Skip to Content

IMAXE PERSOAL

TRABALLOS DE UÑAS DAS ALUMNAS DE 1ºESBE

Na imaxe podedes ver unha mostra do traballo que realizaron as alumnas de 1ºESBE no taller de uñas.

Para poder ver máis, só tedes que premer na foto. 

acceso a máis fotografías

 

Taller sobre vacumterapia e drenaxe linfática

22/03/2021 10:00
22/03/2021 12:00

Natalia, representante da empresa Germaine de Capuccini impartirá un taller para explicar o funcionamento do aparello  que combina a vacumterapia e a drenaxe linfática para  aplicalo a tratamentos corporais. 

DÍA: 22 de marzo

HORARIO: 10:00H - 12:00H 

DESTINATARIOS: 1ºESINBE, 2ºESINBE, ESBE

LUGAR: taller de estética, aula 22 

Observacións: o profesorado que imparta clase neses grupos seguirá os horarios para manter o protocolo que esixe a Covid-19. 

Imaxe do taller realizado. 

collage

 

MAQUILLAXE DE FOTOGRAFÍA. 1º ESBE

Pese ás circunstancias adversas que afectan o desenvolvemento das actividades, as alumnas de 1ºESBE de maquillaxe esforzáronse por sacar adiante, nos talleres de Imaxe Persoal, unha actividade que normalmente se viña realizando en colaboración coa ESAD, demostrando que; con recursos máis reducidos, pero con moito empeño, tamén se conseguen interesantes e vistosos resultados. 

Aquí vos deixamos coa proba que amosa que a sesión fotográfica saiu perfecta e rechamante coma elas desexaban, xa que a enerxía, ilusión, vitalidade e optimismo que irradiaban foron sempre á par da responsabilidade esixida nestes momentos.   

Para ver todo o álbum fotográfico, só tedes que pinchar na foto. 

acceso ao álbum

 

XORNADA FORMACIÓN- MESOTERAPIA

05/02/2021 09:00
05/02/2021 14:00

Demostración dun aparato de Mesoterapia virtual e explicación de tratamentos e técnicas. 

RELATORA: Natalia, formadora de Germaine de Capuccini. 

DÍA 5 de febreiro

HORARIO:  90:00H- 14:00h

DESTINATARIOS: alumnado de 1ºESIMBE, ESBE, 2ºESIMBE

Esta actividade realizarase respectando a capacidade permitida, a ventilación, e todo o protocolo requerido pola Covid-19. 

Imaxes da demostración. 

imaxe imaxe

MAQUILLAXE E UÑAS ARTIFICIAIS LEMBRAN O SAMAÍN (1º e 2ºESBE)

OS CURSOS DE 1º E 2º ESBE LEMBRAN O SAMAÍN 

Compartimos os traballos de maquillaxe e uñas artificiais que realizou o alumnado de 1º e 2ºESBE con motivo da celebración do samaín e que, pese as circunstancias, amosan que o educativo segue a ser divertido e gratificador, como vemos no traballo que presentan só co traballado nun mes de clase.  

Agardamos que sirvan para lembrarvos esta celebración e desexar que o ano que vén poidamos gozalo con total normalidade. TRUCO OU TRATO!!!!????  

samaín   uñasmaquillaxe

[Ver álbum fotográfico completo]

Visita Balneario de Lugo ( SUSPENDIDA)

18/03/2020 10:00
18/03/2020 14:30

Charla informativa sobre as propiedades terapéuticas das augas mineromedicinais do balneario.

Relatora e guía: directora médica Dª Asunción Sánchez

Descrición da actividade: 

Parte teórica: propiedades terapéuticas das augas,  a cura balnearia e as técnicas hidrotermais. 

-Visita guiada polas instalacións.

-Prácticas

- Acceso a circuíto termal 

Destinatarios/as: 2ºCS Estética Integral e Benestar. 

Horario: 10.00h- 14.00h ( aproximadamente) 

Lugar: Balneario de Lugo 

Organiza: departamento de imaxe persoal  

Por causas de forza maior suspéndese esta actividade. Máis información no seguinte enlace. 

Técnicas de manicura

15/04/2020 09:30
15/04/2020 14:00

Taller sobre técnicas de manicura 

Imparte: Susana Vizcaíno 

Destinatarios/as: 1ºPECOCA e 2ºFPBÁSICA PEIEST

Horario: 09.30h - 14.00h 

Lugar:áulas específicas da materia 

Organiza: departamento de imaxe persoal 

Taller de maquillaxe ( SUSPENDIDO)

25/03/2020 09:30
25/03/2020 14:00

Taller de maquillaxe

SUSPENDIDA

Imparte o taller: Susana Vizcaíno

Destinatarios/as: 2º Fpbásica PEIEST 

Horario: 09.30h- 14.00h 

Lugar: áulas específicas da materia

Organiza: departamento de imaxe persoal 

Por causas de forza maior suspéndese esta actividade. Máis información no seguinte enlace. 

CURSO DE COLORACIÓN CAPILAR

02/03/2020 09:30
02/03/2020 18:30

Curso de coloración capilar. 

IMPARTIDO: Casa de cosmética comercial Ave. 

Temas: 

- Teoría e práctica da coloración

- Tipos de decolaracións

- Diagnósticos en colorimetría

- Imaxe e tendencia 

(Pola mañá desenvolverase a parte teórica e pola tarde realizarán prácticas) 

DESTINATARIOS/AS: 2ºPECOCA

LUGAR: Hotel Santiago ( Lugo) 

HORARIO: 10.00H/ 18.00H 

(Saída do centro ás 09.30h. Regreso ás 18.30h) 

ORGANIZA: depto de Imaxe Persoal 

Distribuir contido


by Dr. Radut