ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - Antisemitismo: que é e por que?
Día: 20 de maio Hora: 11:50 ás 12:40 Para: 4º ESO e 1º BAC Lugar: Salón de Actos
Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. José Daniel Edelstein Glaubach (Profesor de Física Teórica, do Departamento de Física de Partículas).
Resumo: Nesta charla pretende achegar o seu gran de area na difícil tarefa de erradicar de Europa unha das patoloxías mentais endémicas máis severas e persistentes: o antisemitismo.
Pero, por que este científico que fixo posible que Stephen Hawking visitase Santiago dá esta charla no noso instituto?
Quizais porque os seus avós fuxiron do antisemitismo, desde Europa a Arxentina. E a el tamén lle tocou vivilo de cativo, tendo que marchar a Venezuela, pouco antes do golpe do xeneral Videla.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita aos centros ocupacionais de ASPNAIS
Día: 19 de maio Hora: 10:00-12:30 aprox. Para: 2º ESO A/B/ACC Lugar: Lugo
Con esta actividade preténdese sensibilizar ao alumnado, cunha finalidade: lograr unha sociedade xusta e solidaria.
Os Centros Ocupacionais desta asociación teñen como obxectivo proporcionar a habilitación laboral dos seus usuarios mediante programas adaptados segundo as características, necesidades e intereses de cada un. Para iso, mediante esta visita comprobarán como traballan estas persoas con discapacidade intelectual, para mellorar a súa calidade de vida e consolidar a súa integración na sociedade.
O alumnado de 2ºESO sairá do instituto ás 10:00h, para estar ás 10:30h no Centro Ocupacional de ASPNAIS Nº2 (Arieiras s/n · Pol. da Louzaneta). Logo desprazaranse até o Centro Ocupacional nº1 (Rampla de Claudio López nº 21). E, darase por finalizada a actividade sobre as 12:30 h, momento no que regresarán ao instituto.
Día: 11 de maio Hora: 10:30-13:30 aprox. Para: 2º ESO A/B/ACC Lugar: Cidade de Lugo Organiza: Dinamización Lingüística
CORRELINGUA é unha carreira en prol da nosa lingua, o galego. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende a participación da mocidade neste acto reivindicativo, do dereito a medrar no noso idioma.
Programa da actividade en Lugo
ITINERARIO:
Saída da Praza de Santa María – Chegada á Porta de Bispo Aguirre – Segue pola Ronda deica a entrada na Muralla pola porta do Campo Castelo – Paso pola Praza Maior – Crúzase de novo á Praza de Sta.María para subir á Muralla pola rampa da Porta de Santiago – Volta á Muralla – Chegada á Praza de Sta. María.
ACTUACIÓNS/ACTIVIDADES:
- Presentación Talía Teatro - Lectura do Manifesto. - Actuación grupo Cantalingua: Liviao de Marrao
Días: Varios Organiza: Dpto. Orientación Hora: Consultar horario Lugar: Na aula Para: 1º FP BÁSICA
O obxectivo xeral deste obradoiro, ofertado por Cruz Vermella, é previr os problemas de saúde relacionados coas condutas alimentarias en adolescentes. Como contidos específicos abordaranse os conceptos de alimentación equilibrada e os problemas da sociedade actual neste ámbito. Ademais, formarán ao alumnado na prevención de trastornos da conduta alimentaria e reflexionarán sobre a procura de alternativas aos actuais comportamentos alimentarios.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL
Días: Varios Organiza: Dpto. Orientación Hora: Consultar horario Lugar: Na aula Para: 2º ESO
O departamento de orientación realiza este obradoiro de educación afectivo-sexual para o alumnado de 2º da ESO, ofertado polo Concello de Lugo. Está dirixido aos rapaces co obxectivo de impulsar estilos de vida saudables e reforzar actitudes positivas fronte aos riscos para a saúde, trasladando aos mozos/as e dende os propios mozos/as información sobre determinadas temáticas de interese para este colectivo: a sexualidade, prevención de VIH/Sida, ITS (infeccións de transmisión sexual), embarazos non desexados, ... Estas actividades son de formación, divulgación e sensibilización, de carácter preventivo.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Visita á Escola de arte e superior de deseño Ramón Falcón
Día: 05 de maio Hora: 11:50-14:20 Para: 1º DAM Lugar: EASD-RF en Lugo
O alumnado de 1º D.A.M. (Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma) realizará esta visita para reunirse con alumnos e alumnas da EASD-RF e traballar nun proxecto conxunto.
Despois do éxito acadado noutras convocatorias, este curso repítese a colaboración destes alumnos/as, realizando eles/as o deseño gráfico dos proxectos do noso alumnado.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: KTORCE 18 Programa de prevención de condutas infractoras
Día: 25 de abril Hora: 16:20-18:00 Organiza: Dpto. Orientación Para: 2º ESO A, B e ACC FP Básica (1ºPEIEST e 1ºINFOFI) Lugar: Salón de actos
KTORCE 18 é un programa de prevención de condutas infractoras, posto en marcha pola Asociación ARELA e conta coa colaboración da Fundación Barrié.
Mediante unha charla divulgativa (de 100') informarán ao alumnado acerca da Lei 5/2000 (Lei do Menor), reguladora da responsabilidade penal dos menores. Cun claro obxectivo preventivo das condutas infractoras máis salientables nos adolescentes, e que tratan de explicar as consecuencias legais das mesmas, dende o punto de vista punitivo e como forma de mellorar a convivencia nas aulas; facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais, o maltrato familiar, … e en todos aqueles temas e situacións que viven de cerca os adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores nas mesmas.
Días: 22 e 23 de abril Para: 3ºESO - Alumnado de Relixión Organiza: Dpto. de Relixión
Esta actividade realízase conxuntamente con outros institutos da cidade e da provincia. O obxectivo é coñecer e apreciar a arte relixiosa, fomentando as relacións con alumnado doutros centros.
ITINERARIO:
venres, 22 de abril
08:00 h - sairá un dos autocares de Rábade e virá recoller ao alumnado do IES Muralla Romana de Lugo.
Chegada a Madrid para o xantar (libre), deixarán ao grupo no Madrid dos Austrias.
16:30 h - punto de encontro cos guías para visita a pé do Madrid dos Austrias. Finalizada a visita (duración estimada 3 horas e media), tempo libre no centro de Madrid.
21:30 h - traslado do grupo ao hotel HOTEL AVENIDA DE ESPAÑA 3*** Avda de España nº 18 28941 - Fuenlabrada.
sábado, 23 de abril
Almorzo no hotel.
10:00 h - traslado ao Parque Warner. Xantar incluído no Parque.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VIII CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA
Día: 22 de abril Organiza: Dpto. Tecnoloxía Hora: 08:30-14:20 Lugar: A Coruña Para: 4º ESO/PDC
Alumnado de 4ºESO participará no obradoiro "A maxia da robótica", VIII Concurso Galego de Robótica 2016, na Fundación Barrié de A Coruña. Organiza esta actividade a Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA), patrocinada por Educación Barrié.
O obxectivo do obradoiro é participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO. De maneira sinxela e divertida o alumnado participante familiarízase tanto cos robots como coa linguaxe da robótica.