O día 15 de novembro o alumnado de bioloxía de 4º ESO,1º e 2º BACH tiveron a oportunidade de escoitar, dentro do programa “A Ponte“ da USC a charla “Realidade ou CSI: que nos conta o ADN de ti?”, impartida por investigadores da Unidade de Xenética forense do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro da USC (Mª del Carmen de la Puente, Javier González e Lucía Casanova). Esta charla estivo centrada en contar ó alumnado o funcionamento do laboratorio de xenética forense e a aplicación das novas tecnoloxías de análise de ADN, como factores determinantes para a resolución de casos complexos (parentescos afastados ou casos que requiran do fenotipado forense e inferencia da ancestralidade bioxeográfica).