Skip to Content

FÍSICA E QUÍMICA

Membros do departamento de FÍSICA E QUÍMICA

Física e Química

Profesor/profesoraCargo
Linares Fenández, Ana María Xefe de departamento
Dorribo Martínez, Oscar 

SUSPENDIDA VISITA ÁS INSTALACIÓNS E LABORATORIOS DA FACULTADE DE CIENCIAS DE LUGO

13/01/2022 09:20
13/01/2022 13:30

SUSPENDIDA ACTIVIDADE

Dentro do programa "Ciencia para xoves investigadores" o alumnado de 4ºESO (que cursa Física e Química), acompañados polo alumnado de 1ºBAC de bioloxía, visitará as instalacións e laboratorios da Facultade de Ciencias de Lugo. 

ACTIVIDADES: 

Recepción polo equipo decanal. 

Visita ás instalacións da Facultade de Ciencias.

Visita aos laboratorios: o alumnado participará no desenvolvemento de diferentes tipos de experiencias relacionadas co coñecemento da rama de ciencias e enxeñaría. 

HORARIO: 

Saída do centro: 9:20h

Regreso ao centro: 13:30h

 

 

VIDEOCONFERENCIA, QUÍMICA E VIDA

Aproveitando a oferta que brinda IGACIENCIA, o alumnado de 4ºESO e 1ºBAC asistiron o martes, día 23 de novembro, ás 12h á videoconferencia, Química e vida de María do Pilar Bermejo, decana da Facultade de Química da USC. 

momento da videoconferencia  momento videoconferencia

      

ELABORANDO QUEIXO NO INSTITUTO

Achegamos o vídeo, que realizou o alumando de Ciencias aplicadas á actividade profesional (4ºESO), baixo a dirección do seu docente, para amosarvos o fácil que é elaborar este alimento.

 

 Podemos asegurarvos que a actividade foi todo un éxito e que o queixo tiña un sabor exquisito. 

 

FABRICANDO XABÓN NO IES MURALLA ROMANA

Compartimos o vídeo que realizou o alumnado de Ciencias aplicadas á actividade profesional (4ºESO), baixo a dirección do seu docente. 

 

 Dámoslles as grazas aos participantes nesta actividade por agasallarnos cunha mostra do seu xabón. 

FACENDO PAPEL NO IES MURALLA ROMANA

Deixámosvos co vídeo realizado polo alumnado de Ciencias aplicadas á actividade profesional (4ºESO), baixo a dirección e consellos do seu docente. 

Animádemos a facer o voso propio papel, xa vedes que é moi fácil!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut