Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Visita á Produtora da Fundación TIC e gravación dun informativo.

01/06/2016 11:15
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita á Produtora da Fundación TIC e gravación dun informativo.
 Día:         1 de xuño
Hora:       11:15 ás 13:45
Lugar:      Produtora Fundación TIC
Para:       4º ESO/PDC
(alumnado que cursa a materia TIC)

 

Xornada na que os alumnos e as alumnas de 4º de ESO visitarán a Produtora da Fundación TIC e realizarán a gravación dun informativo con noticias reais, TICodiario, e coñecerán de primeira man os ciclos de Realización e Produción que imparte a EIS (Escola de Imaxe e Son) de Lugo.

TICODIARIOS da Fundación TIC en Youtube  

 

Viaxe lúdico-cultural a Celanova

30/05/2016 09:50
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Viaxe cultural CELANOVA

Día:         30 de maio
Organiza:  EDNL e Dpto. Lingua Galega
Hora:       08:50-19:30
Lugar:      Celanova - Ourense
Para:        3º ESO-B sen PMAR

A Fundación Curros Enríquez acolle numerosos grupos de estudantes que se achegan a Celanova para visitar a Casa dos Poetas e para realizar algunha das actividades organizadas en torno aos escritores da vila. O programa “Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio” combina as visitas á Casa dos Poetas, ó Mosteiro de San Rosendo e a Vilanova dos Infante, cun percorrido urbano a través da poesía pola vila de Celanova.

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

Traxecto LUGO - CELANOVA – OUTARIZ -LUGO

Pola mañá: Vilanova dos Infantes, Casa dos Poetas e Mosteiro de San Rosendo.

Descanso para comida (que levarán da casa)

Pola tarde: Ourense, nas Termas de Outariz.

Chegada estimada a Lugo 19:30 h


Fotografías

Viaxe cultural: Ruta Pondaliana 2016

26/05/2016 08:50
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Viaxe cultural Costa da Morte

Día:         26 de maio
Organiza:  EDNL
Hora:       08:50-20:30
Lugar:      Ponteceso / Ézaro / Fisterra
Para:        II PMAR e 4º ESO sen PDC

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:  RUTA PONDALIANA, na Costa da Morte.

Ponteceso: Ofrenda floral e lectura de poemas.

Castro de Borneiro.

Cabana de Bergantiños: Dolmen de Dombate

Muxía: Descanso para comida (que levarán da casa) - Santuario Virxe da Barca, Pedra de Abalar.

Ézaro: Museo da Electricidade, Vista da Fervenza

Fisterra (faro)

Carnota (se hai luz, ver a Praia)

Mazaricos

Sigüeiro

Chegada estimada a Lugo 20:30 h


Fotografías

Acto de graduación

27/05/2016 18:00

Cartel da charla

ACTO DE GRADUACIÓN

Programa do Acto

FOTOGRAFÍAS DO ACTO

Charla temática da USC - Campus Santiago. Antisemitismo: que é e por que?

20/05/2016 11:50
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - Antisemitismo: que é e por que?
 Logo usc

Día:      20 de maio
Hora:    11:50 ás 12:40
Para:     4º ESO e 1º BAC
Lugar:   Salón de Actos

Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. José Daniel Edelstein Glaubach (Profesor de Física Teórica, do Departamento de Física de Partículas).

Resumo: Nesta charla pretende achegar o seu gran de area na difícil tarefa de erradicar de Europa unha das patoloxías mentais endémicas máis severas e persistentes: o antisemitismo.

Pero, por que este científico que fixo posible que Stephen Hawking visitase Santiago dá esta charla no noso instituto?

Quizais porque os seus avós fuxiron do antisemitismo, desde Europa a Arxentina. E a el tamén lle tocou vivilo de cativo, tendo que marchar a Venezuela, pouco antes do golpe do xeneral Videla.

 

 

Visita aos centros ocupacionais de ASPNAIS

19/05/2016 10:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita aos centros ocupacionais de ASPNAIS
 Día:         19 de maio 
Hora:       10:00-12:30 aprox.
Para:       2º ESO A/B/ACC
Lugar:      Lugo

Con esta actividade preténdese sensibilizar ao alumnado, cunha finalidade: lograr unha sociedade xusta e solidaria.

Os Centros Ocupacionais desta asociación teñen como obxectivo proporcionar a habilitación laboral dos seus usuarios mediante programas adaptados segundo as características, necesidades e intereses de cada un. Para iso, mediante esta visita comprobarán como traballan estas persoas con discapacidade intelectual, para mellorar a súa calidade de vida  e consolidar a súa integración na sociedade.

