Día: 12 de novembro Hora: 09:30-12:00 Lugar: Auditorio de Lugo Para: 3º ESO
O alumnado desprazarase camiñando acompañados de profesorado.
Descrición da actividade:
O grupo de traballo "Lugo, Cidade polo Comercio Xusto", do que forman parte as asociacións A Cova da Terra, Asemblea de Cooperación Pola Paz, Bico de Grao e Manos Unidas e Fundación Taller de Solidariedad, convídanos ao espectáculo ¡VAYA TELA! que representará en Lugo a compañía catalá Xucrut Teatre.
O espectáculo nace por mor dun encargo da Compañía Roupa Limpa, na primavera de 2010, para crear unha peza de teatro que falase do consumo de roupa e puidese chegar a un público amplo.
Xucrut Teatro penetrouse nun proceso de creación co espírito de abordar o tema do consumo de roupa con humor e crear, así, un clima propicio para abrir debate co público ao finalizar a función. A peza teatral ten unha duración de 40 minutos en clave de comedia, cun ritmo rápido e fluído. Despois dáse paso a un foro que pode ter unha duración de 40 a 60 minutos.
Participación nun estudo financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO):
Persoal da Unidade de cartografía cerebral do Instituto Pluridisciplinar da Universidade Complutense de Madrid desplazarase o 9 de novembro ata o noso centro, porque alumnado da ESO participará nun estudo de investigación que están a realizar.
* O alumnado que participe conta coa debida autorización dos seus pais, nais ou titores legais.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Visita ao CEI NODUS - Obradoiro
Día: 09 de novembro Organiza: Dpto. Administración Hora: 10:30-14:20 Lugar: CEI Nodus Lugo Para: 1º CS ADMFIN (ord.)
Descrición da actividade:
“La Aventura de Diana” é un proxecto metodolóxico baseado nunha novela empresarial orientada a facilitar aos emprendedores/as conceptos, referencias, ferramentas e aprendizaxes sobre innovación e emprendemento.
Os talleres toman as referencias do libro do mesmo nome e polo tanto é o seu autor Nacho Villoch o encargado de trasladar ese coñecemento aos emprendedores e emprendedoras, empresarios e empresarias.
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.
Premios: 5ª edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 -Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 - Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014 - Premio Nacional de Literatura Infantil, 2015
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Videoconferencia A máquina que constrúe a mente e a realidade
Día: 04 de novembro Horas: 12:30 ás 13:30 h Lugar: Salón de actos Para: 4º ESO, 1º e 2º INFOFI
A Coordinadora Galega de ENDL convídanos a participar nesta videoconferencia, con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego.
Relator: Xurxo Mariño Alfonso.
Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Unidade móbil de doazón de sangue no instituto.
Día: 28 de outubro Horas: 9:30 ás 14:30/15:30 ás 21h Lugar: Fronte á entrada principal (no aparcadoiro) Para: + 18 anos, sans e + 50 K
O sangue non se pode fabricar.
Cada día os hospitais galegos precisan 500 doazóns de sangue para facer operacións, atender as urxencias, os transplantes e tratar moitas enfermidades. Se tes máis de 18 anos, es san e tes máis de 50 quilos de peso non quedes indiferente. Son poucos os motivos que impiden doar e moitas as razóns para facelo.
15 minutos de teu tempo poden resolver moitos problemas de saúde ou salvar vidas. Non debes acudir sen almorzar e despois do xantar tes que deixar pasar dúas horas. Persoal sanitario revisará o teu estado de saúde e utilizará material estéril e dun só uso. Na dozaón NON existe risco de contraer enfermidades transmisibles polo sangue. Doar sangue é voluntario e altruísta. Non se paga a doazón nin se lle cobra ao enfermo o sangue que recibe. Da túa doazón obtéñense tres compoñentes sanguíneos que se utilizan para diferentes problemas de saúde.
Día: 23, 24 e 25 de outubro Lugar: Madrid Para: 2º PECOCA Organiza: Dpto. Imaxe Persoal
Alumnado de segundo do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar desprazaranse a Madrid coa profesora Mª Luz, para disfrutar desta feira internacional. A viaxe e participación a esta actividade está organizada desde o IES A Pinguela e aberta por ese instituto a outros centros (incluído o Departamento de Imaxe Persoal do IES Muralla Romana).
