Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Obradoiros "O seguro está na aula" da Fundación Mapfre

20/12/2016 09:20
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Obradoiros “O seguro está na aula" da Fundación Mapfre

Día:       20 de decembro
Horas:    Consultar táboa
Lugar:    Salón de actos
Para:     1º e 2º da ESO

Obradoiros para mellorar a cultura financeira e de aforro nos estudantes.

A Fundación Mapfre invita ao noso instituto a participar na campaña “O seguro está na aula” ofrecéndonos a realización no noso centro de obradoiros totalmente gratuítos para alumnado de Educación Secundaria.

A campaña ten como obxectivos:

· Sensibilizar ao alumnado sobre a importancia do aforro e a previsión de futuro como medida de protección fronte aos riscos que poidan xurdir.

· Proporcionar ferramentas para converterse en cidadáns autónomos e informados.

O alumnado empregará materiais multimedia e Realidade Aumentada para a realización das distintas actividades.

Web cienciadivertida.es

 

Martes, 20 de decembro

09:20 a 10:20

1ºESO-A

10:20 a 11:20

1ºESO-B

11:50 a 12:50

2ºESO-A

12:50 a 13:50

2ºESO-B + 2ºPMAR

Conferencia - Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD)

20/12/2016 17:00
20/12/2016 17:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla - LEI ORGÁNICA DE PROTECCIÓN DE DATOS (LOPD)
 Día:         20 de decembro
Organiza:  Dpto. Informática
Hora:       17:00
Lugar:      Salón de Actos
Para:        2º ciclos infor. e modulares equivalentes; 2ºASIDIR

A charla vai ter como obxectivos:

- Concienciar aos alumnos, como usuarios, da importancia dos datos persoais e polo tanto do cumprimento da lei de protección de datos.
 
- Informar aos alumnos que van ir á FCT da importancia do cumprimento da LOPD nas empresas.
 
- Informar de aspectos prácticos no eido dos sistemas informáticos para o cumprimento da LOPD.
 
Correrá a cargo de D. Alberto Álvarez, da empresa Álvarez Real. Terá unha exposición introdutoria, pero pretende ser dinámica en base ás preguntas que vaia formulando o alumnado.

 

Ligazóns de interese

Web da empresa do ponente: http://www.alvarezreal.com/ Web J2Mconsultores

Web da Axencia Española de Protección de Datos

Video moi básico do que é a L.O.P.D.

Festival de Nadal

21/12/2016 00:00
Cartel do festival
Organiza alumnado de 2º C.S. de Asistencia á dirección

Sesión de cine: SICIXIA

19/12/2016 08:50
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA:  Sesión de cine - SICIXIA
 Día:         19 de decembro
Organiza:  Dpto. L. Galega e EDNL
Hora:        08:50-11:50
Lugar:      Cine de AS TERMAS
Para:        4º ESO, 1º BAC

Alumnos/as de 4º de ESO e os/as de Bacharelato asistirán á proxección da película "SICIXIA", nos cines das Termas.

Sinopse: Xiao (Monti Castiñeiras) é un enxeñeiro de son que percorre Galicia co fin de captar a esencia da súa terra e a súa xente. Así coñece a Olalla (Marta Lado), que traballa na colleita de algas da Costa da Morte. Ambientada en Galicia e as súas impresionantes paisaxes, a película mergulla ao espectador nunha especie de soño magnético no que os protagonistas son heroes anónimos, o mar é un lugar de combate e Bach abre cos seus violíns o camiño cara a unha complexa historia de amor.

Club de lectura 2016-2017 - Nivel II: Lectura "MAUS"

Portada do libro

MAUS. Art Spiegelman

Sinopse:

"Maus é a biografía de Vladek Spiegelman, un xudeu polaco sobrevivente dos campos de exterminio nazis, contada a través do seu fillo Art, un debuxante de cómics que quere deixar memoria da aterradora persecución que sufriron millóns de persoas na Europa sometida por Hitler e das consecuencias deste sufrimento na vida cotiá das xeracións posteriores. Apartándose das formas de literatura creadas até a publicación de Maus, Art Spiegelman aproxímase ao tema do Holocausto dun modo absolutamente renovador, e para iso relata a experiencia da súa propia familia en forma de memoria gráfica, utilizando todos os recursos estilísticos e narrativos tradicionais deste xénero e, á vez, inventando outros novos. A radicalidade narrativa de esta obra marcou un antes e un despois no universo da novela gráfica, e por iso Maus obtivo o primeiro e único premio Pulitzer outorgado a un cómic."

