Lucía Martínez, traballadora social de ASPACE e Fernanda Arrojo, presidenta desta asociación, visitarono noso alumnado de 1º de FPB de INFOFI para ofrecerlles unha visión da realidade da diversidade funcional, o seu día a día e as actividades que realizan na entidade co obxectivo de sensibilizar e concienciar o alumnado de vidas diferentes con capacidades diferentes. Nunha primeira sesión achegáronnos ao que é a parálise cerebral, levando a cabo un intercambio de ideas sobre os mitos e estereotipos, preguntas e debete e, posteriormente, Fernanda explicoulle ao alumnado a súa historia de vida.
Ás 10:00h os participantes de 2ºESO na XXIII Olimpíada matemática Galega 2022, organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (Agapema), saíron do centro-acompañados pola profesora- en dirección ao Círculo das Artes para enfrontarse ao reto de resolver cinco problemas.
Gozaron realizando a proba, iso xa é UN PREMIO. PARABÉNS!
O alumnado de 3ºESO achegouse ata a vila de Celanova para realizar a a ruta literaria de Curros, coñecer o Mosteiro de San Salvador, escoitar o órgano no coro alto e desprazarse ata Vilanova dos Infantes. Pola tarde visitaron as Termas de Outariz.
Hoxe asistimos no salón de actos do centro á presentación dunha nova edición de #EnredandoCoGalego, actividade na que o alumnado amosará nas súas creacións literarias que a lingua galega "está para quedar".
Grazas a Anxo, Lois e Rubén por volver ao centro, e tamén a Leo Arremecaghona por facernos gozar da súa música e das letras das súas cancións.
Coñecemos outras realidades. Achegámonos á diversidade funcional, dinámicas de empatía e historias de vida.
A actividade será impartida por profesionais de ASPACE (Lugo): Lucía, traballadora social e Paula, terapeuta ocupacional. E volveremos contar coa presenza de Fernada Arrojo.
O alumnado de 1º ESBE, 2ºESBE e 1º ASEIMAPER visitou a feira Expo cosméticaen Oporto.
Neste evento coñeceron produtos do sector dos salóns de peiteado, estética, maquillaxes, produtos para o coidado da pel, para o cabelo e unha ampla gama de accesorios cosméticos, as últimas tendencias en cosmética, uñas e estética, e, aínda así, deulles tempo para realizar un breve percorrido pola cidade compartindo experiencias inesquecibles.