Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

PRESENTACIÓN DE #EnredandoCoGalego

19/04/2022 10:25
19/04/2022 11:15

Lois Pérez e Anxo Lamelo presentarán a actividade #EnredandoCoGalego. 

DÍA: 19 DE ABRIL

HORARIO: 10:25H- 11:15H.

ASITENTES: 2ºESO A_B_C.

LUGAR: Salón de actos

VISITA EXPOCOSMÉTICA EN OPORTO.

O alumnado de 1º ESBE, 2ºESBE e 1º ASEIMAPER visitou a feira Expo cosmética en Oporto.

Neste evento coñeceron produtos do sector dos salóns de peiteado, estética, maquillaxes, produtos para o coidado da pel, para o cabelo e unha ampla gama de accesorios cosméticos, as últimas tendencias en cosmética, uñas e estética, e, aínda así, deulles tempo para realizar un breve percorrido pola cidade compartindo experiencias inesquecibles. 

 foto  fotos 

 

 

VIAXE DE ESTUDOS A BARCELONA

Os/as alumnos/as de 4ºESO e 1ºBAC realizan a súa viaxe de estudos a Barcelona dende o día 3 de abril ata o nove. 

Sabemos que están gozando das marabillas que lles achega esta cidade e que sacarán partido a todo o programa previsto.  

foto grupo

Este álbum irá actualizándose. 

FELIZ ESTANCIA!!!

 

1ºDAM participa no concurso de programación ProgramaMe.

28/04/2022 08:45
28/04/2022 14:29

O alumnado de 1ºDAM, animado polo seu profesor, participará no concurso de programación, ProgramaMe, organizado pola Facultad de Informática de la Universidad Complutense de Madrid.

Os participantes deberán resolver entre oito e doce problemas de programación, utilizando as linguaxes C, C++ o Java co obxectivo de traballar habilidades de programación básica, desenvolvemento de algoritmos e estruturas de datos. 

SORTE!!

 

 

VISITA AO CENTRO TECNOLÓXICO DE ANFACO-CECOPESCA

28/04/2022 08:30
28/04/2022 20:00

Dentro do programa EduTecEmprende 2021-2022, o alumnado de 4ºESOB visitará o centro tecnolóxico ANFACO-CECOPESCA, no que coñecerán o sector conserveiro, a historia e evolución deste  e as oportunidades e experimentación que brinda. 

Aproveitarán a viaxe para coñecer a Illa de San Simón. 

Saída do centro: 8:30h

Regreso estimado 20:00h

 

 

 

"Os teus pelos, polos peludos". Depilación solidaria.

As alumnas de 2ºESBE organizaron unha campaña solidaria para recoller (demostrando a súa profesionalidade)  comida, mantas, xoguetes... que doaron á Sociedade Protectora de Animales y Plantas de Lugo. 

Hoxe achegouse ata o centro un traballador da protectora para recibir de mans de representantes das alummas de 2ºESBE a  súa aportación, que esperan axude a que "eses peludos" sexan un pouco máis felices. 

 

cartel  momento da entrega   momento da entrega

  Como din elas: " O TEU AUU!! POR UN GUAU!!

GRADUACIÓN FAMILIAS PROFESIONAIS. PROMOCIÓN 2020-2022

Graduación

 

As fotografías e vídeos realizados na graduación das tres familias profesionais da promoción 2020_2022 poden verse na aula virtual. 

CARTEL GRADUACIÓN

Agardamos sexan unha fermosa lembranza. 

Moita sorte a todos e a todas nesta etapa que comezades!

 

Fernanda Arrojo Novoa presentou o seu libro, Las capas de una cebolla.

O xoves 24 de marzo, o alumnado de 4ºESO e 1ºBAC asistiu a unha charla sobre Xénero e diversidade na que Fernanda Arrojo Novoa (acompañada de Alejandro e Lidia - traballador social e psicóloga de ALUCEM-) achegou ao alumnado a realidade que viven as persoas con discapacidade, reflectida no seu libro: Las capas de una cebolla

momento da charla foto foto entrevista

Fotos da charla. 

Compoñentes de Radio Llama entrevistaron a Fernanda para coñecela un pouco máis. 

Premer neste enlace para escoitar a entrevista. 

TALLER PRÁCTICO DE COMUNICACIÓN

Mar Castro, asesora internacional en comunicación ejecutiva y marca personal, impartiu un taller práctico de comunicación no que se trataron os seguintes contidos: 

  • Control da linguaxe oral e non verbal.
  • Exposición face to face e virtual. 
  • Experiencia simulada mediante roles.
  • Simulación de entrevistas. 

Este taller impartiuse o mércores 23 para 2ºCS Asistencia á dirección e o 30 para 2ºCS Administración e finanzas. 

foto

ENCONTROS USC Campus de Lugo

Na actividade organizada polo departamento de orientación, o alumnado de 1ºBAC asistiu aos Encontros da USC no Campus de Lugo para coñecer a oferta académica de primeira man e visitou a mostra "A USC camiña"

foto foto

Máis fotos da actividade.  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut