Skip to Content

LINGUA GALEGA E LITERATURA

VISITA A CELANOVA

O alumnado de 3ºESO achegouse ata a vila de Celanova para realizar a  a ruta literaria de Curros, coñecer o Mosteiro de San Salvador, escoitar o órgano no coro alto e desprazarse ata Vilanova dos Infantes. Pola tarde visitaron as Termas de Outariz. 

Premendo na foto veredes máis imaxes da viaxe. 

foto de grupo

O Muralla, de Lugo, viaxa a través da música galega

O alumnado de 4ºESO preséntase ao concurso Xornalismo na Escola, organizado por La Voz de Galicia e Norvento cunha viaxe a través do tempo da man da cultura. 

Parabéns a todos os alumnos/as e á docente pola reportaxe que realizaron e se publicou o mércores, 23 de marzo en "La voz de la escuela", La voz de Galicia

Escanea o código QR ou fai clic nel para acceder ao seu contido. 

aceso á reportaxe

 

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alumnado de 3ºESO visitou o Museo do Pobo Galego, o Museo das Peregrinacións e a Cidade da Cultura na actividade organizada polo departamento de lingua galega e literatura.

foto da saída

 

Ruta literaria por Celanova (OURENSE)

20/04/2022 09:45
20/04/2022 19:00

O alumnado de 3ºESO realizará a ruta literaria pola vila de Celanova, visitará a Casa dos Poetas, o Mosteiro desta vila e na cidade de Ourense as Termas de Outariz. 

Saída do centro ás 08:45h e regreso (+/-) 19:00h

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

16/03/2022 08:45
16/03/2022 18:30

O alumnado de 3ºESO visitará o Museo do Pobo Galego, Museo das Peregrinacións e a Cidade da Cultura. 

Saída ás 8:45h e regreso ás (+/-) 18:30h

ENTREGA DE PREMIOS XXVII CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO

Hoxe, mércores 23 de febreiro, fíxose entrega no auditorio do Vello Cárcere de Lugo dos premios ás gañadoras do XXVII Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo

Toda a comunidade educativa deste centro felicita  a Sara P. L. polo recoñecemento ao seu traballo e dálles os parabéns a todos e todas os/as participantes neste certame. 

Fotos da entrega de premios. 

premiados entrega premios

RUTAS LITERARIAS POLO MUSEO DE LUGO

Os/as alumnos/as de 2ºESO, despois de ler Contos de fantasmas, realizaron a ruta literaria polo Museo de Lugo. Convertéronse en investigadores/as e amosaron a súa pericia para responder as preguntas dos catro relatos.

foto grupo

Máis información

 

OBRADOIRO DE PRENSA ESCRITA

A xornalista Sara Carreira (coordinadora do Programa prensa-escuela de La Voz de Galicia) impartiu un obradoiro, no que lles achegou ao alumnado de 4ºESOA o camiño a seguir para a elaboración dunha reportaxe. 

 foto   foto

 

TÍRALLE DA LINGUA 2021

O xurado do XX Concurso de relato oral Tíralle da lingua decidiu NON outorgar premio ás representantes do noso centro neste certame. 

Parabéns aos/ás premiadas no concurso!

Milleiros de felicitacións para Sara e Nahir pola súa participación e o seu bo facer. Sabedes que, para nós, sodes gañadoras!

Deixámosvos cos enlaces para poder gozar das súas historias. 

O hábito do defunto

O leñador honrado

Rutas Literarias polo Museo de Lugo

01/02/2022 11:45
01/02/2022 13:45

O alumnado de 2ºESOA, 2ºESOB e 2ºESOC, lerán Contos de fantasmas no museo para realizar a ruta literaria por este espazo. 

HORARIO: Saída do centro 11:45h. Regreso: 13:45h  

Organiza: Departamento de lingua e literatura galega

Distribuir contido


by Dr. Radut