Todos os anos convócanse axudas económicas para o alumnado que realiza a formación práctica en centros de traballos.
Pode consultar a convocatoria actual no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/fp/axudas-fct
REQUISITOS
Para o alumnado que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de fp básica, de grao medio ou superior de formación profesional.
Non terá dereito á axuda o alumnado que realice a FCT no concello do centro educativo ou no concello de residencia durante a FCT.
DOCUMENTACIÓN
Débese presentar a seguinte documentación no centro onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo:
- Solicitude normalizada segundo o anexo I da orde.
- Certificado do domicilio de residencia durante o período de realización da FCT, segundo o anexo II desta orde.
- Fotocopia do DNI.
- Declaración responsable complementaria do conxunto das axudas solicitadas para a mesma finalidade (Anexo IV).
- Certificación de realización das prácticas.
As solicitudes, xunto co resto dos anexos requiridos, serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo. Toda esta documentación xerarase a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/fct, polo que os anexos desta orde só serven para efectos informativos.
As solicitudes xunto co resto dos anexos só se poderán presentar no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.
PRAZOS
- Prazo de outubro, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro e decembro. Teñen que rematar a FCT obrigatoriamente antes do 31 de decembro. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral e remate despois do 31 de decembro acollerase á seguinte convocatoria de axudas.