Esta xornada de orientación profesional organizada polo Departametno de FOL e as Familias profesionais do IES Muralla Romana, ten como obxectivos:
■ Poñer en valor o traballo realizado durante o curso polo alumnado dos ciclos formativos das tres familias profesionais do IES Muralla Romana, compartindo o seu coñecemento e saber facer co alumnado doutros niveis formativos ( ESO e Bacharelato).
■ Fomentar a interacción dos distintos niveis formativos do centro, favorecendo que o alumnado de secundaria coñeza a formación postobrigatoria do IES Muralla Romana.
- Que instalacións hai, como son esas instalacións e onde se atopan.
- Que se estuda en cada unha das familias profesionais.
- Como se traballa.
■ Fomentar o traballo interdisciplinar.