Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

CONCURSO: BÓTALLE UNHA MAN AO NOSO PLANETA. SEPARA O LIXO CON XEITO!!!

 

BÓTALLE UNHA MAN AO NOSO PLANETA. SEPARA O LIXO CON XEITO!!!


Cartel do concursoCONCURSO:
Deseñamos a identificación dos contedores de lixo do centro.

OBXECTIVOS:
- Sensibilizar e concienciar á comunidade educativa sobre a correcta selección do lixo e do uso dos contedores do centro.
- Fomentar unha cultura e práctica de hábitos saudables que non contaminen o medio ambiente.
- Concienciar á comunidade educativa sobre o valor dos residuos.
- Desenvolver diferentes actividades que poñan en práctica a regra das 3R: reducir, reutilizar e reciclar.

TEMÁTICA:
O concurso: BÓTALLE UNHA MAN AO NOSO PLANETA. SEPARA O LIXO CON XEITO!!! ten como finalidade concienciar a toda a comunidade educativa á hora de seleccionar os residuos xerados por nós. Comezando polo que está máis próximo, educarémonos para facelo alá por onde vaiamos.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN: Os e as participantes terán que deseñar unha imaxe que identifique o lixo que recolle cada contedor:
  • Amarelo
  • Azul
  • Verde
- A imaxe debe presentarse en formato A4 con técnica libre e debe ser orixinal e inédita.

DESTINATARIOS/ AS:
  • Alumnado de 1ºESO: deseñarán a imaxe para identificar contedor azul.
  • Alumando de 2ºESO: deseñarán a imaxe para identificar contedor amarelo.
  • Alumnado de 3ºESO: deseñarán a imaxe para identificar contedor verde.
PRAZO
Dende o 18 de novembro ata 16 de decembro de 2019.

EXPOSICIÓN E GAÑADORES/AS
Cos traballos presentados a concurso realizarase unha exposición no centro e o xurado valorará e elixirá os tres que mellor reflictan o obxectivo deste concurso.

XURADO
Estará formado polos membros do grupo de biblioteca, un representante do equipo directivo e un membro do persoal non docente.

PREMIOS
Haberá tres primeiros premios, xa que serán elixidos os mellores deseños para cada contedor. Impresión dos deseños gañadores para colocar en cada contedor.
VALE LIBRARÍA para os/as autores/ as

[CARTEL DO CONCURSO]
Cartel creado con Canva

Asistimos ao IX Maratón de cine do club de lectura, "Argalleir@s das letras"

28/11/2019 17:20
29/11/2019 08:40

O xoves 28 de novembro os compoñentes do club de lectura do centro, "Lecturas e andanzas I, II", compartirán unha velada de cine no IES Castro da Uz ( As Pontes) xunto aos seus e súas compañeiros e compañeiras do club de lectura, "Argalleir@s das letras". 

DÍA: 28 de novembro

LUGAR de destino: As Pontes de García Rodríguez. 

Saída do centro: 17, 20h 

Regreso ao centro: día 29 de novembro ás 08,40h 

Alumnado implicado: compoñentes do club de lectura que desexen asistir. 

Se pinchades aquí teredes información sobre as películas que veremos. 

Vai unha pequena mostra dese día. Pronto teredes máis información no blog do club de lectura.

   

Saída á Aula da Natureza ( Chelo), Betanzos e Parque do Pasatempo - APRAZADA!!!

22/11/2019 08:50
22/11/2019 18:00

Co fin de achegarlle ao alumnado os valores naturais dos cursos fluviais e outros segredos que agocha a natureza, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza a seguinte actividade. 

VISITA Á áula da natureza ( Chelo), Betanzos e ao Parque do Pasatempo.

CURSOS: 1º A e 1º B

DÍA: 22 de novembro APRAZADA ata novo aviso

HORARIO:  saída do centro ás 08,50h e regreso a este ás 18,00h. 

( Se os fenómenos meteorolóxicos son adversos, esta actividade adiarase para o venres 29) 

 

Taller de maquillaxe - Samaín 2019

As alumnas de 1º do Ciclo de Estética e Benestar do IES Muralla Romana estiveron a celebrar o Samaín nos talleres de Maquillaxe.

Grazas á creatividade que demostran e a fantástica selección de bosquexos, recrearon terroríficas maquillaxes que amosan as súas dotes como futuras profesionais, inclusive no mundo da caracterización.

 

Taller maquillaxe - Samaín 2019

[Álbum fotográfico]

Curso de corte e barbeado

02/12/2019 09:30
02/12/2019 12:30

Curso de corte de cabelo e barbeado. 

ORGANIZA: departamento Imaxe Persoal

ALUMNADO: 1º,2º PECOCA

HORARIO: 9,30h- 12,30h

LUGAR: aulas específicas da materia. 

Visita ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

02/12/2019 09:00
02/12/2019 11:50

Visita ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo. 

ORGANIZA: departamento Administración e Xestión

ALUMNADO: 2º ASIDIR

HORARIO: 09,00h- 11,50h

Visita ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo

 

Curso de maquillaxe.

27/11/2019 16:20
27/11/2019 20:30

Curso de maquillaxe. 

ORGANIZA: departamento de Imaxe Persoal 

ALUMNADO: 1º e 2º ESBE. 

HORARIO: 16,20H- 20,30H. 

LUGAR:  aulas específicas da materia.

  

 

Rutas literarias polo Museo de Lugo

21/11/2019 12:25
21/11/2019 13:45

RUTAS LITERARIAS POLO MUSEO DE LUGO 

ORGANIZA: departamento de Lingua e Literatura galega

ALUMNADO: 4ºESO B

HORARIO: 12,25h- 13,45h

OBXECTIVOS: achegar o alumnado a diferentes artes dun xeito lúdico. 

O alumnado de 4ºESOB reflicte que o obxectivo conseguiuse. 

  

Esta actividade realizarase o día 12 de decembro co alumnado de 4ºESOA. 

Curso de colocación e demostración de uñas esculpidas.

20/11/2019 16:20
20/11/2019 20:30

Curso de colocación e desmostración de uñas esculpidas. 

ORGANIZA: departamento de Imaxe Persoal 

ALUMNADO: 1º e 2º ESBE. 

HORARIO: 16,20H- 20,30H. 

LUGAR:  aulas específicas da materia.  

   

 

VISITA AO RECINTO EXPOURENSE. EXPORTOUR TURISMO ACTIVO

15/11/2019 09:00
15/11/2019 18:00

Visita ao recinto EXPOURENSE. 

ORGANIZA: departamento de Administración e Xestión 

ALUMNADO: 2º ASIADIR

HORARIO: saída do centro ás 9,00h e regreso de Ourense ás 18,00h.

FINALIDADE: comprender in situ os aspectos máis relevantes da organización de eventos empresariais. 

  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut