Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

NAVEGA CON RUMBO

Charla Navega con Rumbo

O mércores día 24 de abril, o alumnado de 1º da ESO asistiu á charla NAVEGA CON RUMBO. Impartida por Alberto Luengo, do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia). O obxectivo desta interesante  charla foi orientar ao alumnado cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos derivados do uso da tecnoloxía. 

Máis información: https://navegaconrumbo.cpeig.gal/

EDUCACIÓN AMBIENTAL

O día 17 de abril, Paula Fernández (Bióloga ambiental da UNED de Lugo) e Ana Traseira (directora da UNED de Lugo) levaron a cabo unha exposición sobre a crise climática, dirixida ó alumnado de 4º ESO e 1º BACH. Nela destacaron, en primeiro lugar, a relevancia da UNED e, en particular, a súa participación en proxectos ambientais.

Xa na segunda parte da conferencia relataron os diversos retos ambientais ós que nos enfrontamos como sociedade. Falaron sobre os combustibles fósiles, o CO2 e o aumento da temperatura no planeta (o cambio climático), así como as consecuencias que este cambio climático pode chegar a xerar, para finalizar informaron sobre algunhas das medidas que, individualmente ou a través de colectivos, se poden tomar para minimizar as consecuencias do impacto medioambiental.

EXCURSIÓN 4º ESO-1º BACH: TARRAGONA-BARCELONA-PIRENEO

O alumnado de 4º de ESO e 1º BACH acaba de regresar dunha inesquecible e aventureira excursión: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmurallaromana/galeria/thumbnails.php?album=lastup&cat=16

GRADUACIÓN DOS CICLOS PROFESIONAIS: PROMOCIÓN 22-24

O venres 15 de marzo asistimos á graduación dalgúns dos ciclos profesionais do noso instituto. Parabéns a todas e todos!

*Para ver máis

GRADUACIÓNS CICLOS PROMOCIÓN 22-24

O venres 15 de marzo puidemos asistir ó acto de graduación dalgúns dos ciclos profesionais do noso instituto. Parabéns a todas e todos !

Participación do IES Muralla Romana no concurso PARLAMENTO XOVE

O sábado 9 de marzo a participación dos alumnos de 4º de ESO, do IES Muralla Romana, Carme Casanova, Antía Núñez, Pablo Dorado e David Pereira, na fase clasificatoria do concurso de debate do Parlamento Xove foi todo un éxito, co tema: "Os estados deben tomar medidas para o control da intelixencia artificial?" acadando un 3º posto en dita fase, na categoría de ESO do Parlamento Xove 2024, celebrada en O Carballiño (Ourense)

Parabéns ós participantes no concurso e ó seu coordinador, o profesor Xulio González Teijeiro!

 **Achegamos as ligazóns da fase clasificatoria en  streaming:

  SALA A: https://www.youtube.com/live/MspWTR73BhM?si=VNJEk_9SH5SMUzDT
  SALA B: https://www.youtube.com/live/U1Bme7_GTWI?si=ZOaARxigRBpHHTIr
  SALA C: https://www.youtube.com/live/IHFk6m1wlnc?si=DJWnP4tAeVFzI_Y8

FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO

O alumnado de latín asistiu, o pasado 28 de febreiro,  a unha nova edición do Festival Grecolatino, no que se representou a comedia "Anfitrión" de Plauto, a cargo do Grupo Noite Bohemia.

IMAXE PERSOAL: XESTIÓN, PUBLICIDADE E CARACTERIZACIÓN

Coa colaboración da aula de emprendemento, o alumnado dos ciclos de Imaxe Persoal participaron nunha charla na que se lles transmitiu a importancia de saber xestionar, nun futuro, o seu centro de traballo de forma eficiente: horarios, xestión de prezos e promocións, diagnóstico e atención ao cliente, provedores...

Outra das actividades programadas foi o taller  impartido pola figurinista Aránzazu Domínguez co alumnado de 1º de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa, consistente nunha clase práctica sobre a utilización de vestiario para a  caracterización de personaxes e a súa utilidade, ademais da importancia de saber seleccionar o vestiario  máis axeitado para cada cliente.

O NOSO ENTROIDO

O mércores día 7 de febreiro Xosé Manuel Seixas realizou unha exposición e charla das máscaras de Entroido que elabora el mesmo. Este artesán de vocación, realiza máscaras en diferentes materiais como coiro, madeira, cartón, costura, la, papel ou metal, despois de investigar sobre cada Entroido, indo aos lugares de celebración e obtendo información de artesáns das diferentes zonas. Cada ano forma parte do Entroido de Santiago de Arriba en Chantada vestindo traxes cerimoniais como o Meco, o Volante, o Maragoto e, ademais, ten vestido outros traxes como o do Felo en Maceda.

Xosé Manuel tamén nos falou do proceso de elaboración de máscaras de Entroidos fóra de Galicia como o de Sardeña, en Italia.

ENTROIDO: CÓMIC & MANGA

Distribuir contido


by Dr. Radut