 211-212
ProxectoHora
C.S. Administración de sistemas informáticos en rede
DELICIAS DA MONTAÑA09:00
CARUBE09:20
MERCAHOME09:40
EFIAHORRO10:00
CREATUWEB.COM10:20
PROGRAM10:40
EPONA11:00
*****   RECREO  *****11:20
NESTAOURELA Cancelada!12:00
C.S. Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma
BESTFOOD12:20
RUNAPPBIKE12:40
XESTIÓN DE EVENTOS13:00
BIRRAS&BARES13:20
FITNESS13:40
LIGAS DE FÚTBOL14:00

 

GRUPOS ASISTENTES

Antes do recreo:       1º ADSIINRE, 1º SIMIRE e 2º SIMIRE
Despois do recreo:    1º DAM, 1º ADSIINRE e 2º SIMIRE

 

Charla multiconferencia: O monte é a nosa vida, axúdanos a coidalo.

18/03/2015 12:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: O monte é a nosa vida.
 

Día:
Hora:
Lugar:
Para:

18 de marzo
12:00 h
Salón de Actos
4º PDC

Trátase dunha actividade organizada por Confemadera Galicia para celebrar o Día da Árbore o 18 de marzo, mediante unha charla multiconferencia de "O monte é a nosa vida, axúdanos a coidalo" e que terá lugar nas instalacións do CESGA en Santiago de Compostela.
Poden seguir esta charla varios centros de educación secundaria de Galicia de forma simultánea e centrarase na multifuncionalidade do monte galego e a súa triple riqueza: medioambiental, económica e social.


Máis información Enlace externo



 

"TUS FINANZAS, TU FUTURO" actividade ofertada por JUNIOR ACHIEVEMENT e a AEB

16/03/2015 13:30
16/03/2015 14:20
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: TUS FINANZAS, TU FUTURO.
 

Días:      16 e 23 de marzo, 13 de abril
Horas:    13:30 - 14:20
Lugar:    Aula 05
Para:      3º ESO A e B

Actividade solicitada polo Departamento de Orientación.

O programa de educación financeira "TUS FINANZAS, TU FUTURO", está impulsado pola Asociación Española da Banca e a Fundación Junior Achievement. A educación financeira pode marcar o futuro dos xóvenes de hoxe, que poderán tomar decisións financeiras sólidas no futuro se comezamos a formarlles en materias económicas desde a escola.

Dirixido ao alumnado de 3º de ESO, este proxecto enmárcase dentro do Plan Nacional de Educación Financeira e no que participarán máis de 5.000 alumnos de toda España.

O programa consta de tres sesións de 50 minutos cada unha, na que os alumnos/as realizarán exercicios e xogos prácticos para aprender a realizar un orzamento equilibrado, tomar conciencia da importancia da planificación e o aforro, e aprender diferentes tipos de investimentos.

A actividade levarase a cabo na hora de titoría e será implementado por voluntarios, profesionais do ámbito económico e financeiro e traballadores dos bancos participantes.

Web de Junior Achievement
Web de Junior Achievement - JA Spain
Descrición do programa
Vídeo dos voluntarios

 


 

Junior Achievement é a maior organización internacional sen ánimo de lucro do mundo en educación emprendedora, realiza o seu labor formativa e social no ámbito do emprendemento.

A Fundación Junior Achievement (xunto coa Fundación Alcoa) impulsa tamén o programa “JA Construye tu carrera”, solicitado polo noso instituto, enmarcado dentro da materia de Tecnoloxía.

