O mércores 12 de xuño desfrutamos da gala final da iniciativa "Enredando co galego”. En primeiro lugar, Grande Amore animou o público asistente. A segunda parte da gala consistiu nun sorteo de 2 lotes de libros e unha tableta por instituto. No noso caso, foron afortunados/as Yago de 2ºA, Narges de 3ºB e Sofía de 2ºB.
Por último,o xurado destacou a variedade de traballos presentados: relato breve, podcast, conto, poemas, vídeos, composicións plásticas...que se publicaron nas redes sociais co cancelo #enredandocogalego ou na páxina web da AELG. O terceiro premio foi para Celia Rodríguez de 1º BAC, o segundo para Sara Pico de 1º BAC e o gañador foi Eric de 2º ESO B polo relato "Ola, son Pedro". Ademais, o xurado destacou os textos de Martín Vila "Cantiga de amigo", os poemas de Yasmin e o podcast recomendando unha lectura de Violeta, tres estudantes de 4ºESO.
Parabéns polo voso compromiso e pola vosa creatividade!