Skip to Content

DESTAQUES

HORARIOS

Reloxo - imaxe de PixabayHorario da oficina
Mañás: Luns a venres, de 9:00h a 14:00 h
Tardes: Martes, de 17:00h a 19:00 h
Horario do centro
Mañás: Luns a venres, de 8:45 h a 15:00 h
Tardes: Luns, xoves e venres, de 16:50 h a 22:45h; martes e mércores, de 16:00 h a 22:45 h

GALICIA TIC 2024

0 7 de novembro tivo lugar, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, o evento Galicia TIC 2024. Neste evento estiveron presentes empresas do sector TIC con stands para coñecer o alumnado interesado en realizar as prácticas ou mesmo traballar unha vez finalizado o ciclo. O alumnado tamén coñeceu  as oportunidades laborais do sector TIC e escoitaron as experiencias dos profesionais do sector cos que se puideron sentir identificados como futuros profesionais TIC.

*Máis información en:https://www.galiciatic.com/

IV ENCONTRO GALEGO DE CIBERSEGURIDADE

O día 6 de novembro o alumnado de 2° SIMIRE - 2°ADSIINRE e SIMIRE de adultos asistiron á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela ó IV Encontro Galego de Ciberseguridade (CIBER.GAL), baixo o relatorio de Chema Alonso-Chief Digital Officer de Telefónica (membro do Comité Executivo de Telefónica e experto en ciberseguridade), ás seguintes actividades:

ADVENS-Protexendo as Olimpíadas de París.
PROOFPOINT-Protexe  os teus usuarios. Defende os teus datos.
NTT DATA-IA aplicada á  ciberseguridade
CHECK POINT-Protección móbil 360: Seguridade total na palma da túa man.

VISITA Ó CIMUS E INSTITUTO DE MEDICINA XENÓMICA (COMPOSTELA)

O día 5 de novembro o alumnado de 1º BACH visitou os centros de investigación CIMUS e Instituto de Medicina xenómica, guiados polo Dr. Anxo Carracedo. Na visita percorremos os diferentes laboratorios onde se levan a cabo todos os procesos que van dende a extracción do ADN, a súa amplificación, a detección de mutacións e a súa análise, ata a creación de organoides (órganos en miniatura). Todo dende a óptica do estudo de enfemidades e a procura de estratexias e fármacos para o seu tratamento. Enfermidades coma o cancro pero tamén outras coma a esquizofrenia, o TDAH ou o TEA son algunhas nas que conseguiron relevantes avances nos últimos anos.

O SAMAÍN DO MURALLA

O día 30 de outubro chegou o Samaín ó Muralla Romana: Xogos, degustación de pratos terroríficos, magosto, entrega de premios @s artistas culinarios e tamén @s gañadores do concurso de fotografía para a elaboración do calendario 24-25, baixo o  lema "vida saudable". Parabéns a tod@s!!

*Enlace premios calendario

*Vídeo samaín

VISITA Ó VIVEIRO DE EMPRESAS CEI NODUS

Os días 21 e 23 de Outubro o alumnado de 2º de Ciclos Formativos das Familias
Profesionais de Imaxe Persoal e Informática e Comunicacións, que cursan o módulo
profesional de Empresa e Iniciativa Emprendedora ( EIE ), realizaron unha visita ó
Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus), unha aposta do Concello de Lugo para a promoción económica e social da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
* Máis información

VISITA Á ZONA FRANCA E MUSEO DA ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO

O día 17 de outubro, alumnos dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas, de Asistencia á Dirección e do Ciclo Medio de Xestión administrativa, realizaron unha visita á zona franca de Vigo e ao Museo de Arte contemporánea.

Na zona franca, Isaac Manuel González Diz, Coordinador de Aduanas, explicou a historia da zona franca, a súa orixe e as actividades que actualmente se desenvolven nos distintos polígonos. Logo realizouse un percorrido da zona, vendo Ro-Ro da empresa Stellantis, tamén unha visita á empresa Elicentrepot S.A, ocupada do aprovisionamento de buques e, seguidamente, visitamos o Consorcio da zona franca de Vigo, onde se nos comentou o apoio ao emprendemento desenvolvido polo Consorcio a través de Viagalicia e a función de investimento da sociedade de capital risco do Consorcio.

Na xornada de tarde visitamos o Museo de Arte Contemporánea (antigo cárcere de Vigo) podendo desfrutar das exposicións dos pintores Bosco Caride, Benjamín Palencia e Manuel Calmeiro.

Renovación CONSELLO ESCOLAR

O NOSO MAGOSTO

Distribuir contido


by Dr. Radut