Skip to Content

DESTAQUES

HORARIOS

Reloxo - imaxe de PixabayHorario da oficina
Mañás: Luns a venres, de 9:00h a 14:00 h
Tardes: Martes, de 17:00h a 19:00 h
Horario do centro
Mañás: Luns a venres, de 8:45 h a 15:00 h
Tardes: Luns, xoves e venres, de 16:50 h a 22:45h; martes e mércores, de 16:00 h a 22:45 h

4º PDC CON AXUDA BURUNDI

O pasado venres 4 de outubro o alumnado de 4º PDC tivo unha visita moi especial. Membros da ONG Axuda Burundi: os fundadores Ana e Antonio e a colaboradora Estíbaliz estiveron explicando como se chegou a crear esta pequena ONG que se centra en axudar a un orfanato en Nyabiraba (Burundi) e como se afanan en conseguir a máxima colaboración. O alumnado de 4º PDC está inmerso nun proxecto de colaboración con esta ONG, van participar activamente na recollida de plásticos e tapóns e ademais están preparando unha exposición oral para animar a todos a colaborar.
En breve teredes o colector azul na entrada do centro. Todos podemos realizar este sinxelo xesto que se traduce nunha importante axuda!

HORA DE LER

O equipo de biblioteca e os biblioaxudantes pasamos toda a semana preparando a HORA DE LER: tanto o horario da primeira avaliación, como as recomendacións lectoras e, por suposto, achegámonos ás aulas do alumnado novo para explicarlles como se desenvolverá. Aquí vos deixamos algunhas imaxes do noso bo quefacer. Que gocedes da lectura! 

C.E VIDEOXOGOS E REALIDADE VIRTUAL

CURSO ESPECIALIZACIÓN VIDEOXOGOS E REALIDADE VIRTUAL

A presentación e o inicio da actividade lectiva terá lugar o luns, 14 de outubro, ás 17:40 horas.

Na primeira sesión o alumnado terá a presentación co Titor, Isaac González e despois dará lugar o inicio da actividade lectiva segundo o horario do grupo.

A aula de referencia do grupo é a 210 que se atopa  no segundo andar.

CONCURSO CALENDARIO 2025

 

*Bases

GRADUACIÓN 4º ESO 23/24

LATRICADAS 29. CURSO 2023/2024

INDO Ó CINE EN GALEGO: "AS NEVES"

O alumnado de 1º BAC, FP Básica e 3º PDC asistiu a unha sesión de cine en galego o luns 17 de xuño. Vimos a película "As neves" baixo a dirección de Sonia Méndez. Neste filme predominan paisaxes de montaña da zona da Fonsagrada.  O argumento xira arredor dunha investigación policial tras o acontecido nunha festa da mocidade, durante o entroido. "As Neves" foi recoñecida coa Biznaga de Ouro no Festival de Málaga.

PERCORRENDO O CAMIÑO FRANCÉS

O 18 de xuño, o alumnado de francés do IES Muralla Romana e o alumnado francés da escola Notre Dame d'Elbeuf de Normandía (Francia), quedou para facer un tramo do camiño francés, partindo de Sarria.

Malia as condicións meteorolóxicas, os rapaces percorreron a parte máis bonita do camiño con bo ritmo e moi bo ánimo. Finalmente, chegaron a Portomarín onde  visitaron a vila e recuperaron forzas.  Os rapaces franceses quedaron abraiados pola paisaxe e historia da vila, xa que lembra o que pasou na Bretaña francesa (na cidade de Guerlédan). Retomaremos o camiño para o vindeiro curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut