Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Charla "As redes sociais"

11/01/2016
11/01/2016

Charla "As redes sociais"

Esta actividade forma para do programa PreviLugo, da Concellaría de Xuventude de Lugo. Propón unha charla dunha sesión por grupo, apoiada con material audiovisual e posteriormente un debate sobre a temática exposta; neste caso, dos riscos que pode supoñer o uso incorrecto da Internet e en concreto, das redes sociais.

HorarioHORARIO DECEMBRO

 Mércores, 09Mércores, 16
12:40 - 13:30 h. 3ºPMAR
13:30 - 14:20 h.2º ESO-B 

HorarioHORARIO XANEIRO

 Luns,11 Mércores, 13 Venres, 15
8:50-9:40 h.1º ESO-B  
12:40-13:30h   ACC / 2ºESO-A
13:30-14:20h  1º ESO-A 
 

Master Class por Cazcarra

01/12/2015 11:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CURSILLO DE MAQUILLAXE
 

Día:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:

1 de decembro
Dpto. Imaxe persoal
Pola mañá
Taller de Estética
C.S. ESINBE

Profesionais de Cazcarra Image Group, especialistas en maquillaxe, trasladáronse o 1 de decembro de 2015 até o IES Muralla Romana para compartir co alumnado do CS Estética Integral e Benestar os segredos e as últimas tendenzas da maquillaxe profesional.

A demostración correu a cargo de Patricia Martínez, docente e maquilladora profesional de Grupo Cazcarra, quen transmitiu moitos dos segredos e das últimas tendenzas da maquillaxe profesional, incluíndo a novidosa maquillaxe empregando a técnica da aerografía.

O alumnado puido comprobar in situ os resultados, ampliando así a súa formación profesional.

Fotografías

Master Class Cazcarra

Visita ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo

11/12/2015 10:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA AO ARQUIVO PROVINCIAL.
 Arquivo Histórico Provincial de Lugo

Día:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:

11 de decembro
Dpto. Administrativo
10:30-14:20
Arquivo de Lugo
1º ADMFIN ord.

As funcións básicas do ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE LUGO son recoller, custodiar e servir a documentación en beneficio das Administracións, os investigadores e os cidadáns en xeral.

Actualmente custodia milleiros de documentos, procedentes de tódolos ámbitos e sectores da provincia: Da Administración Periférica do Estado, os do Goberno Civil, os das delegacións provinciais de Agricultura, Cultura, Educación, Estatística, Industria, Facenda, Información e Turismo, Sanidade, Transportes e Comunicacións, do Poder Xudicial, de Administracións Institucionais e tamén de procedencia privada.

Conserva ademais os protocolos centenarios da provincia, e os fondos procedentes das institucións rexistrais, como as Contadurías de Hipotecas e os Rexistros da Propiedade, así como, en depósito, o fondo do Concello de Lugo.

 
Máis información do Arquivo Histórico Provincial de Lugo

Socios por un día

04/12/2015 09:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: SOCIOS POR UN DÍA
 Organiza:  Junior Achievement
Día:         04 de decembro
Hora:       09:00-17:00
Lugar:      Empresa Thyssenkrupp
Para:        2 alumnas 4ºESO

Socios por un día, é un programa educativo no que alumnado de 16-17 anos (4º ESO/Bacharelato/FP) comparten unha xornada laboral con profesionais de empresas de diversa índole, coa finalidade de enriquecer a súa formación, ao coñecer en primeira persoa a realidade profesional da que formarán parte no futuro.

Queremos agradecer a posibilidade que lles brindan a dúas alumnas de 4º da ESO do IES Muralla Romana a participar neste proxecto. Ambas están a cursar a materia optativa Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras, unha forma novidosa de ampliar a súa formación.

O voluntario que achegará a estas dúas alumnas ao mundo laboral é da empresa Thyssenkrupp

Ligazón de interese

Web do programa: sociosxundia Web

Visita ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

03/12/2015 11:00
03/12/2015 13:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA AO ARQUIVO PROVINCIAL.
 Arquivo Histórico Provincial de Lugo

Día:
Organiza:
Hora:
Lugar:
Para:

03 de decembro
Dpto. Administrativo
11:00-13:30
Arquivo de Lugo
1º ASIDIR e  2ºXEAD ord.

As funcións básicas do ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE LUGO son recoller, custodiar e servir a documentación en beneficio das Administracións, os investigadores e os cidadáns en xeral.

Actualmente custodia milleiros de documentos, procedentes de tódolos ámbitos e sectores da provincia: Da Administración Periférica do Estado, os do Goberno Civil, os das delegacións provinciais de Agricultura, Cultura, Educación, Estatística, Industria, Facenda, Información e Turismo, Sanidade, Transportes e Comunicacións, do Poder Xudicial, de Administracións Institucionais e tamén de procedencia privada.

Conserva ademais os protocolos centenarios da provincia, e os fondos procedentes das institucións rexistrais, como as Contadurías de Hipotecas e os Rexistros da Propiedade, así como, en depósito, o fondo do Concello de Lugo.

