Skip to Content

IMAXE PERSOAL

Membros do departamento de IMAXE PERSOAL

Imaxe persoal

 

Profesor/profesoraCargo
Vieites Álvarez, María Josefa

Xefa de Departamento

Consello Escolar

  
Fernández Baz, María Inés 
Fernández Martínez, María Isabel 
  
González López, Carlos G. 
González Bande, Elisa 
Lalín Ferreiroa, Carlos 

Linares Rey, Alba

Liñares Lezama, Clara Toña

 
Maciñeiras Núñez, María del Carmen 
  
Quintela Codesal, Carmen 
Rodríguez Díaz, Mª Luz 
Rodríguez Parga, Mª Dolores 

Trastoy Bello, Cristina

Troitiño Bello, Fátima

 
Vila Enríquez, María Del Carmen 

A MODA NO IMPERIO ROMANO: ENRIQUE ALCORTA

21/10/2022 13:20
21/10/2022 15:00

Charla a cargo de Enrique Alcorta, responsable do Departamento de Arqueoloxía e Historia do Museo Provincial de Lugo, que explicará ás alumnas do CS Asesoríaen Imaxe Persoal e Corporativa as características da vestimenta no Imperio Romano. 

Horario: 13.20- 15:00

VIDEO 1º ASIMPE

Aquí está o vídeo realizado no final de curso no ciclo de ASIMPE coa colaboración de Rosana Lorenzo e as alumnas de 1ºESBE. 

 

ANIMÁDEVOS!!! 

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE COSMÉTICOS ECOLÓXICOS

O departamento de Imaxe Persoal contou coa colaboración de Carmela e Chusa (Milhulloa) para achegar o alumnado (1ºESINBE, 1ºESBE, 1ºASIMPE) á elaboración de cosméticos elaborados con principios activos de orixe vexetal e ecolóxico. 

Na actividade da mañá, o alumnado elaborou cremas para o contorno dos ollos con manteiga de karité e oleato de romeu; xabón con base de glicerina, ao que se lle engadiron diferentes estractos coma cúrcuma, café, milenrama... e pinta labios de arxila verde. 

Na sesión de tarde elabararon máscaras faciais de arxila, lavanda... e cremas hidratantes a base de extractos e xampús de ortiga e romeu. 

FPBásicaSkills Galicia 2022

02/06/2022 07:00
02/06/2022 20:00

Desexámoslle moita sorte a Aroha, alumna de Peiteado e Estética, na súa partipación no I Campionato Galego de Formación Profesional Básica e Programas Formativos que se celebrará o día 2 de xuño no IES Montecelo (Pontevedra). Sabemos que gozará da experiencia demostrando as súas destrezas á hora de realizar as probas. 

Saída do centro ás 07:00h e regreso estimado ás 20:00h

 

 

EQUIPO DE RADIOFRECUENCIA DE CAPENERGY MEDICAL

09/05/2022 09:30
09/05/2022 14:30

O alumnado de 1ºESIMBE recibirá unha formación sobre as indicacións e protocolos do uso do equipo de radiofrecuencia de Capenergy medical. 

RELATORES: José Martínez Pérez e Encarnación Bernabé Pérez

HORARIO: 9:30h- 14:30h

LUGAR: taller 1

MANIFESTO PARA LEMBRAR O DÍA DA SAÚDE

As alumnas de 1ºPECOCA redactaron un manifesto para lembrar o día 7 de abril, DÍA DA SAÚDE, no que lembran que a saúde é un dereito básico e universal e piden unha atención sanitaria de calidade para todas as persoas, entre outros puntos. 

Deixámosvos coa lectura do manifesto nas súas voces. 

VISITA EXPOCOSMÉTICA EN OPORTO.

O alumnado de 1º ESBE, 2ºESBE e 1º ASEIMAPER visitou a feira Expo cosmética en Oporto.

Neste evento coñeceron produtos do sector dos salóns de peiteado, estética, maquillaxes, produtos para o coidado da pel, para o cabelo e unha ampla gama de accesorios cosméticos, as últimas tendencias en cosmética, uñas e estética, e, aínda así, deulles tempo para realizar un breve percorrido pola cidade compartindo experiencias inesquecibles. 

 foto  fotos 

 

 

"Os teus pelos, polos peludos". Depilación solidaria.

As alumnas de 2ºESBE organizaron unha campaña solidaria para recoller (demostrando a súa profesionalidade)  comida, mantas, xoguetes... que doaron á Sociedade Protectora de Animales y Plantas de Lugo. 

Hoxe achegouse ata o centro un traballador da protectora para recibir de mans de representantes das alummas de 2ºESBE a  súa aportación, que esperan axude a que "eses peludos" sexan un pouco máis felices. 

 

cartel  momento da entrega   momento da entrega

  Como din elas: " O TEU AUU!! POR UN GUAU!!

TALLER TÉCNICAS DE MAQUILLAXE

30/03/2022 08:45
30/03/2022 11:15

O alumnado de 1ºPEIEST e 2ºPEIEST asistirá a un taller de técnicas de maquillaxe impartido por Cristian Méndez Quintas. 

HORARIO: 8:45h-11:15h

AULA: 06

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut