Programa de Bolsas para titulados en Formación Profesional
A Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxeron en marcha un programa de bolsas de formación profesional; tanto para titulados de ciclos superiores como de ciclos medios.
Con este acordo, recén titulados en FP poderían incorporarse a unha empresa entre dous e doce meses, co obxectivo de mellorar a súa cualificación e desempeño preparando a súa futura incorporación ao mundo laboral.
As condicións, en xeral, máis importantes para que os titulados deste nivel educativo poidan concorrer a estas bolsas son:
I. Titulados FP do sistema público educativo de Galicia.
II. Menores de 30 anos.
III. Menos de 3 anos dende a obtención do título.
IV. Non haber traballado profesionalmente.
V. Inscritos no servizo público de emprego de Galicia.
Descripción e bases da convocatoria 2014
Para ampliar información: www.feuga.es