O martes 7 de maio tivo lugar no noso salón de actos a presentación da iniciativa Enredando co Galego. Nesta edición, contamos coa visita de Samuel Merino e SIlvia Abril, poetas cos que desfrutamos dun recital.
Estudantes de 2º, 3º, 4º ESO e 1º e Bacharelato crearán textos ou contido dixital en galego, durante 21 días, que se enviarán á Escola de Escritoras e Escritores da AELG. Ademais, tamén se poden compartir nas redes sociais co cancelo #enredandocogalego. e aparecerán na páxina web da AELG. En xuño asistiremos, co noso alumnado participante, a unha gala final no Gustavo Freire con entrega de premios para os mellores textos e un concerto moi especial.