Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

Viaxe a Sevilla - EXPO BELEZA Andalucía 2017

08/02/2017 10:00
15/02/2017 15:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: EXPO BELLEZA ANDALUCÍA 2017
 Día:        Do 10 ao 15 de febreiro
Lugar:     Sevilla
Para:       2º PECOCA
Organiza: Dpto. Imaxe Persoal

Alumnado de segundo do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar desprazarase a Sevilla coa profesora Rosa Ana, para disfrutar desta feira de beleza, saúde e benestar. A viaxe e participación a esta actividade está organizada polas alumnas e a súa profesora; proposta incluída no PXA nas actividades do Departamento de Imaxe Persoal do IES Muralla Romana.

Programa da actividade

Venres, 10 de febreiro

10:00 h Saída en autobús desde diante do Instituto, para ir ao aeroporto

13:30 h Saída en avión desde o aeroporto de Santiago de Compostela (Referencia: FR3042)

14:55 h Chegada a Sevilla

Pola tarde, visitas a: Catedral de Sevilla – Giralda / Praza de España e Real Alcázar de Sevilla

Sábado, Domingo e Luns (11, 12 e 13 de febreiro)

Feira (Palacio de Congresos e Exposicións de Sevilla)

Martes, 14 de febreiro

Pola mañá: Torre del Oro / Parque de Mª Luisa / Río Guadalquivir / Teatro Lope de Vega

Tarde : LIBRE

Mércores, 15 de febreiro

11:35 h Saída en avión desde o aeroporto de SEVILLA (Referencia: FR3041)

13:05 h Chegada a Santiago de Compostela e regreso en autobús a Lugo

Custo sufragado polo alumnado, segundo tarifa e condicións establecidas polos organizadores da actividade; aceptando co abono do mesmo as condicións por eles fixadas.


Aloxamento en : Apartamentos Quintero

ENCONTROS NA ZONA USC 2017 - CAMPUS DE SANTIAGO

07/02/2017 08:40
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: ENCONTROS NO CAMPUS DE SANTIAGO
 

Día:        07 de febreiro
Hora:      08:40 ás 15:00
Para:       1º e 2º BAC 

Ás 08:40 h sairase en autobús desde o centro

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

SAÍDA DA RESIDENCIA BURGO DAS NACIÓNS ÁS 10:30  (CAMPUS NORTE)

PERCORRIDOS
1: Filoloxía e Ciencias da Comunicación
2: Ciencias Económicas e Empresariais
3: Ciencias da Educación (Mestres) e  Traballo Social
4: Medicina-Odontoloxía e Enfermería * de 11a 12  Medicina-Odontoloxía de 12-13 Enfermería
5: Xeografía e Historia e Filosofía

SAÍDA DA RESIDENCIA MONTE DA CONDESA ÁS 10:30  (CAMPUS VIDA)

PERCORRIDOS
6: Dereito, Relacións Laborais e Ciencias Políticas e Sociais  
7: Química e   Enxeñaría Química
8: Bioloxía e Farmacia
9: Enxeñaría Informática e Matemáticas
10: Física e Matemáticas
11: Enxeñaría Informática e Física
12: Química e Física
13: Óptica e Optometría
14: Psicoloxía e Ciencias da Educación

O persoal da USC farase cargo de recibir nos puntos de encontro, aos estudantes participantes e acompañalos nos distintos percorridos. O profesorado acompañante do instituto só irá con eles ata o punto de encontro, para deixalos ao inicio e recollelos ao finalizar o percorrido (tempo estimado do mesmo 2 horas e media).

A hora de retorno está condicionada á finalización dos distintos percorridos, aconséllase levar un bocadillo e un refresco/auga para tomar antes de regresar a Lugo. Hora estimada de chegada ao instituto, ás 15:00 h aproximadamente.

Charla de Manos Unidas

05/02/2017 21:11
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA DE MANOS UNIDAS
 Campaña contra a fame de Mans Unidas


Día:       06 de febreiro
Hora:     12:40 a 13:30
Para:      4ºESO e 1ºBAC
Lugar:   Salón de Actos

A charla correrá a cargo dun misioneiro que compartirá o seu traballo de loita contra a fame; contará o seu labor e a súa experiencia persoal. Aclarar que non é unha charla de temática relixiosa, senón do traballo que fan os cooperantes, etc...

Abordarán o tema das diferenzas entre os chamados primeiro e terceiro mundo, mostrando os contrastes que existen entre ambos os dous. Mentres que no mundo occidental se teñen recursos máis que suficientes para o desenvolvemento, malgastándoos en bastantes casos, no outro mundo carecen do máis mínimo para satisfacer as súas necesidades vitais: comida, auga, educación...

MICROTEATRO dentro da XVII Mostra de Teatro Clásico

02/02/2017 13:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XVII Mostra de Teatro Clásico de Lugo. 2017
 

Día:
Hora:
Lugar:
Para:

2 de febreiro
13:00 - 13:30 h
Salón de Actos
1ºESO e 2ºESO

Desde o departamento de Cultura do Concello de Lugo ofrécennos esta actividade, na que dous integrantes do grupo lucense LUCECÚS TEATRO virán ao noso instituto, para facer esta intervención teatral a modo introdutorio da XVII Mostra de Teatro Clásico de Lugo.

