Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

VISITA A SARGADELOS E MUSEO DO MAR

21/06/2022 08:45
21/06/2022 20:09

O alumnado de 4ºESO visitará Sargadelos e o Museo do Mar en Cervo. 

Saída: 08:45h

Regreso:20:00h

DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN CÓRGOMO

13/06/2022 08:45
13/06/2022 19:00

O alumnado do club de lectura, "Lecturas e andanzas I, II" visitará Córgomo para coñecer de preto a vila de Florencio Delgado Gurriarán.  Aproveitarán a saída para coñecer  outros lugares de interese. 

Saída: 08:45H 

Regreso: 19:00h (aproximadamente)

ACTIVIDADE DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Débora Álvarez, directora do proxecto As Letras de Florencio, achegou aspectos da  vida e obra de Fernando Delgado Gurriarán ao alumnado de ESO. 

 momento da actividade  momento da actividade

 

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

O alumnado que cursa a materia de economía en 4ºESO e 1ºBAC realizou unha visita ao Parlamento de Galicia. 

grupo no parlamento

Na viaxe de regreso aproveitou para acehgarse ata o mosteiro de Carboeiro e á fervenza do Toxa. 

FOTOS DA ACTIVIDADE.

GRADUACIÓN 2ªBAC_PROMOCIÓN 2022

Recollemos as palabras da madriña de promoción (Belén) e do padriño (Alberto) para desexarvos todo o mellor nesta nova etapa que comezades. 

" Que cheguedes dentro de moitísimos anos a Ítaca" 

" Non deixedes de loitar por vivir a vosa vida con integridade". 

foto do alumnado

Fotos da graduación.

Grazas a todos e a todas os/as asistentes, e a vós polo tempo compartido. 

Ata pronto! 

 

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE COSMÉTICOS ECOLÓXICOS

O departamento de Imaxe Persoal contou coa colaboración de Carmela e Chusa (Milhulloa) para achegar o alumnado (1ºESINBE, 1ºESBE, 1ºASIMPE) á elaboración de cosméticos elaborados con principios activos de orixe vexetal e ecolóxico. 

Na actividade da mañá, o alumnado elaborou cremas para o contorno dos ollos con manteiga de karité e oleato de romeu; xabón con base de glicerina, ao que se lle engadiron diferentes estractos coma cúrcuma, café, milenrama... e pinta labios de arxila verde. 

Na sesión de tarde elabararon máscaras faciais de arxila, lavanda... e cremas hidratantes a base de extractos e xampús de ortiga e romeu. 

VISITA A COGAMI

27/05/2022 11:40
27/05/2022 14:10

O alumnado de 1ºINFOFI visitará COGAMI LUGO (federación de asociacións de persoas con discapacidade) para achegarse a outras realidades.

Saída do centro: 11:40h

Regreso: 14:20h

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

20/05/2022 08:30
20/05/2022 19:45

O alumnado de 1ºBAC e 4ºESO, que cursan economía, realizará unha visita ao Parlamento de Galicia.  Aproveitarán esta saída para visitar a fervenza do Toxa e o mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro. 

Saída do centro: 08:30h

Regreso ao centro: 19:30h

Organiza departamento de economía

FPBásicaSkills Galicia 2022

02/06/2022 07:00
02/06/2022 20:00

Desexámoslle moita sorte a Aroha, alumna de Peiteado e Estética, na súa partipación no I Campionato Galego de Formación Profesional Básica e Programas Formativos que se celebrará o día 2 de xuño no IES Montecelo (Pontevedra). Sabemos que gozará da experiencia demostrando as súas destrezas á hora de realizar as probas. 

Saída do centro ás 07:00h e regreso estimado ás 20:00h

 

 

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS- DESCONECTA E OUTRAS ADICCIÓNS

12/05/2022 11:40
12/05/2022 13:20

Obradoiro de prevención do abuso das novas tecnoloxías - desconecta e outras adiccións, impartido por Franciso Eiras. 

Destinatarios/as:

Alumnado de 1º ESO C

Horario: 11:40h- 12:30h   E   12:30H- 13:20H

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut