ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita ao MHN Luis Iglesias
Día: 24 de febreiro Organiza: Dpto. CCNN Hora: 08:50-17:00 Lugar: Museo MHN Para: 4º ESO (de Bioloxía) 2ºPEIEST e 2ºINFOFI 1º BAC (de Bioloxía)
Actividade programada polo departamento de Ciencias Naturais para o alumnado de BeX.
As instalacións do Museo de Historial Natural no parque de Vista Alegre dispoñen dun conxunto patrimonial que se remonta ao século XIX con pezas singulares de gran valor para o estudo e a divulgación da biodiversidade e o medio ambiente.
O alumnado realizará unha visita guiada que consta de dúas partes: 1- Recorrido polas salas expositivas con explicacións 2- Actividade didáctica, adaptada ao grupo, na que os participantes actúan como “científicos” realizando un traballo de investigación sobre un tema relacionado coa exposición.
Ademáis aproveitarán a viaxe a Santiago de Compostela para realizar unha ruta turística polo casco histórico da cidade.
Día: 25 de febreiro Organiza: Dpto. Lingua Galega Hora: 11:20-13:30 Lugar: Museo de Lugo Para: 4º ESO
Hai 4 rutas: a da pantasma, a da serpe, a do paxaro e a do trasno. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro "Contos do Museo", con textos de Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Paco Martín e Xosé Miranda. Ditos relatos son: Visita Nocturna, A serpe de pedra, Un paxaro posible e Un trasno do museo no Tour de Francia.
Xa no museo o alumnado deberá completar unha folla de ruta. Logo comprobaranse os resultados de cada unha das catro expedicións e repartiranse os agasallos correspondentes.
Recursos a empregar: materiais (libro, follas de ruta, bolígrafos, marcadores, ...) e didácticos (caderno do alumnado).
As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles ao alumnado a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan o alumno nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co/a profesor/a e outros compañeiros/as, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: DEMOSTRACIÓN DE APARATOLOXÍA ESTÉTICA E DE COSMÉTICOS.
Día: Organiza: Hora: Lugar: Para:
19 de febreiro Dpto. Imaxe persoal 11:30-14:00 Taller de Estética C.S.
O día 19 de febreiro, os/as alumnos/as do ciclo superior de estética asistirán a un cursillo de demostración de aparatoloxía e tratamentos cosméticos da casa comercial DIBI cosmetics, no que poderán coñecer de primeira man as distintas técnicas de vangarda e a aplicación dos distintos aparatos.
No ciclo que están a estudar dispoñen dun módulo Aparellos estéticos, as unidades de competencia que acredita son: Realizar a aplicación de técnicas de bronceamenteo artificial en condicións de seguridade e saúde e Aplicar técnicas electroestéticas integrándoas en tratamentos estéticos específicos.
De aí o interese que ten para a súa formación este tipo de actividades.
Día: 18 de febreiro Hora: 09:30-11:00 Lugar: Salón de Actos Para: 2XEAD, 2ADMFIN, 2PECOCA, 2ESINBE, 2SIMIRE, 2ADSINRE e 2DAM
Charla formativa, dentro do PROGRAMA EDUEMPRENDE-ACTÚA, dirixida ao alumnado de segundo curso de ciclos formativos (medios e superiores), para que poñan en valor o talento emprendedor como ferramenta para o seu desenvolvemento profesional.
Preténdese achegar a realidade emprendedora, contando para elo coa presenza de persoal técnico do IGAPE e dun emprendedor que falará ao alumnado da súa experiencia persoal. Na charla informarase de entidades que orientan, axudan e sirven de soporte para a canalización da iniciativa dos emprendedores.
O Igape é a Axencia de desenvolvemento de Galicia. Entre os seus principais obxectivos están os de fomentar a creación de novas empresas, promover a mellora da produtividade e competitividade das sociedades xa asentadas na Comunidade Autónoma, atraer investimentos foráneos e facilitar a internacionalización do tecido produtivo.