LUCECÚS TEATRO

  • Dirección: Rubén Pérez Pombo
  • Intérpretes: Isa Herrero, Anxo Manoel

A MOSTRA: UN CLÁSICO ENTRE OS CLÁSICOS

Un xeito divertido de achegarse ao que nos ofrecerá a XVII Mostra de Teatro Clásico de Lugo. Déixate sorprender polos clásicos!

Laurencia é unha profesora de literatura agrisada que se toma moi en serio o seu traballo. Venancio é un actor tropical desexando xubilarse para viaxar polo mundo enteiro. Os dous tentarán conxuntamente explicar en qué consiste o teatro clásico e as súas cores. Unha lección curiosa e divertida que pretende facer un percorrido polas pezas teatrais programadas na Mostra de Teatro Clásico da nosa cidade adaptado para todos os públicos. 

Duración: 30 minutos


Información da Mostra Enlace externo



 

ROYAL FLUSH. CANTERBURY TALES - TEENS

03/02/2017 11:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XVII Mostra de Teatro Clásico de Lugo. 2017
 

Día:
Hora:
Lugar:
Para:

3 de febreiro
12:00 h (*)
Auditorio
2ºESO, 3ºESO e 4ºESO

(*) Desprazaranse camiñando ata o auditorio (sairán ás 11:20 h).

ROYAL FLUSH. Canterbury Tales de Geoffrey Chaucer(100 % en inglés).

PARLON FILMS / CUP OF THEATRE - Dirección: Rebeca Cobos
Lydia Robinson, Stephanie Prior, Connor Arnold, Matt James

Adaptación do clásico da literatura británica Canterbury Tales e xiran en torno ao RESPECTO: confianza, respectar para ser respectado / amizade, a avaricia rompe o código de respecto entre os amigos / muller, respecto aos seus desexos.

  • “The Shipman’s Tale” DRAMA
  • “The Pardoner’s Tale” THRILLER
  • “The Wife of Bath Tale” COMEDIA

Duración: 65 minutos


Fonte da información Enlace externo Web do concello - Programa para a XVII Mostra de Teatro Clásico.



 

Obradoiro "O sabor da aventura está no mar"

25/01/2017 10:20
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
 Cartel: Proximamente neste centro...


Día:       25 de xaneiro
Para:      1ºESO (de 10:20 a 11:20h) 
Para:      2ºESO (de 11:50 a 12:50 h)
Lugar: IES Muralla Romana (Salón de actos)

É unha modalidade do programa "Aliméntate ben" (Plan Proxecta).

Trátase dunha iniciativa deseñada pola Consellería do Mar para transmitir aos rapaces e rapazas a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo.

O programa artéllase arredor de dúas actividades:

1) Realización de obradoiros (mércores, 25 de xaneiro)
Para chegar aos estudantes deseñaron de xeito lúdico un obradoiro educativo, que os motive no consumo de produtos do mar, que fomente o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece. A empresa de Marexada. Deporte, Lecer e Cultura S.L. é a encargada de realizar nos centros estes obradoiros.

Este curso, no noso centro, faranse dous obradoiros para cubrir aos 70 alumnos e alumnas inscritos.
En canto á temática:
- verán un vídeo promocional de "O sabor da aventura está no mar"
- recibirán a explicación do xogo educativo a realizar: coa axuda das novas tecnoloxías buscarán información sobre a temática do mar: a pesca, os diferentes peixes e as súas propiedades, formas de comelos e falarán do coidado do mar.
Entre todos farán unha posta en común xeral da información obtida, agasallando con premios para os que mellor a presenten.

2) Realización de excursión a unha localidade costeira (prevista para o 31 de marzo - sen determinar grupos - 50 estudantes)

O alumnado participante nesta excursión realizará visitas didácticas nas que terá a oportunidade de captar cos cinco sentidos a singularidade e as características do traballo dos colectivos de profesionais do mar, o recoñecemento da calidade dos produtos que capturan, así como as súas propiedades nutritivas, o seu sabor e textura nos menús.
Trátase de que o alumnado participante constrúa a súa propia aprendizaxe en relación coa pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura, integrando coñecementos sobre a extracción sostible e venda dos distintos produtos, sobre aspectos nutricionais e gastronómicos, e aspectos da cultura mariñeira a través dos diferentes recursos patrimoniais existentes nas localidades litorais visitadas.
A excursión terá unha duración dunha xornada de mañá e contémplanse as seguintes actividades:

a. Traslado en autobús a unha localidade costeira
b. Visita á lonxa ou o porto
c. Cátering de produtos do mar
d. Visita complementaria: mostrará os distintos procesos acuícolas e a cultura mariñeira a través da oferta etnográfica e paisaxística de cada localidade

Fonte da información: na convocatoria e en www.ardoraonline.com

Ligazón a contidos: www.osabordaaventruaestanomar.com

Asistencia ao teatro "Historia de una escalera"

19/01/2017 11:00
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Asistencia ao teatro "Historia de una escalera" 
 

Día:          19 de xaneiro
Organiza:  Dpto. Lengua Castellana
Hora:        11:00-13:00
Lugar:       Auditorio Gustavo Freire
Para:         4ºESO, 1º e 2º de Bacharelato

O alumnado de 4ºESO e de Bacharelato asistirá á adaptación da obra Historia de una escalera, de Antonio Buero Vallejo.

