Skip to Content

ORIENTACIÓN

CONVOCATORIA XORNADAS PORTAS ABERTAS UDC

08/04/2021 10:00
08/04/2021 20:00

Para acceder a esta información, prégase premer aquí. 

CONVOCATORIA XORNADA PORTAS ABERTAS UDC

O vindeiro xoves 8 de abril celebraremos unha XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS, para dar a coñecer ao Futuro Estudante a nosa ampla oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, a través de Teams.

Manteremos vídeoconferencias simultáneas en vivo, unha por cada Rama e Coñecemento, seguindo o seguinte esquema:

a. Perfil de ingreso

b. Por que estudar este Grao na UDC

c. Contido da titulación d. Saídas profesionais

e. Enderezo electrónico de contacto, ao final da presentación, para posteriores consultas sobre a/s titulación/s.

O alumnado poderá:

* Conectarse directamente premendo na ligazón que figura ao lado de cada titulación no horario sinalado. Non é necesaria inscripción previa nin ter instalado Teams.

* Interactuar cos relatores e aclarar as súas dúbidas

* Visitar virtualmente os Centros da UDC: Facultades, Escolas, Residencias, Instalacións deportivas...

* Ver os testemuños de alumnado matriculado e egresado

* Participar en retos e obradoiros e conseguir agasallos

Haberá videoconferencias sobre ABAU e PREINSCRIPCIÓN en horario de mañá e tarde e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido polo persoal do Servizo de Estudantes durante toda a Xornada.

ENCONTROS VIRTUAIS NA ZONA USC

Xa están operativas as páxinas para os Encontros Virtuais da USC dirixidas ao estudantado de Ensino Medio. 

Acceso premendo aquí.

DATAS e INFORMACIÓN DOS ACTOS DE INAUGURACIÓN E CLAUSURA. 

REPRESENTACIÓN MATRIOSKAS

03/03/2021 10:25
03/03/2021 11:15

Lembrando o día 8 de marzo, ao longo deste mes realizaranse diferentes actividades para visualizar o papel da muller na sociedade. 

Contamos con Marta Ortíz e Sofía Espiñeira da compañía Charlatana s coop galega que representarán MATRIOSKAS.  Pódese consultar información sobre o espectáculo, premendo aquí. 

LUGAR: salón de actos 

DÍA: 3 DE MARZO 

HORARIO: 10:25H- 11:15H 

CURSOS: 1ºBAC e 2ºINFOFI E 2º PEIEST 

 

Lémbrase que a realización desta actividade está suxeita á situación imposta pola Covid-19 para esa data. 

MOITAS GRAZAS, Marta e Sofía por facernos viaxar a través das historias de Matrioskas.

Para ver máis fotos da actuación, só tedes que premer na imaxe. 

 

FEIRA VIRTUAL DAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS-UNIferia

Coa finalidade de que poidades informarvos sobre aquelas titulacións do voso interese, achéganse as ligazóns para acceder á visita, así como outra información complementaria. 

Do 22 ao 24 de febreiro celebrarase a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE que permite o encontro dos futuros estudantes cos Graos que se van impartir o vindeiro curso 2021-22

HORARIO: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.

O persoal do Servizo de Estudantes estárá pendente  para solucinarlles calquera consulta ou aclaración que precisen. 

Funcionará como unha Feira Universitaria presencial (premendo aquí poderás velo) pola que poderá pasear o seu alumnado visitando os stands das Universidades españolas presentes na Feira.

A Universidade da Coruña (UDC) terá un espazo virtual baixo o lema: ENTRA NO FUTURO, no que o alumnado coñecerá de primeira man a súa ampla oferta académica de Graos dos Campus da Coruña e de Ferrol, achegarase á Vida Universitaria que lle espera e poderá consultar as dúbidas que teña de notas de corte, entre outros temas. 

Para coñecer a relación de Graos que se imparten na UDC e a Vida Universitaria, debedes premer aquí.

 

 

 

ESPAZO DE IGUAIS con DAVIDE e DANIEL

11/03/2021 10:25
11/03/2021 13:30

ESTA ACTIVIDADE -PREVISTA PARA O DÍA 4 DE MARZO- TERÁ LUGAR O DÍA 11 DESTE MES. 

Empregando as palabras dos responsables desta actividade, ESPAZO DE IGUAIS é "unha proposta de diálogo coa que atopar as cousas que temos en común, que nos fan iguais; e entender e aceptar as nosas diferenzas". 

 

Actividade impartida por: Davide Salvado e Daniel Pardo 

DÍA 11 DE MARZO 

HORARIO E CURSOS:

10:25H- 11:25H      2ºESO A - 2ºESO B 

12:30H- 13:30H      2ºESO C - 2ºPMAR- 3ºPMAR

LUGAR: Salón de actos 

A actividade realizouse dende o respecto e para o respecto. Grazas aos relatores por facernos reflexionar con tanta sensibilidade sobre un tema tan importante como é o acoso escolar.  

Para ver como se desenvolveu o taller, só tedes que premer na imaxe. 

CHARLA SOBRE O USO SEGURO E RESPONSABLE DE REDES SOCIAIS

18/02/2021 10:25
18/02/2021 12:40

RELATOR: Raúl Ordóñez da empresa Sherpa. Cultura digital.

DÍA: 18 DE FEBREIRO 

HORARIO E CURSOS:  

10:25H - 11:25H     1ºESO A- B 

11:40H - 12.40H     1ºESO C- D 

Lugar: Salón de actos 

Premendo na imaxe poderedes ver as fotos da actividade de hoxe. GRAZAS, Raúl por compartir toda esa información con nós!

acceso ao álbum

 

GUÍA PARA ALUMNADO QUE SE INCORPORA A 1º ESO

Achegamos unha breve guía para o alumnado que se incorpora a 1º de ESO no vindeiro curso. 

 

CHARLA INFORMATIVA SOBRE A USC E PROBAS ABAU

14/01/2021 12:30
14/01/2021 14:10

Esta charla, que forma parte do programa A Ponte, será impartida polo profesor Francisco Rodríguez Lestegás e está dirixada ao alumnado de 2ºBAC. 

DÍA: XOVES, 14 DE XANEIRO

HORARIO: 12.30H - 14.10H

LUGAR: salón de actos 

Organiza: departamento de orientación 

momento da charla momento da charla
Distribuir contido


by Dr. Radut