Skip to Content

ORIENTACIÓN

ORIENTACIÓN PARA 1º E 2º ESO

ORIENTACIÓN PARA 1º E 2ºESO

Ofrecémosvos un recurso de orientación académica dirixida ao alumnado de 1º e 2º ESO. Tedes que ter en conta que os datos refírense ao curso actual, podendo existir algunha variación no vindeiro curso 2020/21. 

INFORMACIÓN GRAOS E TITULACIÓNS DA UDC

NOVA INFORMACIÓN DA UDC

Achegámosvos nova información sobre a UDC, por se fora do voso interese.

Para consultala podedes pinchar no seguinte enlace ou ben sobre a imaxe.    

 Acceso á información

INFORMACIÓN GRAOS E TITULACIÓNS DA UDC 

A UDC ofrece unha ligazón para consultar as titulacións que ofrece agrupadas por ramas de coñecemento, así como o relativo á información de contacto, acceso e admisión, orientación e resultados.

Ligazón coa información das XPAV (Xornadas de Portas Abertas Virtuais:

https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/

Tamén disporedes das seguintes gravacións:

  • Videoconferencia en directo de cada titulación
  • Vídeos dos Centros Universitarios
  • Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumnado xa titulado.
  • Vídeos da Vida Universitaria 

SAÚDOS 

INFORMACIÓN ACCESO E OFERTA EDUCATIVA DE TITULACIÓNS

Ofrecémosvos información actualizada sobre o acceso e oferta educativa de titulacións superiores relacionadas con Ciclos Superiores de Formación Profesional e Graos Universitarios. 

Convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, de Deseño e de Música para o curso 2020/2021. 

No seguinte enlace tedes información sobre esste tema: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31199

Información da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña

Por mor da situación de alarma, este ano non se puideron facer visitas presenciais para presentarlle ao alumnado os proxectos formativos que ten a Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. Aproveitando as novas tecnoloxías fixéronse unha infografía e un vídeo que esperamos sexan interesantes para vós. 

Están dispoñibles, pinchando aquí. 

Información sobre o Grao en Xeografía e Historia (Uvigo-Campus Ourense) mediante un vídeo de difusión adaptado ás novas circunstancias. Pódese ver na seguinte ligazón: 

https://tv.uvigo.es/video/5ecc5f6fcc5a5802bc0b1c35

Nos seguintes enlaces podedes consultar características de diversas titulacións que nos remiten a este departamento de orientación. 

- Información para alumnado de Formación Profesional

-Información para alumnado de ensinananzas postobrigatorias

Podedes consultar información sobre os novos Graos Universitarios nas seguintes ligazóns: 

Novas propostas de Graos na UDC:  

  • Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía, que se impartirá na Facultade de Ciencias - Campus A Coruña
  • Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas, que se impartirá na Facultade de Economía e Empresa - Campus A Coruña
  • Grao Aberto en Enxeñaría Industrial, que se impartirá na EU Politécnica- Campus Ferrol

A outra novidade para o curso 2020/2021 é que o Grao en Turismo non terá custos adicionais, pasando a ser o importe da matrícula o establecido de xeito xeral para as titulacións da súa rama de coñecemento, e impartirase nas instalacións da Facultade de Filoloxía - Campus A Coruña. 

Poden completar a información e visionar vídeos destas titulacións, na seguinte ligazón: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/graos/nova-oferta/

Poden ver toda a oferta académica de Graos e toda a vida Universitaria na seguinte ligazón:

https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/index.html 

 

 

Esperamos que vos sexa de utilidade a información achegada. 

 

INFORMACIÓN DO EQUIPO ORIENTACIÓN ESPECÍFICO (EOE) DE LUGO

INFORMACIÓN DO EQUIPO ORIENTACIÓN ESPECÍFICO DE LUGO PARA O TEMPO DE CONFINAMENTO. 

No seguinte documento do EOE atoparedes informacion interesante tanto para o período de confinamento como para o de volta á aula, ademais dunha ampla guía de páxinas web para consultar distintos temas. 

Esperamos que vos sexa de utilidade. 

Pinchando na imaxe teredes máis información. 

INFORMACIÓN

 UN SAÚDO E SAÚDE 

MODELOS EXAME PARA AS ABAU 2020

MODELOS DE EXAME PARA AS ABAU 2020

Dado que xa se coñecen as disposicións normativas que regulan estas probas, aínda que a resolución conxunta da SXU e da DXEFPIE non estea publicada, consideramos que xa podedes acceder aos novos modelos de exame para as ABAU 2020. 

Podedes consultalos no seguinte enlace: CiUG 

Un saúdo, saúde e ÁNIMO! 

 

Dpto.Orientación: RECOMENDACIÓNS PARA FAMILIAS CON PERSOAS NEAE

RECOMENDACIÓNS PARA FAMILIAS CON PERSOAS CON NEAE (Necesidade de apoio educativo). 

Esperamos que a seguinte informacion vos sexa de utilidade para este período de confinamento que estamos a vivir. 

Só tedes que pinchar nos diferentes apartados para acceder á información:

- Pautas familias altas capacidades

- Pautas familia discapacidade auditiva

- Pautas familia dislexia

- Pautas familia TDAH

- Pautas familia TEA

 Moito ánimo e SAÚDE. 

 

 

 

 

Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con motivo do COVID 19. AXENDA PARA ADOLESCENTES CONFINAD@S

Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para toda a comunidade educativa con motivo da emerxencia sanitaria do COVID 19. 

Achegan información para alumnado, familias e profesorado. Máis información, pinchando aquí. 

Afrontando o confinamento cunha actitude positiva!

Dende a sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, ofrécenvos a posibilidade de consultar a "Axenda para adolescentes confinad@s", que proporciona pautas para esta etapa evolutiva. 

Esperamos que sexa útil para este momento especial consultar os enlaces que compartiron con todos nós. 

Versión galego:Descárgao aquí en pdf

Versión galego:Descárgao aquí en jpg

Versión castelán: Descárgao aquí en jpg

 

 

 

ENDEREZOS DE INTERESE PARA CONSULTAR

ENDEREZOS DE PORTAIS PARA DIVERSAS CONSULTAS

O departamento de orientación achégavos diferentes portais que podedes consultar sobre diferentes temas online: 

Pinchando aquí podedes acceder a toda a información. 

 

GUÍA ORIENTACIÓN PARA REPASO E MANTEMENTO

GUÍA PARA REPASO E MANTEMENTO 

Para axudar cos repasos das distintas materias e seguir mantendo uns adecuados hábitos de estudo, desde o departamento de orientación elaboramos esta guía que esperamos vos sexa de utilidade.  

Aquí vos deixamos o enlace: pinchade aquí. 

Distribuir contido


by Dr. Radut