O día 17 de outubro, alumnos dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas, de Asistencia á Dirección e do Ciclo Medio de Xestión administrativa, realizaron unha visita á zona franca de Vigo e ao Museo de Arte contemporánea.
Na zona franca, Isaac Manuel González Diz, Coordinador de Aduanas, explicou a historia da zona franca, a súa orixe e as actividades que actualmente se desenvolven nos distintos polígonos. Logo realizouse un percorrido da zona, vendo Ro-Ro da empresa Stellantis, tamén unha visita á empresa Elicentrepot S.A, ocupada do aprovisionamento de buques e, seguidamente, visitamos o Consorcio da zona franca de Vigo, onde se nos comentou o apoio ao emprendemento desenvolvido polo Consorcio a través de Viagalicia e a función de investimento da sociedade de capital risco do Consorcio.
Na xornada de tarde visitamos o Museo de Arte Contemporánea (antigo cárcere de Vigo) podendo desfrutar das exposicións dos pintores Bosco Caride, Benjamín Palencia e Manuel Calmeiro.