Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

CHARLA PARA FAMILIAS: Prevención de adiccións tecnolóxicas e comportamentais

CHARLA: PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS TECNOLÓXICAS E COMPORTAMENTAIS

Dirixida a pais, nais, titores e titoras legais do alumnado da ESO.

Obxectivo: Informar e sensibilizar ás familias sobre o papel educador de cara á prevención de adiccións tecnolóxicas.

  • Lugar: Salón de Actos (IES Muralla Romana)
  • Día: Mércores, 22 de maio de 2024
  • Hora: 19:00 h

Ofrecida a través do programa +XTI (Concello de Lugo)

CORRELINGUA 24: "Dende aquí até acolá, galego xa!"

O mércores 8 de maio os grupos de 2º ESO do noso instituto desprazámonos á Praza de Santa María, punto de saída e meta do Correlingua. Os preparativos comezaron dúas semanas antes. Na clase de ,con Maite, pegamos as letras en vinilo e nos recreos traballamos arreo para decorala.

Percorremos a Muralla reclamando mil primaveras máis para a nosa lingua xunto con outros centros da provincia. Mely e Aitana de 2º ESO C leron parte do manifesto que axudamos a redactar nun obradoiro coa escritora Ana Carreira durante a primeira avaliación e Rosario e Noa foron as encargadas de recoller o noso diploma de participación da man das autoridades.

* Ligazón á galería fotográfica de "El progreso"

DEMOSTRACIÓN DE VACUMTERAPIA

Alumnas de 1º ESIMBE (Imaxe persoal) e do curso AFD, asistiron  a unha demostración de vacumterapia, tratamento mecánico indicado para tratamentos de celulite, obesidade e reafirmación, impartido por unha especialista, formadora nacional e internacional da marca Germaine de Capuccini.

XORNADA ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Cartel das Xornadas

Esta xornada de orientación profesional  organizada polo Departametno de FOL e as Familias profesionais do IES Muralla Romana, ten como obxectivos:

■ Poñer en valor o traballo realizado durante o curso polo alumnado dos ciclos formativos das tres familias profesionais do IES Muralla Romana, compartindo o seu coñecemento e saber facer co alumnado doutros niveis formativos ( ESO e Bacharelato).

■ Fomentar a interacción dos distintos niveis formativos do centro, favorecendo que o alumnado de secundaria coñeza a formación postobrigatoria do IES Muralla Romana.

- Que instalacións hai, como son esas instalacións e onde se atopan.
- Que se estuda en cada unha das familias profesionais.
- Como se traballa.

■  Fomentar o traballo interdisciplinar.

Familia Administración e xestiónFamilia Imaxe persoalFamilia Informática e comunicacións

 

ENREDANDO CO GALEGO

O martes 7 de maio tivo lugar no noso salón de actos a presentación da iniciativa Enredando co Galego. Nesta edición, contamos coa visita de Samuel Merino e SIlvia Abril, poetas cos que desfrutamos dun recital.

Estudantes de 2º, 3º, 4º ESO e 1º e Bacharelato crearán textos ou contido dixital en galego, durante 21 días, que se enviarán á  Escola de Escritoras e Escritores da AELG. Ademais, tamén se poden compartir nas redes sociais co cancelo #enredandocogalego. e aparecerán na páxina web da AELG. En xuño asistiremos, co noso alumnado participante, a unha gala final no Gustavo Freire con entrega de premios para os mellores textos e un concerto moi especial.

FP INNOVA GALICIA 2024

O alumnado de 1º SIMIRE (Informática) e 1º PECOCA(Imaxe persoal) asistiron o 26 de abril á zona expositiva  da FP Innova Galicia 2024 (Cidade da cultura en Santiago de Compostela). Un espazo expositivo no que conflúen a innovación e o emprendemento, a formación e a empresa. O alumnado puido experimentar, en primeira persoa, coas novas tecnoloxías, participando nos obradoiros sobre biotecnoloxía, ciberseguridade, creación de contidos mediante IA, drone soccer, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, impresión 3D, entre outros.

I XOGOS POPULARES MURALLA-FOLE

O 29 de abril as alumnas e alumnos de 2º da ESO do IES Ánxel Fole e do noso IES Muralla Romana desfrutaron dunha xornada de xogos populares que se desenvolveu  con gran animación e deportividade. Os dezaseis equipos enfrontáronse en Chave, Bolos, Brilé e Corda, resultando gañadores Muralla1 (Pablo, Sebas, Piero, Abigail, Malak, Eric e Antonio) e Fole 8, que gañaron todos os seus partidos.

VISITA A PULL & BEAR

O  alumnado de 1º e 2º de BACH da rama de economía visitou as instalación da empresa PULL & BEAR, unha das marcas estrelas da compañía galega INDITEX. A visita tivo moi boa acollida entre o noso alumnado e puideron ver de primeira man todos os departamentos que nela podemos atopar, dende loxística a deseño, recursos humanos, produción, patronaxe...

COÑECENDO O LUGO ROMANO

O alumnado de 1º de FP Básica de Informática e de Peiteado desfrutou da visita do Museo Provincial e o Porta Miñá.

No Museo Provincial descubriron o mosaico, xoias da época romana e castrexa e o claustro do Mosteiro de San Francisco, onde se encontran monumentos funerarios  destinados a perruqueiros antigos. No Porta Miñá, tiveron a oportunidade de visitar unha cloaca romana e descubrir a historia de Lucus Augusti. Visionamos un documental sobre a estrutura da cidade e aprendemos  como eran os enterramentos, a artesanía e as formas de vida durante o Imperio.

FÚTBOL GAÉLICO

O xoves 25 de abril, os alumnos de 1º ESO, recibiron un curso de iniciación ó fútbol gaélico que rematou cun torneo no tempo de lecer. Na imaxe os equipos finalistas co monitor Pedro Val, do equipo Torques de Lugoslavia.

Distribuir contido


by Dr. Radut