ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Unidade móbil de doazón de sangue no instituto.
Día: 8 de marzo Horas: 9:30 ás 14:30/15:30 ás 21h Lugar: Fronte á entrada principal (no aparcadoiro pola mañá) Para: + 18 anos, sans e + 50 K
O sangue non se pode fabricar.
Cada día os hospitais galegos precisan 500 doazóns de sangue para facer operacións, atender as urxencias, os transplantes e tratar moitas enfermidades. Se tes máis de 18 anos, es san e tes máis de 50 quilos de peso non quedes indiferente. Son poucos os motivos que impiden doar e moitas as razóns para facelo.
15 minutos de teu tempo poden resolver moitos problemas de saúde ou salvar vidas. Non debes acudir sen almorzar e despois do xantar tes que deixar pasar dúas horas. Persoal sanitario revisará o teu estado de saúde e utilizará material estéril e dun só uso. Na dozaón NON existe risco de contraer enfermidades transmisibles polo sangue. Doar sangue é voluntario e altruísta. Non se paga a doazón nin se lle cobra ao enfermo o sangue que recibe. Da túa doazón obtéñense tres compoñentes sanguíneos que se utilizan para diferentes problemas de saúde.
Día: 07 de marzo Para: 1º ESO (A e B) e 2º ESO-A Día: 14 de marzo Para: 3º ESO (A e B) e 2º ESO-B Hora: 16:20 Lugar: Salón de Actos
Alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º da ESO asistirán a unhas charlas sobre Acoso Escolar, uso de internet e drogas, para a convivencia e a seguridade escolar.
Organizada desde a Asociación de Reservistas de Lugo, será impartida por persoal da Asociación Concepción Arenal.
Unha actividade complementaria na que representantes xa retirados das forzas de seguridade do Estado falan cos alumnos/as de temas de actualidade que poidan supoñer un risco para a perfecta convivencia dos escolares, e que son difíciles de controlar polo persoal docente máis alá dos límites dos propios centros educativos.
É o caso, por exemplo, do tráfico de drogas ou o consumo de alcohol, as bandas xuvenís, o acoso escolar ou bulling, e os riscos que pode supoñer o incorrecto uso de Internet, ou das redes sociais.
Trátase de ofrecer información sobre estes problemas e os seus riscos obxectivos, de motivar os/as alumnos/as na adopción de condutas pro-activas.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XVI Mostra de Teatro Clásico de Lugo. 2016
Día: Hora: Lugar: Para:
1 de marzo 12:00 h (*) Auditorio 3ºESO, 4ºESO e BACH
(*) Desprazaranse camiñando ata o auditorio (sairán ás 11:20 h).
ROYAL FLUSH Shakespeare Vs Cervantes - Adaptacións da Feriña Domada e a Ilustre Fregona (100 % en inglés).
CUP OF THEATRE - Dirección: Rebeca Cobos Kirsten Callaghan, Charlotte Peak, Lee White, Sean Cook.
Royal Flush aborda desde un ton cómico intelixentemente trazado por Miguel de Cervantes e William Shakespeare temas que son de extrema actualidade para os adolescentes españois. Así pois, enfermidades coma a anorexia, a bulimia, a vigorexia, a ortodexia… están aumentando de maneira alarmante entre os máis novos, sendo esta a terceira causa de enfermidade na adolescencia, por baixo da asma e a obesidade. A nosa dramaturxia é unha contemporánea versión que integra A Ilustre Fregona de Miguel de Cervantes e a Feriña Domada de William Shakespeare nunha soa peza teatral, que posúe unidade dramática e que convida ao espectador a reflexionar sobre o avance e o estancamento da imaxe pública das mulleres.
Kate e Bianca son as dúas irmás da Feriña Domada e teñen unha personalidade oposta, os seus soños están enfrontados e teñen unha forma diferente de ver a vida. Pero ambas comparten o mesmo obxectivo: ter un futuro exitoso. Con este propósito, as irmás loitan polos seus desexos sen darse conta de que as decisións que van tomando non están encamiñadas a lograr os seus soños senón a compracer os dos seres que as rodean. A punto de tomar decisións que cambiarán a súa vida, reflexionan sobre o camiño que tomaron e e valorarán se aínda o poden modificar.
A Ilustre Fregona móstralles ás rapazas a carencia de disposición das mulleres do século XVII e analizan o que cambiarían elas desa novela para que se adaptase á muller do século XXI; sen embargo, as nosas rapazas protagonistas non son capaces de modificar o seu día a día e ven cómo as decisións que toman son semellantes ás que criticaban da obra cervantina.
Fonte da información Web do concello - Programa para a XVI Mostra de Teatro Clásico.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita ao MHN Luis Iglesias
Día: 24 de febreiro Organiza: Dpto. CCNN Hora: 08:50-17:00 Lugar: Museo MHN Para: 4º ESO (de Bioloxía) 2ºPEIEST e 2ºINFOFI 1º BAC (de Bioloxía)
Actividade programada polo departamento de Ciencias Naturais para o alumnado de BeX.
As instalacións do Museo de Historial Natural no parque de Vista Alegre dispoñen dun conxunto patrimonial que se remonta ao século XIX con pezas singulares de gran valor para o estudo e a divulgación da biodiversidade e o medio ambiente.
O alumnado realizará unha visita guiada que consta de dúas partes: 1- Recorrido polas salas expositivas con explicacións 2- Actividade didáctica, adaptada ao grupo, na que os participantes actúan como “científicos” realizando un traballo de investigación sobre un tema relacionado coa exposición.
Ademáis aproveitarán a viaxe a Santiago de Compostela para realizar unha ruta turística polo casco histórico da cidade.
Día: 25 de febreiro Organiza: Dpto. Lingua Galega Hora: 11:20-13:30 Lugar: Museo de Lugo Para: 4º ESO
Hai 4 rutas: a da pantasma, a da serpe, a do paxaro e a do trasno. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro "Contos do Museo", con textos de Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Paco Martín e Xosé Miranda. Ditos relatos son: Visita Nocturna, A serpe de pedra, Un paxaro posible e Un trasno do museo no Tour de Francia.
Xa no museo o alumnado deberá completar unha folla de ruta. Logo comprobaranse os resultados de cada unha das catro expedicións e repartiranse os agasallos correspondentes.
Recursos a empregar: materiais (libro, follas de ruta, bolígrafos, marcadores, ...) e didácticos (caderno do alumnado).
As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles ao alumnado a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan o alumno nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co/a profesor/a e outros compañeiros/as, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: DEMOSTRACIÓN DE APARATOLOXÍA ESTÉTICA E DE COSMÉTICOS.
Día: Organiza: Hora: Lugar: Para:
19 de febreiro Dpto. Imaxe persoal 11:30-14:00 Taller de Estética C.S.
O día 19 de febreiro, os/as alumnos/as do ciclo superior de estética asistirán a un cursillo de demostración de aparatoloxía e tratamentos cosméticos da casa comercial DIBI cosmetics, no que poderán coñecer de primeira man as distintas técnicas de vangarda e a aplicación dos distintos aparatos.
No ciclo que están a estudar dispoñen dun módulo Aparellos estéticos, as unidades de competencia que acredita son: Realizar a aplicación de técnicas de bronceamenteo artificial en condicións de seguridade e saúde e Aplicar técnicas electroestéticas integrándoas en tratamentos estéticos específicos.
De aí o interese que ten para a súa formación este tipo de actividades.