O venres 25 de febreiro celebramos o "Euroentroido 2022. Percorrido musical por Eurovisión."
O alumnado de 1ºINFOFI responsabilizouse da presentación do evento, gravación e velou en todo momento por respectar a capacidade do salón de actos. As comparsas animáronnos e fíxeronnos bailar e cantar ao ritmo de ABBA, Ckikilicuatre, María Isabel, Little Big...
GRAZAS A TODO O ALUMNADO que formou parte das comparsas (2ºESOA_B_C_3ºESOA_3ºPMAR_4ºESOA), ao que colaborou na realización deste evento, ao Departamento de Imaxe Persoal pola súa caracterización das Tanxugueiras; en fin, a todas as persoas que nos fixeron pasar uns momentos tan divertidos e agradables.
As alumnas do CS de Estética Integral e Benestar visitaron o centro de talasoterapia, Casa del Augana Coruña. Tras unha visita guiada para coñecer as instalacións, realizaron sesións prácticas e gozaron da súa gran pisicina con auga de mar e dun completo circuíto termal. Pola tarde visitaron o museo científico-divulgativo Domus (Casa del Hombre) que as convidou a reflexionar sobre a especie humana.
Tiveron a oportunidade de ver unha exposición sobre a nutrición e os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da Onu e finalizaron a súa visita gozando dunha paseo pola cidade.
Toda a comunidade educativa deste centro felicita a Sara P. L. polo recoñecemento ao seu traballo e dálles os parabéns a todos e todas os/as participantes neste certame.
Bradreddine e Andrea (alumno e alumna de 2ºASIADIR) realizaron e montaron este programa da radio escolar, "Radio Llama", no que entrevistaron a alumnas participantes no X concurso "Lucus Intercentros" (actividade cancelada debido á situación sanitaria actual) e remataron achegándonos información sobre a actualidade musical. Este programa foi emitido en directo para a toda a comunidade educativa e gravado para compartilo con todos e todas.
Susana Vizcaíno, técnica da casa Prodube, impartiu un taller formativo en tratamentos faciais (demostración) e corporais ao alumnado de 1º ASIMPE e 1ºESINBE no taller de Imaxe Persoal.
Este xoves estivo na biblioteca do centro Inmaculada Purriños sacando as fotos para a orla dos ciclos de réxime ordinario que se gradúan este ano. Este evento, que se realizará en marzo, está organizado polas alumnas do 2ºCS de Asistencia á Dirección, Ana, Irene, Cristina e Natalia.
Hoxe realizouse a entrega de premios aos /ás finalistas do I TORNEO DE XADREZ e agradecemos a colaboración do alumnado que actuou como presentadores/as e dinamizadores/as do evento por facelo así de ben, sen esquecer felicitasr a todos e todas os participantes ao longo do torneo por amosar que o tempo de lecer sempre abre camiños e ao profesor e profesora coordinadores que fixeron posible achegar este deporte ao alumnado.
Imaxes dos presentadores e do gañador -Samuel- acompañado por Gabriel, profesor organizador e encargado de entregar os premios.
Premendo nesteenlacepoderedes ver as fotos da entrega de premios.
Achegamos o vídeo realizado por Yolanda, profesora organizadora do torneo, para lembrar esta gratificadora experiencia.
PARABÉNS AO GAÑADOR!
PARABÉNS AOS PARTICIPANTES!
PARABÉNS AOS/ÁS ORGANIZADORES/AS!
Agardámosvos o seguinte curso no II TORNEO DE XADREZ.