Skip to Content

Avisos

VIDEOCONFERENCIA PREVIA Á FCT CONVOCATORIA SETEMBRO-DECEMBRO E ELECCIÓN DE EMPRESAS

VIDEOCONFERENCIA PREVIA Á FCT CONVOCATORIA SETEMBRO-DECEMBRO E ELECCIÓN DE EMPRESAS. 

ASISTENCIA OBRIGATORIA

DÍA: 02/09/2020

HORA:11.00H

PARA: alumnado que realice a FCT en setembro - decembro.

OBSERVACIÓNS:

O alumnado poderá conectarse dende  ordenador, tablet ou móbil con acceso a internet ou datos facendo clic no seguinte enlace:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m1b207661fc6e79ec0fa71bc96dd3b9a4 

Tras facer clic no enlace, a primeira vez instalarase de forma automática unha miniaplicación. 

Se ten dificultades pode ver o seguinte titorial.

A videoconferencia abrirase ás 10:00h do día 2 de setembro para que os asistentes poidan realizar a conexión a esta con antelación. RECOMÉNDASE probar a conexión con antelación ao inicio da reunión. 

A asistencia á reunión é obrigatoria para o alumnado que realice a FCT na convocatoria de setembro-decembro. 

Se algún alumno ou alumna non tivese os medios técnicos para conectarse deberá comunicalo con antelación ao día 2 de setembro a fct.muralla.romana@gmail.com

OPCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA FCT NO PERÍODO ABRIL-AGOSTO: FP BÁSICA-CICLOS MEDIOS-CICLOS SUPERIORES. CURSO 2019/2020

Opcións posibles para a realización da FCT, adaptada á Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de data  23 de abril de 2020.

Acordo da Comisión Informativa das familias profesionais, dentro da Comisión de Coordinación Pedagóxica celebrada o día 24/04/2020.

Premer no seguinte enlace para ver as disitintas opcións: FCT-COVID19.

Becas da Fundación SEPI

Becas Fundación SEPI SEPI

As solicitudes realizaranse exclusivamente a través do formulario establecido na web da fundación:  www.fundacionsepi.es Enlace externo

O prazo de presentación finalizará o 11 de marzo do 2018.

Para máis información:

Lugo, 28 de febreiro do 2018

PÓLIZA SEGURO FCT

PÓLIZA SEGURO FCT
Póliza de accidentes e responsabilidade civil para o alumnado de formación profesional, PCPI, artes plásticas e deseño, módulos profesionais experimentais e ensinanzas deportivas e de ensinanzas de conservación e restauración de ben culturais de centros sostidos con fondos públicos na actividade de Formación en centros de traballo.

Desde o 1 de setembro de 2013 e ata o 31 de agosto de 2015 a compañía de seguros que cubrirá os accidentes e a responsabilidade civil do alumnado que estea a realizar a Formación en Centros de Traballo (FCT) será AXA Seguros Generales, S.A. CIF A-60917978.

Os números de póliza son os seguintes:

- RESPONSABILIDADE CIVIL: Nº 80679624
- ACCIDENTES: Nº 36256336

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2013 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación dunha póliza de responsabilidade civil e de accidentes corporais para dar cobertura á actividade levada a cabo polo alumnado de formación profesional na realización de prácticas en empresas (expediente SXAPERE 01/13)

Teléfono de contacto da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa: 981 54 65 38

 

Convenio entre a Consellaría e COGAMI


A Consellería asinou un Convenio coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

- Convenio

- Relación de convenios en vigor no ámbito da formación profesional 

Programa de Bolsas para titulados en Formación Profesional

FEUGAPrograma de Bolsas para titulados en Formación Profesional

A Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxeron en marcha un programa de bolsas de formación profesional; tanto para titulados de ciclos superiores como de ciclos medios.

Con este acordo, recén titulados en FP poderían incorporarse a unha empresa entre dous e doce meses, co obxectivo de mellorar a súa cualificación e desempeño preparando a súa futura incorporación ao mundo laboral.

As condicións, en xeral, máis importantes para que os titulados deste nivel educativo poidan concorrer a estas bolsas son:

I.   Titulados FP do sistema público educativo de Galicia.

II.  Menores de 30 anos.

III. Menos de 3 anos dende a obtención do título.

IV.  Non haber traballado profesionalmente.

V.   Inscritos no servizo público de emprego de Galicia.

 

Descripción e bases da convocatoria 2014 Enlace externo

Para ampliar información:  www.feuga.es Enlace externo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut