Skip to Content

LINGUA GALEGA E LITERATURA

Membros do departamento de LINGUA GALEGA E LITERATURA

Lingua Galega

Profesor/profesoraCargo
Adán López, María Xesús Vicedirectora

López Rodríguez, Teresa

Pérez Traseira, Beatríz

 
Polo Losada, Delia RemediosJefa Departamento
Yañez Fraguela, Luis Manuel 

VISITA CERVO E SAN CIBRAO

O alumnado de 4º da ESO e 1º PEIEST realizaron o día 31 de maio unha visita á costa de Lugo. Nesa xornada visitaron a factoría e o Museo de Sargadelos (Cervo); tamén tiveron a oportunidade de realizar a ruta do Paseo dos namorados e unha visita ó museo do Mar (San Cibrao). Por último gozaron dunha tarde de lecer en boa compañía. 

SargadelosPaseo dos namorados
Museo do MarFaro

GALA FINAL DE ENREDANDO CO GALEGO

O pasado venres 19 todos os participantes de ENREDANDO CO GALEGO, que comprendía alumnado desde 1º ESO ata 1º BAC, achegáronse ata o auditorio Gustavo Freire para celebrar a gala final dese certame. Alí gozaron co magnífico concerto de Fillas de Casandra e logo recolleron os premios ás composicións máis destacadas. Estes foron para Naiara Diéguez Romero (3º ESO), Pablo Dorado Loureiro (3º ESO), Abdesamad Aksasse (4º ESO), Laura García Castro  (4º ESO), Alba López  Yebra (4º ESO) e María Penín García (1º BAC). Outras/os compañeiras/os recibiron agasallos mediante sorteo.
Parabéns a todas e todos! Agardamos que sigades escribindo así de ben e que poidades participar o vindeiro ano.

GALA FINAL

ROTEIRO POLAS NOSAS LETRAS

Estes días podemos gozar da exposición feita polo alumnado desde 1º ESO ata 4º ESO con motivo da conmeración do 60º aniversario do Día das Letras Galegas. A rapaza creou os paneis no que figuran imaxes e textos dos persoeiros homenaxeados e logo foron pendurados na entrada e nos corrredores do 1º andar, para quen queira poida ir facendo un roteiro polas nosas letras

Máis info

ROTEIRO POLAS NOSAS LETRASROTEIRO POLAS NOSAS LETRAS

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

O pasado martes 16 de maio estivemos de celebración, era o día anterior ao Día das Letras Galegas e na entrada do noso centro quixemos facer unha pequena homenaxe a Francisco Fernández del Riego, á nosa lingua e á nosa cultura nun acto poético-musical. Participaron rapazada de 3º e 4ª ESO.
Máis info

LETRAS GALEGAS

ASISTENCIA Á ENTREGA DE PREMIOS "XORNALISMO NA ESCOLA"

15/06/2022 10:45
15/06/2022 14:00

O mércores 15 de xuño asistirán á entrega de premios de "Xornalismo na escola" de La Voz de Galicia, a docente e dúas alumnas en representación dos/das compañeiros/as. 

LUGAR: ARTEIXO

HORARIO: 

10:45h - 14:00h

PREMIADOS EN "XORNALISMO NA ESCOLA", La Voz de Galicia

PARABÉNS ao alumnado de 4ºESO e á súa docente María Xesús Adán polo resultado obtido no programa Prensa escuela organizado por La Voz de Galicia!!!

O artigo que achegaron nesta actividade leva por título: "Galicia, berce de intérpretes, romarías e verbenas" e tal e como recolle o desenvolvemento da noticia publicada hoxe en La Voz de Galicia

Da música galega se caer nos tópicos

"Falar da música de Galicia pode acabar sendo un rosario de tópicos, pero os alumnos de 4ºESO do IES Muralla Romana (Lugo), dirixidos por María Xesús Adán, conseguírono. Quedou terceiro de Galicia cos seus 5 votos do xurado, que destacou o ambicioso da reportaxe e as moitas voces consultadas, dende o máis tradicional da música aos novos movementos."

MOITAS FELICIDADES A TODOS E A TODAS POLO PREMIO PROVINCIAL DE LUGO E POLO RECOÑECEMENTO A NIVEL GALICIA! 

ACTIVIDADE DÍA DAS LETRAS GALEGAS

31/05/2022 09:35
31/05/2022 13:30

No salón de actos, e seguindo o horario que se achega, o alumnado de ESO coñecerá máis de preto  á figura de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado co Día das Letras Galegas. 

HORARIO: 

09:35h - 4ºESO
10:25H- 11:15H: 3ºESO
11:40h-12:30: 1ºESO
12:30-13:30H: 2ºESO

VISITA A SARGADELOS E MUSEO DO MAR

21/06/2022 08:45
21/06/2022 20:09

O alumnado de 4ºESO visitará Sargadelos e o Museo do Mar en Cervo. 

Saída: 08:45h

Regreso:20:00h

ACTIVIDADE DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Débora Álvarez, directora do proxecto As Letras de Florencio, achegou aspectos da  vida e obra de Fernando Delgado Gurriarán ao alumnado de ESO. 

 momento da actividade  momento da actividade

 

Distribuir contido


by Dr. Radut