Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

ACTIVIDADE FORMATIVA NA CORUÑA

23/02/2022 09:10
23/02/2022 20:30

ACTIVIDADE FORMATIVA NA CORUÑA

PROGRAMA: 

Mañá: visita á Casa del Agua, TERMARIA. 

Tarde: visita á DOMUS e paseo polo centro da cidade. 

ALUMNADO: 2ºCS ESINBE

Saída do centro: 09:10h

Chegada: 20:30h 

 

PREPARANDO A GRADUACIÓN

Este xoves estivo na biblioteca do centro Inmaculada Purriños sacando as fotos para a orla dos ciclos de réxime ordinario que se gradúan este ano. Este evento, que se realizará en marzo, está organizado polas alumnas do 2ºCS de Asistencia á Dirección, Ana, Irene, Cristina e Natalia. 

fotógrafa e organizadoras momento da sesión fotográfica

TALLER DE FORMACIÓN EN MAQUILLAXE SOCIAL

O alumnado de 1ºASIMPE participou nun taller formativo sobre  maquillaxe social, impartido por Susana Vizcaíno, técnica da casa comercial Prodube.  

imaxe do taller imaxe  

Fotos do taller

ENTREGA DE PREMIOS I TORNEO XADREZ

Hoxe realizouse a entrega de premios aos /ás finalistas do I TORNEO DE XADREZ e agradecemos a colaboración do alumnado que actuou como presentadores/as e dinamizadores/as do evento por facelo así de ben, sen esquecer felicitasr  a todos e todas os participantes ao longo do torneo por amosar que o tempo de lecer sempre abre camiños e ao profesor e profesora coordinadores que fixeron posible achegar este deporte ao alumnado.

Imaxes dos presentadores e do gañador -Samuel- acompañado por Gabriel, profesor organizador e encargado de entregar os premios. 

presentadores  Gañador e profesor organizador

Premendo neste enlace poderedes ver as fotos da entrega de premios. 

Achegamos o vídeo realizado por Yolanda, profesora organizadora do torneo, para lembrar esta gratificadora experiencia. 

PARABÉNS AO GAÑADOR!

PARABÉNS AOS PARTICIPANTES!

PARABÉNS AOS/ÁS ORGANIZADORES/AS!

Agardámosvos o seguinte curso no II TORNEO DE XADREZ. 

ASISTENCIA Á REPRESENTACIÓN TEATRAL, LEONARDO E OS BIOSBARDOS

O alumnado de 1ºESO e 2º ESO asistiu á representación teatral, Leonardo e os biosbardos, posta en escena pola compañía "A Xanela do Maxín". Baseada na obra de Blanco Amor, tratáronse temas como a superación dos medos, vencer as adversidades e plantarlle cara aos problemas. 

 acomodándonos        momento da actuación

RESULTADO DO TORNEO DE VOLEIBOL

Ao longo das xornadas realizadas no período de lecer e nas que participaron un amplo número de alumnos e alumnas de todas as idades, só temos que reafirmar que: "Presta de verdade ver a tanta xente facer deporte xuntos, desfrutando do xogo, esquecéndose de problemas e aprendendo a saber gañar e perder". 

Deixámosvos co equipo gañador (4ºESOB) do torneo de voleibol e co segundo clasificado (3ºESOA). 

equipo gañador subcampiòn

 PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!

Lembramos que agora estase a disputar o torneo de bádminton e logo comezarase co de brilé. 

 

ASISTENCIA Á REPRESENTACIÓN LEONARDO E OS BIOSBARDOS

07/02/2022 12:10
07/02/2022 13:40

O alumnado de 1ºESO e 2º ESO asistirá á representación teatral, Leonardo e os biosbardos, posta en escena pola compañía "A Xanela do Maxín". Baseada na obra de Blanco Amor, trataranse temas como a superación dos medos, vencer as adversidades e plantarlle cara aos problemas. 

Lugar: Auditorio Gustavo Freire

Horario: 12:10h - 13:40h (aproximadamente)

 

 

TALLER DE TRATAMENTOS FACIAIS E CORPORAIS

15/02/2022 16:00
15/02/2022 18:00

Susana Vizcaíno, técnica da casa Prodube, impartirá un taller formativo en tratamentos faciais (demostración) e corporais. 

DESTINATARIOS/AS: alumnado 1º ASIMPE e 1º ESINBE

LUGAR:  talleres de Imaxe Persoal

HORARIO: 16:00H- 18:00h

Esta actividade desenvolverase seguindo o protocolo sanitario vixente. 

 

FORMACIÓN EN MAQUILLAXE SOCIAL

08/02/2022 16:00
08/02/2022 18:00

Susana Vizcaíno, técnica da casa comercial Prodube, impartirá un taller formativo sobre a formación en maquillaxe social. 

DESTINATARIOS/AS: alumnado de 1ºASIMPE

LUGAR: talleres de Imaxe Persoal

HORARIO: 16:00h - 18:00H

Esta actividadade realizarase seguindo e respectando o protocolo sanitario vixente.  

VIDEOCONFERENCIA CON ARANTZAZU DOMÍNGUEZ

Arantzazu Domínguez, responsable da empresa Mohare servicios de imagen y vestuario, con ampla experiencia profesional como figurinista e asesora de vestiario no eido audiovisual, de eventos e persoal, estableceu un coloquio co alumnado de 1º ASIMPE para ofrecerlle unha panorámica deste sector profesional. 

Imaxes da videoconferencia.

imaxe da videoconferencia  imaxe da videoconferencia

 

Distribuir contido


by Dr. Radut