Skip to Content

FP INNOVA GALICIA 2024

O alumnado de 1º SIMIRE (Informática) e 1º PECOCA(Imaxe persoal) asistiron o 26 de abril á zona expositiva  da FP Innova Galicia 2024 (Cidade da cultura en Santiago de Compostela). Un espazo expositivo no que conflúen a innovación e o emprendemento, a formación e a empresa. O alumnado puido experimentar, en primeira persoa, coas novas tecnoloxías, participando nos obradoiros sobre biotecnoloxía, ciberseguridade, creación de contidos mediante IA, drone soccer, creación de videoxogos, realidade virtual e aumentada, impresión 3D, entre outros.

I XOGOS POPULARES MURALLA-FOLE

O 29 de abril as alumnas e alumnos de 2º da ESO do IES Ánxel Fole e do noso IES Muralla Romana desfrutaron dunha xornada de xogos populares que se desenvolveu  con gran animación e deportividade. Os dezaseis equipos enfrontáronse en Chave, Bolos, Brilé e Corda, resultando gañadores Muralla1 (Pablo, Sebas, Piero, Abigail, Malak, Eric e Antonio) e Fole 8, que gañaron todos os seus partidos.

VISITA Á CENTRAL HIDROELÉCTRICA DE BELESAR

O alumnado de 4º de ESO e de 1º de FP Básica-INFOFI tivo a oportunidade de participar nas visitas que ofrece o programa EduTecEmprende para o curso 23/24 da Xunta de Galicia, impulsado polos departamentos de Tecnoloxía e Economía. A visita realizada foi á central hidroeléctrica de Belesar, no corazón da Ribeira Sacra (Chantada). Os alumnos e alumnas tiveron a gran ocasión de coñecer as instalacións ó completo. A planta e o encoro son as máis grandes de Galicia. A obra de Belesar data dos anos 60 e consta de dous edificios, o primeiro deles considerado de interese cultural, representando a arquitectura de estilo contemporáneo, obra do arquitecto galego Castañón; e a segunda, xa no interior da presa, coñecida como a mini central, realizada a posteriori, para un maior aproveitamento enerxético. Sen dubida ningunha, unha gran oportunidade académica para o noso alumnado.

VISITA A PULL & BEAR

O  alumnado de 1º e 2º de BACH da rama de economía visitou as instalación da empresa PULL & BEAR, unha das marcas estrelas da compañía galega INDITEX. A visita tivo moi boa acollida entre o noso alumnado e puideron ver de primeira man todos os departamentos que nela podemos atopar, dende loxística a deseño, recursos humanos, produción, patronaxe...

OLIMPÍADA MATEMÁTICA

O Círculo das Artes de Lugo acolleu a celebración da edición número XXV da Olimpíada Matemática Galega. Trátase dun evento enmarcado dentro dun proxecto internacional, orientado a fomentar o ensino das matemáticas.

Esta fase celebrouse simultaneamente nas sete cidades galegas, nela  participaron alumnos que cursan 2º da ESO do noso IES( Moraima Bagaría Vázquez, Malena e María Granero Vázquez, Martiño Casanova  Lamas, Estev e Eric Bedoya Neira), someténdose a unha proba individual que consistiu na resolución de cinco problemas.

COÑECENDO O LUGO ROMANO

O alumnado de 1º de FP Básica de Informática e de Peiteado desfrutou da visita do Museo Provincial e o Porta Miñá.

No Museo Provincial descubriron o mosaico, xoias da época romana e castrexa e o claustro do Mosteiro de San Francisco, onde se encontran monumentos funerarios  destinados a perruqueiros antigos. No Porta Miñá, tiveron a oportunidade de visitar unha cloaca romana e descubrir a historia de Lucus Augusti. Visionamos un documental sobre a estrutura da cidade e aprendemos  como eran os enterramentos, a artesanía e as formas de vida durante o Imperio.

FÚTBOL GAÉLICO

O xoves 25 de abril, os alumnos de 1º ESO, recibiron un curso de iniciación ó fútbol gaélico que rematou cun torneo no tempo de lecer. Na imaxe os equipos finalistas co monitor Pedro Val, do equipo Torques de Lugoslavia.

V Xornadas de Adiccións Sen Substancias

Cartel das XornadasINFORMACIÓN DIVULGATIVA

O equipo do programa +xTi informou ao centro da V edición do ciclo de xornadas ‘Adiccións sen substancia’. Son unhas charlas dirixidas á mocidade, familias, educadores/as e poboación en xeral. Tratarán temas actuais, entre eles os problemas derivados das adiccións ás novas tecnoloxías.

Máis información 

NAVEGA CON RUMBO

Charla Navega con Rumbo

O mércores día 24 de abril, o alumnado de 1º da ESO asistiu á charla NAVEGA CON RUMBO. Impartida por Alberto Luengo, do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia). O obxectivo desta interesante  charla foi orientar ao alumnado cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos derivados do uso da tecnoloxía. 

Máis información: https://navegaconrumbo.cpeig.gal/

SEMANA DO LIBRO-LECER CICA

Distribuir contido


by Dr. Radut