O vindeiro xoves 18 de xaneiro, dende as 12:15 ata as 14:10, o catedrático de Medicina Legal e experto internacional no campo da xenética, Ángel Carracedo, acudirá á biblioteca do IES Muralla Romana, para achegarnos a xenética forense e a xenómica comparada.
Queremos felicitar ao noso alumnado dos ciclos formativos de grao superior de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma pola súa participación e gran actuación no VIII Concurso navideño de programación organizado pola Universidade Complutense de Madrid.
Dos 318 equipos participantes de toda España, o equipo formado por Marcos Montaña, Adrián Valdés e Aarón Yáñez quedou en primeiro lugar despois de facer un fantástico traballo tanto no desenvolvemento do concurso como nos meses previos durante a súa preparación.
O concurso é unha preparación para as fases rexionais do concurso Programa-me onde o alumnado de ciclos formativos debe resolver problemas de programación deseñando algoritmos e implementándoos empregando una linguaxe de programación.
Estes días vimos de pasar unhas marabillosas xornadas previas ao Nadal no que o noso alumnado participou activamente, preparando as súas aulas con orixinais árbores de desexos e ilusións, decorando o seu exterior, felicitándo o Nadal,... e, chegado o día das ansiadas vacacións, almorzando cun saboroso chocolate e roscón, para posteriormente desfrutar das actuacións de baile das súas compañeiras e compañeiros.
A todas e todos parabéns pola vosa esmerada dedicación!!
O equipo 'final short celtas', formado por tres alumnos do noso instituto, foi o gañador do campionato de programación "Concurso previo ao Nadal de adestramento ProgramaMe". Nunha competición a nivel nacional alzáronse co primeiro posto, dun total de 318 equipos participantes. Eles son Marcos Montaña, Aarón Yáñez e Adrián Valdés; todos alumnos de 2º do ciclo de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma e estiveron acompañados polo seu profesor, Alberto Barreira. Parabéns a todos eles e como di o titular da prensa sodes "unhas promesas da programación".
Dende a asociación FADAS e a través de “Bico de Grao Sociedade Cooperativa Galega” o pasado día 18 e 20 de decembro, foi impartido un taller, para 3º e 4º ESO, no que se introduciu o concepto de consumo responsable en todos os seus eidos (alimentación, hixiene e cosmética, roupa, xoguetes, ocio, tecnoloxía, turismo, enerxía...), facendo fincapé naqueles que máis achegados están á realidade da nosa mocidade.