O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, brinda aos centros educativos de Galicia a participación neste tipo de proxectos, en aras de lograr un avance na cultura emprendedora do noso alumnado, necesaria para posibilitarlles un futuro mellor tanto para eles como para a nosa comunidade. http://www.edu.xunta.es/fp/node/12578

IV Concurso "LUCUS INTERCENTROS"

24/04/2015 11:00
24/04/2015 14:00
Se non puideches ver a transmisión en directo, realizada pola Fundación TIC, aínda estás a tempo de vela en diferido:




IV Concurso LUCUS INTERCENTROS, retransmitido pola Fundación TIC
Fotografías do IV Concurso LUCUS INTERCENTROS, en Flickr
Fotografías

Charla informativa sobre os estudos de Relacións Laborais e Recursos Humanos

12/03/2015 10:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla informativa sobre o GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS
 Web da Escola Universitaria

Día:         12 de marzo
Hora:       10:30
Lugar:      Aula 208
Para:        C.S. Secretariado e 2º CS Administración e Finanzas

 

Relatora: Dª Mercedes Montes Rodríguez (Directora da E.U. de Relacións Laborais de Lugo)

Nesta charla os/as alumnos/as poderán obter información dos aspectos máis destacados relativos á carreira que se imparte nesta escola, o seu funcionamento, saídas profesionais, etc.

Máis información Web

 

Concurso literario - LATRICADAS 20


BASES:

1º Poderán participar todos os alumnos /as do IES Muralla Romana que o desexen, sendo condición indispensable que os traballos sexan orixinais e non se tivesen presentado noutros concursos.

2º Terán como motivo ou motivos os contidos destas datas de celebración.

3º Os traballos entregaranse na Conserxería (ou enviados ao correo-e : edl.muralla.romana@gmail.com a partir da data de convocatoria ata o 21 de maio de 2015.

4º O xurado decidirá a selección dos traballos presentados para a súa inclusión na revista Latricadas.

5º A presentación dos traballos supón que os autores coñecen estas Bases e amosan absoluta conformidade con elas e coas decisións do xurado. 6º Establécense tres premios: Primeiro, Segundo e Terceiro. Dotados cun obsequio e diploma acreditativo.

Cartel anunciador

Cartel alternativo

Equipo de Dinamización Lingüística
IES Muralla Romana


 

Charla temática da USC - Campus Lugo: Estética facial no Século XXI

04/03/2015 12:40
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - Estética facial no século XXI
 Profesor D. José Mª Suárez Quintanilla

Día:       4 de marzo
Hora:    12:40 ás 13:20
Para:     C.S. Estética Integral e Benestar
Lugar:    Salón de Actos

Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. José Mª Suárez Quintanilla (Profesor de Cirurxía Bucal da Facultade de Medicina e Odontoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, Director do Curso de Implantoloxía Oral da USC, Presidente do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, Membro do Comité Executivo do Consello Xeral de Dentistas e Membro do Consello de Administración de Previsión Sanitaria Nacional).

Na actualidade a empatía e a intelixencia emocional considéranse fundamentais no que denominamos xestión social. Gran parte destes procesos realízanse a través da expresión da cara e por iso as microexpresións e as modificacións estéticas do rostro van ter un papel decisivo no éxito persoal, laboral e social dos seres humandos. Describiranse os distintos tipos de estrutura facial e o significado simbólico que lles acompaña, así como as distintas profesións implicadas na súa modificación e mantemento ao longo dos anos.

Charla temática da USC - Campus Lugo: Aforro e eficiencia enerxética no día a día

04/03/2015 10:30
04/03/2015 11:20
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - Aforro e eficiencia enerxética no día a día
 

Día:        4 de marzo
Hora:    10:30 ás 11:20
Para:      1º e 2º BAC
Lugar:    Salón de Actos

Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. Manuel Ramiro Rodríguez Rodríguez (profesor na Escola Politécnica da USC).

A charla trata de dar unha pincelada das distintas actividades que teñen lugar no noso día a día na casa, no centro de traballo ou de estudo, etc. e de como podemos facer estas actividades máis eficientes desde o punto de vista enerxético, tanto no consumo eléctrico como de outros combustibles e fontes de enerxía.

Distribuir contido


by Dr. Radut