O alumnado de 2ºESO sairá do instituto ás 10:00h, para estar ás 10:30h no Centro Ocupacional de ASPNAIS Nº2 (Arieiras s/n · Pol. da Louzaneta). Logo desprazaranse até o Centro Ocupacional nº1 (Rampla de Claudio López nº 21). E, darase por finalizada a actividade sobre as 12:30 h, momento no que regresarán ao instituto. 

Máis información: www.aspnais.org Enlace a web externa

Correlingua 2016 - Lugo

11/05/2016 10:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CORRELINGUA 2016- LUGO
 Día:         11 de maio 
Hora:       10:30-13:30 aprox.
Para:       2º ESO A/B/ACC
Lugar:      Cidade de Lugo
Organiza: Dinamización Lingüística

CORRELINGUA é unha carreira en prol da nosa lingua, o galego. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende a participación da mocidade neste acto reivindicativo, do dereito a medrar no noso idioma.

Programa da actividade en Lugo

ITINERARIO:

Saída da Praza de Santa María – Chegada á Porta de Bispo Aguirre – Segue pola Ronda deica a entrada na Muralla pola porta do Campo Castelo – Paso pola Praza Maior – Crúzase de novo á Praza de Sta.María para subir á Muralla pola rampa da Porta de Santiago – Volta á Muralla – Chegada á Praza de Sta. María.

ACTUACIÓNS/ACTIVIDADES:

- Presentación Talía Teatro
- Lectura do Manifesto.  
- Actuación grupo Cantalingua: Liviao de Marrao

Máis información: www.correlingua.org Enlace a web externa

Obradoiro: Alimentación

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: ALIMENTACIÓN
 Cruz vermella

Días:        Varios
Organiza:  Dpto. Orientación
Hora:       Consultar horario
Lugar:      Na aula
Para:        1º FP BÁSICA

O obxectivo xeral deste obradoiro, ofertado por Cruz Vermella, é previr os problemas de saúde relacionados coas condutas alimentarias en adolescentes. Como contidos específicos abordaranse os conceptos de alimentación equilibrada e os problemas da sociedade actual neste ámbito. Ademais, formarán ao alumnado na prevención de trastornos da conduta alimentaria e reflexionarán sobre a procura de alternativas aos actuais comportamentos alimentarios.

HorarioHORARIO

 05 maio12 maio19 maio26 maio
13:30 a 14:201ºINFOFI 1ºINFOFI 1ºINFOFI1ºINFOFI 

 

 06 maio13 maio20 maio27 maio
11:50 a 12:401ºPEIEST 1ºPEIEST 1ºPEIEST

1ºPEIEST

Educación afectivo-sexual

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL
 Sexualidade segura

Días:        Varios
Organiza:  Dpto. Orientación
Hora:       Consultar horario
Lugar:      Na aula
Para:        2º ESO

O departamento de orientación realiza este obradoiro de educación afectivo-sexual para o alumnado de 2º da ESO, ofertado polo Concello de Lugo. Está dirixido aos rapaces co obxectivo de impulsar estilos de vida saudables e reforzar actitudes positivas fronte aos riscos para a saúde, trasladando aos mozos/as e dende os propios mozos/as información sobre determinadas temáticas de interese para este colectivo: a sexualidade, prevención de VIH/Sida, ITS (infeccións de transmisión sexual), embarazos non desexados, ... Estas actividades son de formación, divulgación e sensibilización, de carácter preventivo

HorarioHORARIO

 13 xan.20 xan.27 xan.03 feb.
13:30 a 14:202º ESO - B 2º ESO - B 2º ESO - B2º ESO - B 

 6 maio13 maio20 maio27 maio
12:40 a 13:302º ESO - A 2º ESO - A 2º ESO - A2º ESO - A 

Visita á Escola de arte e superior de deseño Ramón Falcón

05/05/2016 11:50
05/05/2016 14:20
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Visita á Escola de arte e superior de deseño Ramón Falcón
 

Día:         05 de maio
Hora:       11:50-14:20
Para:       1º DAM
Lugar:      EASD-RF en Lugo

O alumnado de 1º D.A.M. (Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma) realizará esta visita para reunirse con alumnos e alumnas da EASD-RF e traballar nun proxecto conxunto.
 
Despois do éxito acadado noutras convocatorias, este curso repítese a colaboración destes alumnos/as, realizando eles/as o deseño gráfico dos proxectos do noso alumnado.
Distribuir contido


by Dr. Radut