O día 7 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de ESO, asistiu á representación teatral Belcebú, que é moito máis ca unha simple obra teatral… Resulta moi interesante que aborde o problema do acoso escolar desde a perspectiva tanto do acosado coma do acosador, porque -como nos acaban de amosar- ambos poden ser vítimas, e sen ter culpa ningunha. Pero, ademais pode ser moi útil, en tanto que ofrece consellos e estratexias para facer fronte ao acoso e axudar os implicados.
Se tedes ocasión de asistir a esta función non a desaproveitedes , e entenderedes moito mellor o emocionados que acabamos de saír da representación.