Unha xoia da literatura contemporánea. Nesta obra Buero Vallejo retrata con mestría a sociedade da España de posguerra a través das vidas de persoas comúns, emocionando ao público coas súas idas e vindas. Unha peza imprescindible do xénero teatral do século XX.

Mediante este espectáculo o alumnado terá a oportunidade de poder apreciar e descobrir esta xoia do noso patrimonio literario.

Máis información:

Web de recursosweb.com Enlace externo FAI TEATRING!

Obradoiros "Habilidades na resolución de conflitos" - 3ºESO

STOP violencia escolarObradoiro "Resolución de conflitos"

Os alumnos e as alumnas de 3ºESO participarán nuns talleres de prevención de condutas violentas e resolución de conflitos; ofertados pola Concello de Lugo - Previlugo xuventude.

Este tipo de obradoiros mediante unha metodoloxía dinámica e participativa trata de realizar un labor, que consideramos de grande importancia, para a promoción de actitudes positivas.

Obxectivos:

- Aprender a defender os propios dereitos e opinións.

- Coñecer e distinguir termos como empatía, asertividade e escoita activa.

- Distinguir os diferentes estilos de comunicación e recoñecer o seu propio estilo. 

 Venres, 13 xan Venres, 20 xan Venres,
27 xan
 Venres,
03 feb
11:50 a 12:403ºESO A e B 3ºESO A e B 3ºESO A e B 3ºESO A e B
 Luns, 09 xan Luns, 16 xan Luns,
23 xan
 Luns, 
30 xan
12:40 a 13:303ºPMAR 3ºPMAR 3ºPMAR 3ºPMAR

Obradoiros "Técnicas de estudo" - 1ºESO e 1ºFP Básica

 
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Obradoiro - TÉCNICAS DE ESTUDO.
 Datas:     Xaneiro- Febreiro
Hora:      Consultar táboa
Lugar:     Na Aula
Para:       1ºFP Básica- 1ºESO
Organiza: Dpto. Orientación
Obradoiro ofertado polo Concello de Lugo e organizado polo Departamento de Orientación,  dirixido ao alumnado de FP Básica e 1º ESO.
 
Obxectivos:
- Planificar adecuadamente o tempo de estudo.
- Adquirir pautas para elaborar: resumos, esquemas, mapas conceptuais...
- Coñecer técnicas coas que exercitar e aumentar a súa capacidade de atención, concentración e memoria.
 
  Así, seguindo unhas poucas pautas, mellorarán os resultados académicos.

 

 Venres, 13 xan. Venres, 20 xan. Venres, 27 xan. Venres, 03 feb
09:40 a 10:301º PEIEST 1º PEIEST 1º PEIEST 1º PEIEST
 Venres, 13 xan. Venres, 20 xan. Venres, 27 xan. Venres, 03 feb
11:50 a 12:401º INFOFI 1º INFOFI 1º INFOFI 1º INFOFI
 Luns, 09  xan. Luns, 16 xan. Luns, 23 xan. Luns,
30 xan.
17:10 a 18:001º ESO-B 1º ESO-B 1º ESO-B 1º ESO-B
 Luns, 09  xan. Luns, 16 xan. Luns, 23 xan. Luns,
30 xan.
11:50 a 12:401º ESO-A 1º ESO-A 1º ESO-A 1º ESO-A

Obradoiros "Educación Afectivo-sexual" - 2ºESO

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL
 Sexualidade segura

Días:        Varios
Organiza:  Dpto. Orientación
Hora:       Consultar horario
Lugar:      Na aula
Para:        2º ESO

O departamento de orientación realiza este obradoiro de educación afectivo-sexual para o alumnado de 2º da ESO, ofertado polo Concello de Lugo. Está dirixido aos rapaces co obxectivo de impulsar estilos de vida saudables e reforzar actitudes positivas fronte aos riscos para a saúde, trasladando aos mozos/as e dende os propios mozos/as información sobre determinadas temáticas de interese para este colectivo.

Obxectivos:

- Coñecer a anatomía fisiolóxica e a diversidade sexual natural das persoas.

- Identificar as diferentes ETS e o xeito de previlas.

- Aprender a apreciar e respectar plenamente a diversidade sexual humana. 

HorarioHORARIO

 12 xan.19 xan.26 xan.02 feb.
09:40 a 10:202º ESO - A 2º ESO - A 2º ESO - A2º ESO - A 

 13 xan.20 xan.27 xan.03 feb.
13:30 a 14:202º ESO - B 2º ESO - B 2º ESO - B2º ESO - B 

 10 xan.17 xan.24 xan.31 xan.
13:30 a 14:202º PMAR 2º PMAR 2º PMAR2º PMAR 
Distribuir contido


by Dr. Radut