A emprendedora que intervirá na charla achegando a súa experiencia persoal e profesional é Dona Lorena De La Fuente Lago, da empresa LoreLay Estilistas.
Día: 15 de febreiro Hora: 17:10-18:00 (3º ESO/PMAR)
Día: 19 de febreiro Hora: 12:40-13:30 (2ºESO/ACC)
Lugar: Salón de Actos
Organiza: Dpto. Orientación
MENTALÍZATE é unha campaña de información e sensibilización dirixida aos adolescentes, para a promoción da saúde mental. Organizada por FEAFES Galicia, promove hábitos e estilos de vida saudables, como prevención da enfermidade mental; centrado no risco que supón o consumo de alcohol e cannabis.
A campaña MENTALÍZATE busca dar a coñecer información das enfermidades mentais, traballando posibles estigmas asociados ás mesmas.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA E CIDADE DA CULTURA
Día: 16 de febreiro Hora: 10:00 ás 20:00 Lugar: Santiago de Compostela Para: 1ºASIDIR, 1ºADMFIN e 2ºXEAD Organiza: Dpto. Administrativo
Alumnado de Ciclo Superior de Asistencia á Dirección, de 1º CS Administración e Finanzas e de 2º Ciclo Medio de Xestión Administrativa visitarán o Parlamento de Galicia. Tamén asistirán á Cidade da Cultura de Galicia, que se atopa no monte Gaiás, a escasos metros do Casco Histórico de Santiago de Compostela, cidade Patrimonio da Humanidade dende 1985. Un proxecto do século XXI para contribuír ao progreso de Galicia, así como facer máis visible a súa Cultura a nivel internacional. Terán a oportunidade de visitar a "Biblioteca de Galicia" e o "Arquivo de Galicia".
Días: do 15 ao 19 de febreiro Lugar: ROMA (ITALIA) Para: 4ºESO e 1ºBAC
PROGRAMA DA VIAXE DE ESTUDOS A ROMA - FEBREIRO 2016
Día 15 de Febreiro
09.00h Saída do autobús desde o instituto para traslado ata o aeroporto de Santander. 15.55h Saída do voo con destino a Roma 18.15h Chegada a Roma. Traslados dende o aeroporto de Ciampino ao hotel 3* Hotel Nizza (en Zona Termini)
Día 16 de Febreiro
Visita guiada: MUSEOS VATICANOS -CAPELA SIXTINA- ESTANCIAS DE RAFAEL (inclúe reserva, entradas, auriculares e guía- non inclúe traslado) Tarde libre para continuar cas visitas acompañados do profesorado. Posibilidade de visita libre ao Castelo de Sant’Angelo
Día 17 de Febreiro
Panorámica da cidade a pé con guía en Español: Roma Barroca. Paseo polas rúas do centro da cidade visitando as prazas, fontes, e os palacios máis famosos do arte Barroco. Dende a Praza de España espectacular Fontana di Trevi, á increíble arquitectura do Pantheon, e o animado ambiente da Praza Navona, coa Fonte dos Catro Ríos de Bernini. Tempo Libre para continuar cas visitas acompañados do profesorado.
Día 18 de Febreiro
Visita Guiada : Roma Antiga Visita do Coliseo, unha das máis grandes estruturas do antigo, un anfiteatro de pedra maciza con capacidade para 50-60.00 espectadores. A continuación visitarán os Foros Imperiais donde o guía lles falará sobre a mitoloxía, as celebracións populares dese tempo e dos deuses da Roma Antiga, que son reflexados no zodíaco e na astroloxía contemporánea. Dos Foros Imperiais pasarán a dar un paseo ata a colina do Palatino onde se pensa que Roma foi orixinada.
Día 19 de Febreiro
A hora prevista recollida no hotel para traslado ao aeroporto de Roma. Presentación no aeroporto. 13.00h Saída do voo con destino Santander 15.30h Chegada a Santander. Recollida polo bus para traslado a Lugo --:-- Chegada a Lugo e fin da viaxe.