Fonte da información: http://www.casadellibro.com/ Enlace a web externa

Máis información: Wikipedia Enlace a web externa

Enquisa Nacional sobre o Uso de Drogas en Ensinanzas Secundarias en España

16/12/2016 10:30

 

O día 16 de decembro ás 10:30 h o alumnado de 1º BAC e ás 11:20 h os de 2ºBAC relizarán unha enquisa sobre "O Uso de Drogas en Ensinanzas Secundarias en España" (ESTUDES), estudo realizado desde a Delegación do Goberno de España para o Plan Nacional sobre Drogas.

 

Charlas informativas e sesións lúdico-educativas “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”

09/12/2016 08:50
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charlas informativas e sesións lúdico-educativas “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”

Día:       09 de decembro
Horas:    Consultar táboa
Lugar:    Laboratorio de CCNN
Para:     1º e 2º da ESO

A Campaña de Concienciación e Educación Ambiental sobre Residuos Domésticos “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama, contando coa colaboración e apoio de Ecoembes, Ecovidrio, Ecopilas, Ecolec, ERP, Ecotic, Ecoraee, Ecoasimelec, Ecofimática, Tragamóvil, Ambilamp e Ecolum, contempla a realización dunha xornada educativa e didáctica dirixida ao alumnado.

A través de contidos e actividades adaptadas búscase conseguir unha maior implicación e colaboración da cidadanía – neste caso, do alumnado e profesorado- no proceso de reciclado de residuos, co ánimo de mellorar os resultados de recollida selectiva en Galicia e reducir o volume de impropios.

De forma amena e didáctica impartirase nesta actividade os valores asociados á regla dos 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Así, os alumnos trasladarán aos seus fogares a importancia de levar a cabo un consumo responsable así como unhas boas prácticas medioambientais.

Web oportunidadesparareciclar.gal

 

Venres, 9 de decembro

08:50 a 09:40

2ºESO-B

09:40 a 10:30

1ºESO-A

10:30 a 11:20

1ºESO-B

11:50 a 12:40

2ºESO-A

Visita á Deputación de Lugo: Servizos de comunicación, Protocolo e Novas tecnoloxías

02/12/2016 12:15
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita á Deputación de Lugo
 Web da Deputación de LugoDía:        02 de decembro
Hora:      12:15 ás 14:20
Lugar:     Deputación de Lugo
Organiza: Dpto. Administración

Os/as alumnos/as, de 2º curso do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección, que cursan o módulo Protocolo empresarial, realizarán unha visita polas instalacións do edificio da Deputación e coñecerán de primeira man o funcionamento do Servizo de Protocolo desta institución.

"O Servizo de Protocolo, adscrito á Presidencia e con ámbito xeral para toda a Deputación, centra a súa actuación na preparación, organización e execución de todos os actos e actividades desenvolvidas por todos os órganos de goberno, áreas delegadas e organismos dependentes do conxunto da institución.

Este departamento, encargado de realizar o seguemento do Reglamento de Honras e Distincións e da imaxe corporativa, ocúpase tamén da elaboración de ficheiros de distincións institucionais e da selección de agasallos promocionais.

Así mesmo, este Servizo xestiona a tramitación de expedientes administrativos, catalogación e arquivo de material relativo ao ámbito de protocolo e imparte cursos e participa en encontros académicos a través dun plan deformación en colaboración con institucións de ámbitos nacional, rexional ou local.

Adscrito a este Servizo está o Negociado do Boletín Oficial da Provincia."

Fonte da información: Web da Deputación 

Visita á Deputación de Lugo

Charla-Exposición Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

24/11/2016 01:22
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla informativa.

Día:       24 de novembro
Horas:    11:50 ás 12:40h
Lugar:    Salón de Actos
Para:     1º e 2º da ESO

Charla informativa da exposición itinerante sobre AS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES E MONTES DE CERVANTES, NAVIA E BECERREÁ

 

Distribuir contido


by Dr. Radut