Programa da actividade
Venres, 23 de outubro
09:30 h Saída en autobús diante do instituto IES Muralla Romana 14:30 h Chegada a Madrid 17:15 h Visita guiada Museo del Prado 20:00 h Libre
Sábado, 24 de outubro
09:30 h Saída para a Feira de Madrid (Estarase todo o día no recinto ata as 20:00 h) 20:00 h Libre
Domingo, 25 de outubro
Pola mañá , dúas posibilidades: Visitar O Retiro ou ir por libre. 14:00 h Hora de saída para regresar a Lugo
Custo sufragado polo alumnado, segundo tarifa e condicións establecidas polos organizadores da actividade; aceptando co abono do mesmo as condicións por eles fixadas. Aloxamento en : Cat's Hostel
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: OBRADOIRO DE PORTUGUÊS SIMPLES
Día: 21 de outubro Organiza: AGAL/Deputación Lugo Horario: Consultar táboa Para: Consultar táboa Equipo de Dinamización Lingüística
O profesor que vai impartir os obradoiros é Kike Martins .
Esta actividade realízase grazas a un convenio de colaboración da Deputación de Lugo coa Asociación Galega da Lingua (AGAL), para levar os Ops! a centros de ensino lugueses.
OPS!
Horas
Grupos
Aula
1
08:50-10:30
3ºESO A e B (sen PMAR)
005
2
10:30-11:20 e 11:50-12:40
2ºESO A e B (sen ACC)
004
3
12:40-14:20
4ºESO (sen PDC)
103
O ateliê Ops! é unha idea orixinal de Carlos Figueiras, adaptada e desenvolvida por Valentim R. Fagim. Nace para pór en valor a lingua de Galicia, facendo ver a súa potencialidade e ter en conta os prexuízos que a subvaloran. Nace porque o portugués é a sexta lingua máis falada no mundo, oficial en 4 continentes e 8 países, sendo un deles o Brasil, unha potencia emerxente. Nace porque o plurilingüismo vai ter cada vez máis valor, promovido pola globalización e as institucións políticas (a comezar pola Unión Europea). Finalmente, nace porque é en épocas de crise cando é máis preciso afinar onde imos investir os nosos recursos e depositar a nosa atención.
Esta xornada presencial ten como obxectivo principal o facer ver que o traballo por conta propia é unha saída profesional máis á que poden optar os estudantes ao acabar o período formativo, fomentando principalmente o espírito emprendedor entre a comunidade educativa e dando unha visión próxima e atractiva.
Transmitir que nesta aventura do emprendemento, non están sós, e que entidades como a Fundación Cel poderán apoiar a posta en marcha dun proxecto, así como ofrecer un espazo físico e asesoramento para a súa consolidación empresarial.
O alumnado terá a oportunidade de ver o funcionamento do viveiro de empresas, así como interactuar cos novos empresarios.
Fonte da información: A organización
Horario segundo a táboa:
Ciclos Réxime Ordinario
Quenda da actividade
Horario
2-ADSIINRE 2-DAM 2-ADMFIN
Mañá
Saída do I.E.S. ás 09:40 h. e regreso aprox. ás 14:20 h.
2-XEAD 2-SIMIRE 2-PECOCA 2-ESINBE
Tarde
Saída do I.E.S. ás 16:10 h. e regreso aprox. ás 19:30 h.
O desprazamento realizarase en autobús desde o centro ao recinto.
O 16 de xuño durante a clausura do programa 'Atrévete' entregáronse os galardóns ás mellores propostas de emprendemento. No caso de Lugo, na categoría de 2º ESO resultaron premiados dous traballos, ambos do IES Muralla Romana. Foron recoñecidas as ideas de Marina Zurita Díaz (que contou coa colaboración do seu compañeiro Antón Veiga Vázquez) e de Sara Suárez Redondo.
Na fotografía aparecen o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o director do IES Muralla Romana, José Antonio Corredoira; a profesora, Mª Luisa Díaz Cadenas, que coordinou aos seus alumnos nesta actividade e os tres premiados antes mencionados.