Skip to Content

Visita cultural LUGO Romano

04/06/2014 08:50
04/06/2014 14:20
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Visita cultural LUGO ROMANO
 

Día:         04 de xuño
Hora:       08:50-14:20
Lugar:      Lugo centro
Para:        ACC e 4ºPDC

Visita a diferentes lugares da cidade de Lugo de interese arqueolóxico.

O Lugo romano é algo máis que a muralla. Debaixo da cidade actual escóndese a antiga Lucus Augusti. A gran cantidade de restos arqueolóxicos atopados confírmana como unha auténtica cidade romana, xa que presenta os seus elementos definidores (foro, calzadas, termas, templos, necrópoles, acueduto...). Os/as alumnos/as coñecerán parte destes restos que están musealizados e farán un percorrido polo Lugo Romano.

 Sala de exposicións Porta Miñá

Sala de Exposicións Porta Miñá é un museo situado en Lugo,  que acolle unha mostra de restos arqueolóxicos romanos atopados na cidade. A sala Porta Miñá atópase fronte á porta da Muralla da que recibe o seu nome. A sala acolle unha exposición con restos de catro épocas do Lugo romano: a conquista, o esplendor, a fortificación e o ocaso.

Casa dos mosaicos

A Casa dos Mosaicos está situada na rúa Doutor Castro, coñecida popularmente como rúa das Docerías, pegada á Praza Maior. A casa na que se atoparon os mosaicos, e onde están expostos, foi unha casa grande que, segundo os restos achados, foi construída entre os séculos I e II. Dentro da casa pódense atopar antigos mosaicos e pinturas murais decorativas, bases de columnas e os restos do hypocaustum o cal aseguraba a calefacción da casa. Dentro realízase ademais unha montaxe audiovisual que reproduce o que foi a vida nesa casa.

Tamén visitarán o Centro Arqueolóxico de San Roque, o Centro de Interpretación da Muralla, a Domus de Mitreo e se dera tempo o Museo de Lugo.


Fonte da información: A Galipedia



event | by Dr. Radut