Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

VISITA A CELANOVA

O alumnado de 3ºESO achegouse ata a vila de Celanova para realizar a  a ruta literaria de Curros, coñecer o Mosteiro de San Salvador, escoitar o órgano no coro alto e desprazarse ata Vilanova dos Infantes. Pola tarde visitaron as Termas de Outariz. 

Premendo na foto veredes máis imaxes da viaxe. 

foto de grupo

PRESENTACIÓN DA NOVA EDICIÓN DE ENREDANDO CO GALEGO

Hoxe asistimos no salón de actos do centro á presentación dunha nova edición de #EnredandoCoGalego, actividade na que o alumnado amosará nas súas creacións literarias que a lingua galega "está para quedar". 

momento da actuación momento da actuación momento da actuación

Grazas a Anxo, Lois e Rubén por volver ao centro, e tamén a Leo Arremecaghona por facernos gozar da súa música e das letras das súas cancións. 

 

COÑECEMOS OUTRAS REALIDADES

22/04/2022 08:45
22/04/2022 10:25

Coñecemos outras realidades. Achegámonos á diversidade funcional, dinámicas de empatía e historias de vida. 

A actividade será impartida por profesionais de ASPACE (Lugo): Lucía, traballadora social e Paula, terapeuta ocupacional. E volveremos contar coa presenza de Fernada Arrojo. 

DESTINATARIOS/AS: alumnado de 1ºINFOFI.

 

OLIMPÍADA MATEMÁTICA

21/04/2022 10:00
21/04/2022 13:00

Alumnado de 2ºESO participará na Olimpíada de matemáticas que se celebrará en Lugo o xoves día 21 de abril. 

Saída do centro ás 10:00h

PRESENTACIÓN DE #EnredandoCoGalego

19/04/2022 10:25
19/04/2022 11:15

Lois Pérez e Anxo Lamelo presentarán a actividade #EnredandoCoGalego. 

DÍA: 19 DE ABRIL

HORARIO: 10:25H- 11:15H.

ASITENTES: 2ºESO A_B_C.

LUGAR: Salón de actos

VISITA EXPOCOSMÉTICA EN OPORTO.

O alumnado de 1º ESBE, 2ºESBE e 1º ASEIMAPER visitou a feira Expo cosmética en Oporto.

Neste evento coñeceron produtos do sector dos salóns de peiteado, estética, maquillaxes, produtos para o coidado da pel, para o cabelo e unha ampla gama de accesorios cosméticos, as últimas tendencias en cosmética, uñas e estética, e, aínda así, deulles tempo para realizar un breve percorrido pola cidade compartindo experiencias inesquecibles. 

 foto  fotos 

 

 

VIAXE DE ESTUDOS A BARCELONA

Os/as alumnos/as de 4ºESO e 1ºBAC realizan a súa viaxe de estudos a Barcelona dende o día 3 de abril ata o nove. 

Sabemos que están gozando das marabillas que lles achega esta cidade e que sacarán partido a todo o programa previsto.  

foto grupo

Este álbum irá actualizándose. 

FELIZ ESTANCIA!!!

 

1ºDAM participa no concurso de programación ProgramaMe.

28/04/2022 08:45
28/04/2022 14:29

O alumnado de 1ºDAM, animado polo seu profesor, participará no concurso de programación, ProgramaMe, organizado pola Facultad de Informática de la Universidad Complutense de Madrid.

Os participantes deberán resolver entre oito e doce problemas de programación, utilizando as linguaxes C, C++ o Java co obxectivo de traballar habilidades de programación básica, desenvolvemento de algoritmos e estruturas de datos. 

SORTE!!

 

 

VISITA AO CENTRO TECNOLÓXICO DE ANFACO-CECOPESCA

28/04/2022 08:30
28/04/2022 20:00

Dentro do programa EduTecEmprende 2021-2022, o alumnado de 4ºESOB visitará o centro tecnolóxico ANFACO-CECOPESCA, no que coñecerán o sector conserveiro, a historia e evolución deste  e as oportunidades e experimentación que brinda. 

Aproveitarán a viaxe para coñecer a Illa de San Simón. 

Saída do centro: 8:30h

Regreso estimado 20:00h

 

 

 

"Os teus pelos, polos peludos". Depilación solidaria.

As alumnas de 2ºESBE organizaron unha campaña solidaria para recoller (demostrando a súa profesionalidade)  comida, mantas, xoguetes... que doaron á Sociedade Protectora de Animales y Plantas de Lugo. 

Hoxe achegouse ata o centro un traballador da protectora para recibir de mans de representantes das alummas de 2ºESBE a  súa aportación, que esperan axude a que "eses peludos" sexan un pouco máis felices. 

 

cartel  momento da entrega   momento da entrega

  Como din elas: " O TEU AUU!! POR UN GUAU!!

Distribuir contido


by Dr. Radut