Skip to Content

VISITA Ó CIMUS E INSTITUTO DE MEDICINA XENÓMICA (COMPOSTELA)

O día 5 de novembro o alumnado de 1º BACH visitou os centros de investigación CIMUS e Instituto de Medicina xenómica, guiados polo Dr. Anxo Carracedo. Na visita percorremos os diferentes laboratorios onde se levan a cabo todos os procesos que van dende a extracción do ADN, a súa amplificación, a detección de mutacións e a súa análise, ata a creación de organoides (órganos en miniatura). Todo dende a óptica do estudo de enfemidades e a procura de estratexias e fármacos para o seu tratamento. Enfermidades coma o cancro pero tamén outras coma a esquizofrenia, o TDAH ou o TEA son algunhas nas que conseguiron relevantes avances nos últimos anos.

O SAMAÍN DO MURALLA

O día 30 de outubro chegou o Samaín ó Muralla Romana: Xogos, degustación de pratos terroríficos, magosto, entrega de premios @s artistas culinarios e tamén @s gañadores do concurso de fotografía para a elaboración do calendario 24-25, baixo o  lema "vida saudable". Parabéns a tod@s!!

*Enlace premios calendario

*Vídeo samaín

VISITA Ó VIVEIRO DE EMPRESAS CEI NODUS

Os días 21 e 23 de Outubro o alumnado de 2º de Ciclos Formativos das Familias
Profesionais de Imaxe Persoal e Informática e Comunicacións, que cursan o módulo
profesional de Empresa e Iniciativa Emprendedora ( EIE ), realizaron unha visita ó
Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus), unha aposta do Concello de Lugo para a promoción económica e social da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.
* Máis información

VISITA Á ZONA FRANCA E MUSEO DA ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO

O día 17 de outubro, alumnos dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas, de Asistencia á Dirección e do Ciclo Medio de Xestión administrativa, realizaron unha visita á zona franca de Vigo e ao Museo de Arte contemporánea.

Na zona franca, Isaac Manuel González Diz, Coordinador de Aduanas, explicou a historia da zona franca, a súa orixe e as actividades que actualmente se desenvolven nos distintos polígonos. Logo realizouse un percorrido da zona, vendo Ro-Ro da empresa Stellantis, tamén unha visita á empresa Elicentrepot S.A, ocupada do aprovisionamento de buques e, seguidamente, visitamos o Consorcio da zona franca de Vigo, onde se nos comentou o apoio ao emprendemento desenvolvido polo Consorcio a través de Viagalicia e a función de investimento da sociedade de capital risco do Consorcio.

Na xornada de tarde visitamos o Museo de Arte Contemporánea (antigo cárcere de Vigo) podendo desfrutar das exposicións dos pintores Bosco Caride, Benjamín Palencia e Manuel Calmeiro.

Renovación CONSELLO ESCOLAR

O NOSO MAGOSTO

4º PDC CON AXUDA BURUNDI

O pasado venres 4 de outubro o alumnado de 4º PDC tivo unha visita moi especial. Membros da ONG Axuda Burundi: os fundadores Ana e Antonio e a colaboradora Estíbaliz estiveron explicando como se chegou a crear esta pequena ONG que se centra en axudar a un orfanato en Nyabiraba (Burundi) e como se afanan en conseguir a máxima colaboración. O alumnado de 4º PDC está inmerso nun proxecto de colaboración con esta ONG, van participar activamente na recollida de plásticos e tapóns e ademais están preparando unha exposición oral para animar a todos a colaborar.
En breve teredes o colector azul na entrada do centro. Todos podemos realizar este sinxelo xesto que se traduce nunha importante axuda!

HORA DE LER

O equipo de biblioteca e os biblioaxudantes pasamos toda a semana preparando a HORA DE LER: tanto o horario da primeira avaliación, como as recomendacións lectoras e, por suposto, achegámonos ás aulas do alumnado novo para explicarlles como se desenvolverá. Aquí vos deixamos algunhas imaxes do noso bo quefacer. Que gocedes da lectura! 

CONCURSO CALENDARIO 2025

 

*Bases

GRADUACIÓN 4º ESO 23/24

Distribuir contido


by Dr. Radut