 
Máis información do Arquivo Histórico Provincial de Lugo

Conferencia - Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD)

09/12/2015 17:00
09/12/2015 19:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla - LEI ORGÁNICA DE PROTECCIÓN DE DATOS (LOPD)
 Día:         09 de decembro
Organiza:  Dpto. Informática
Hora:       17:00
Lugar:      Aula 211
Para:        2º ciclos infor. e modulares equivalentes

A charla vai ter como obxectivos:

- Concienciar aos alumnos, como usuarios, da importancia dos datos persoais e polo tanto do cumprimento da lei de protección de datos.
 
- Informar aos alumnos que van ir á FCT da importancia do cumprimento da LOPD nas empresas.
 
- Informar de aspectos prácticos no eido dos sistemas informáticos para o cumprimento da LOPD.
 
Correrá a cargo de D. Alberto Álvarez, da empresa Álvarez Real. Terá unha exposición introdutoria, pero pretende ser dinámica en base ás preguntas que vaia formulando o alumnado.

 

Ligazóns de interese

Web da empresa do ponente: http://www.alvarezreal.com/ Web J2Mconsultores

Web da Axencia Española de Protección de Datos

Video moi básico do que é a L.O.P.D.

Visita guiada á exposición "O Bosque. Moito máis que madeira"

30/11/2015 10:40
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Visita guiada EXPOSICIÓN "O Bosque. Moito máis que madeira"
Día:         
    luns 30 de novembro....1ºESO-A
    mérc. 02 de decembro....1ºESO-B
Hora:       10:40-13:00 aprox.
Lugar:      Praza Maior
Para:        1º ESO
O alumnado desprazarase camiñando acompañados de profesorado do Departamento de Ciencias Naturais.

Descrición da actividade:

Visita guiada para centros educativos á exposición itinerante "O Bosque. Moito máis que madeira", situada na Praza Maior e organizada pola Obra Social "a Caixa" en colaboración co Concello de Lugo.

Esta exposición do programa de Medio Ambiente e Ciencia da Obra Social "a Caixa" presenta os bosques como os ecosistemas terrestres con máis biodiversidade do mundo. O obxectivo principal desta mostra é insistir especialmente na gran importancia dos bosques a todos os niveis, e na necesidade de xestionalos dunha forma sustentable.
 

Charla "SI, HAI SAIDA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

27/11/2015 11:50
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla "SI, HAI SAÍDA"

Día:         27 de novembro
Hora:       11:50-13:30
Lugar:      Salón de actos
Para:       3º e 4ºESO, 1ºBAC,
              1ºPECOCA e 1ºSIMIRE

Descrición da actividade:

A cargo de Dª. Marta Rodríguez Engroba, presidenta da asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero; falou dende a súa propia experiencia como muller que fora maltratada e como hoxe en día axuda a outras mulleres, porque hai saída.
 
Dende que iniciaron a súa andaina coa asociación, constatan con gran inquietude como día a día se vai producindo un arrepiante repunte da violencia de xénero entre a xuventude e como se tende normalizar condutas claramente agresivas e controladoras. Polo que é preciso traballar cos rapaces e rapazas e facerlles chegar a mensaxe do que é unha relación saudable, e, moi importante, como detectar os indicios de que unha relación está a piques de converterse en violenta, ou de feito se xa o está sendo.
 
A charla contou coa participación de D. Laureano García, inspector xefe do S.A.D. (Servizo de Atención ás Familias), da Comisaría de Lugo - Policía Nacional, quen informou do que se pode ou debe facer para denunciar, aclarando como é o proceso da denuncia,...
 
Despois de ambas intervencións abriuse un turno de preguntas no que se apreciou que a charla non deixou a ninguén indiferente, unhas testemuñas contadas polos ponentes que son para reflexionar.
 
Quedámonos cunha mensaxe de Marta, non só o día 25 de novembro temos que preocuparnos por este tema, hai outros 364 días... É un problema de todos e todas, que temos que erradicar.
 
Charla contra á violencia de xénero

 

Ligazón a fotografías
Para saber máis da asociación Si, hai saida (Facebook)

 

Exposición: "A CIENCIA E A TECNOLOXÍA DA LUZ"

23/11/2015 11:50
23/11/2015 14:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Visita guiada EXPOSICIÓN "A CIENCIA E A TECNOLOXÍA DA LUZ"

Día:         23 de novembro
Hora:       11:50-14:30
Lugar:      Museo provincial
Para:       (FQ) 4º ESO e 1º BAC

O alumnado de Física e Química de 4ºESO e 1ºBAC desprazarase camiñando acompañados de profesorado.

Descrición da actividade:

Igaciencia vén de producir e organizar esta exposición orientada aos centros educativos con motivo do ano Internacional da Luz e do día da Ciencia en Galego 2015, dedicado á Luz e ao Solo.
Terán a oportunidade de visitar a única exposición en Galicia do Ano Internacional da Luz. Pero non só a única, senón a mellor e máis moderna exposición interactiva sobre a Luz que nunca veran en calquera lugar: que abrangue tecnoloxía e luz con Arduino, Robótica e Luz, portas láser, fotografía, programas interactivos explicativos das propiedades da luz, e centos de aparellos, versións educativas e lúdicas das serias versións académicas.
 

Exposición "Valores da CASTAÑA na nosa alimentación e na nosa cultura"

23/11/2015 11:20

CARTEL

Estándares, metodoloxía e avaliación


Organiza Departamento de Ciencias Naturais
A cargo de 3ºESO e 3ºPMAR
Destinatarios: 1ºESO e 2ºESO

Distribuir contido


by Dr. Radut