O alumnado de 1º curso do ciclo superior en Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma participou o 28 de abril no concurso de programación competitiva Programa-me de ámbito nacional.
O concurso Programa-me está organizado pola Universidade Complutense de Madrid e participan centros de todo o estado. O alumnado forma grupos de tres membros máis un suplente e intentan resolver en 3 horas entre 8 e 12 problemas de programación cun forte compoñente algorítmico. Cando un equipo resolve un problema, recibe un globo da cor identificativa do mesmo.
A experiencia foi moi enriquecedora xa que, ademais dos coñecementos adquiridos durante o seu desenvolvemento, o alumnado puxo en práctica o traballo feito ao longo do curso.
Premendo nesta ligazón pode verse o desenvolvemento completo do curso.