16/02/2016 10:00
16/02/2016 20:00
Alumnado de Ciclo Superior de Asistencia á Dirección, de 1º CS Administración e Finanzas e de 2º Ciclo Medio de Xestión Administrativa visitarán o Parlamento de Galicia.
Tamén asistirán á Cidade da Cultura de Galicia, que se atopa no monte Gaiás, a escasos metros do Casco Histórico de Santiago de Compostela, cidade Patrimonio da Humanidade dende 1985. Un proxecto do século XXI para contribuír ao progreso de Galicia, así como facer máis visible a súa Cultura a nivel internacional. Terán a oportunidade de visitar a "Biblioteca de Galicia" e o "Arquivo de Galicia".