Skip to Content

EQUIPOS XI CONCURSO "LUCUS INTERCENTROS"

ProgramaMe, parabéns ao noso alumnado

Queremos felicitar ao noso alumnado dos ciclos formativos de grao superior de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma pola súa participación e gran actuación no VIII Concurso navideño de programación organizado pola Universidade Complutense de Madrid.

Dos 318 equipos participantes de toda España, o equipo formado por Marcos Montaña, Adrián Valdés e Aarón Yáñez quedou en primeiro lugar despois de facer un fantástico traballo tanto no desenvolvemento do concurso como nos meses previos durante a súa preparación.

O concurso é unha preparación para as fases rexionais do concurso Programa-me onde o alumnado de ciclos formativos debe resolver problemas de programación deseñando algoritmos e implementándoos empregando una linguaxe de programación.

Álbum con fotografías

 

DESFRUTANDO DO NADAL

Estes días vimos de pasar unhas marabillosas xornadas previas ao Nadal no que o noso alumnado participou activamente, preparando as súas aulas con orixinais árbores de desexos e ilusións, decorando o seu exterior, felicitándo o Nadal,... e, chegado o día das ansiadas vacacións, almorzando cun saboroso chocolate e roscón, para posteriormente desfrutar das actuacións de baile das súas compañeiras e compañeiros.

A todas e todos parabéns pola vosa esmerada dedicación!!

 

Preme para ver as felicitacións

Campións do "Concurso previo ao Nadal de adestramento ProgramaMe"


O equipo 'final short celtas', formado por tres alumnos do noso instituto, foi o gañador do campionato de programación "Concurso previo ao Nadal de adestramento ProgramaMe". Nunha competición a nivel nacional alzáronse co primeiro posto, dun total de 318 equipos participantes. Eles son Marcos Montaña, Aarón Yáñez e Adrián Valdés; todos alumnos de 2º do ciclo de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma e estiveron acompañados polo seu profesor, Alberto Barreira. Parabéns a todos eles e como di o titular da prensa sodes "unhas promesas da programación".

Noticia en El Progreso

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Moitos parabéns!

ALENTANDO O CONSUMO RESPONSABLE

Dende a asociación FADAS e a través de “Bico de Grao Sociedade Cooperativa Galega” o pasado día 18 e 20 de decembro, foi impartido un taller, para 3º e 4º ESO, no que se introduciu o concepto de consumo responsable en todos os seus eidos (alimentación, hixiene e cosmética, roupa, xoguetes, ocio, tecnoloxía, turismo, enerxía...), facendo fincapé naqueles que máis achegados están á realidade da nosa mocidade.

VISITA Á CASA-MUSEO MANUEL MARÍA E CASA DAS INSUAS

O luns 11 de decembro os tres grupos de 1º ESO desfrutamos dunha saída á Casa-Museo de Manuel María e á Casa das Insuas.

En primeiro lugar visitamos a casa natal do escritor Manuel María en Outeiro de Rei. Xuntámonos no palleiro para realizar un xogo sobre poesía cunha baralla de cartas. A continuación, vimos un vídeo co autor recitando os seus poemas.Na visita guiada descubrimos o cuarto no que naceu, a súa biblioteca inmensa, unha máquina de escribir moi antiga, a súa colección de navallas, o seu gusto pola arte, fotografías e sobre todo as súas palabras. Finalmente, puidemos desfrutar da horta da casa.

A segunda visita foi á Casa das Insuas, situada á beira do río Miño en Rábade. Achegámonos ata a ponte antiga para ver a paisaxe, chea de árbores autóctonas. Recibimos información sobre o labor da Asociación Galega de Custodia do Territorio e fomos analizando os paneis do museo, cuxo chan é unha fotografía aérea da zona.

 

TROCO SOLIDARIO

O NOSO NADAL

*Ampliade as imaxes

XI CONCURSO "LUCUS INTERCENTROS"

*Consultade as bases premendo no cartel

Distribuir contido


by Dr. Radut